Planta de compostaxe

Despois de varias informacións confusas respeto a planta de compostaxe e a sua posible socialistas de barroubicación no Concello de Barro, queremos dar a nosa opinión como agrupación política e asimesmo como Grupo municipal do PSdG de Barro.  Diante do acordo que subscribe PP-BNG  para levar a cabo esta planta de compostaxe, queremos deixar claro dous puntos:

 Primeiro:  O proxecto que tentan formalizar os grupos do  PP e BNG na Deputación Provincial,   non ten ningún plan de viabilidade e só se ampara  nun xenérico estudio da Deputación que xa astutamente nos mete a tod@s nun plan provincial de recollida de residuos que asinan mais de 20 concellos e que vai facer que o lixo deses concellos vaia a parar a un vertedoiro con diferencias cos que xa conocíamos, pero con idénticas molestias insalubres.  

 Segundo: Os Socialistas de Barro, entendemos que unha das posibles ubicacións que levan saído nos medios, como é o Polígono de Barro, non é o lugar mais axeitado para a sua instalación , debido a que sería un gran obstáculo para a dinamización e chegada de novas empresas ao parque empresarial.

 Por  último, según nós consta, ningunha das comunidades de montes do Concello de Barro presentou ningunha oferta de dispoñibilidade  para a sua instalación , aínda sabendo  que lles podía traer certos beneficios económicos e sociais.  Por todo esto consideramos que ademais de non ver viable este proxecto, NON debe ubicarse no noso Concello.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s