Nunha inxeniosa operación inmobiliaria levada en secreto, o Concello de
Barro faise co terreo da que ia ser a Cidade deportiva do Pontevedra C.F.

No pleno celebrado hoxe as 21.00 h. o alcalde segueu a esconder a finalidade da compra de dito terreno, que sí é verdade que foi comprado a un prezo moi baixo, menos de tres euros o metro cadrado, pero que a cegas ningunha persoa pode adivinar para que é,si non cho queren decir no órgano mais importante do concello, que é o pleno da corporación, onde cho van decir. Esta actitud, ademais da situación económica na que se atopa o concello, fai que tiveramos que votar en contra dunha compra que polo prezo e oportunidade é boa, tendo en conta ademais que este concello todavia ten pendentes de pago expropiacions dende o ano 2007 e agora alegremente se gastan así os cartos sen ser claro nin sincero e negándose a explicar cal vai ser o uso da parcela.
No Psoe de Barro sempre usamos o sentido común a hora de votar todas as iniciativas que consideramos boas para o desenvolvemento do Municipio, saian do goberno ou do outro grupo da oposición, pero neste caso, despois de propoñerlle ó Alcalde o noso voto a favor se explicaba ó pleno o destino dos terreos e seguindo na sua negativa a explicarnolo, finalmente mantivemos o voto en contra.