O alcalde, despois das incómodas preguntas presentadas por rexistro polo noso partido, levanta a sesión e non deixa continuar.

Os Socialistas de Barro queremos poñer de manifesto o secuestro a democracia que hai por gran parte da socialistas de barrocorporación do noso concello. O pleno celebrado onte,  como  moitos outros ,  rematou unha vez máis cun – veña vamos por parte do alcalde para poñer fín á sesión. . Os rogos e preguntas do noso partido quedan habitualmente sen contestar e para solucionar  estas falta de consideración cos nosos votantes e cos veciños de Barro, presentamos nesta ocasión por rexistro os rogos e preguntas, para que así tiveran respostas. Pensábamos  que este sería o sistema definitivo para  a nosas cuestións, pero, sen embargo, tampouco foi así. Outra  vez este Alcalde  demostra que as suas formas seguirán sendo sempre as mesmas: fago o que me peta e me da a gana. E aínda que predique os catro ventos que o del é vocación, a nos parécenos mais ben un falabarato que presume de que non cobra  do concello, pero  él sabe ben porque non  o fai.  Son  trescentos euros os que cobra por cada  comisión e pleno, e  se botamos contas sae  ben parado, xa que un dia coma onte con tres comisóns e un pleno, se leva para sua casa en  hora e media, uns mil douscentos euros , que a ver  quén os gaña nese tempo.

Os asuntos que figuraban nos nosos rogos e preguntas , tiñan bastante importancia e pensamos que o interés por darnos respostas era mais ben ningún. Só fomos capaces de que nos atendera na primeira cuestión que se refería  a como ían os preparativos da festa do Viño,  o uso da oficina do Sr. Alcalde por parte do seu fillo e amigos , e tamén a proposta  para anos vindeiros de facer unha comisión de festas para o apartado da contratación musical. Ante a segunda pregunta e unha vez nombrado a palabra fillo, a Sra Teresa Roig, concelleira do PP , Muller do Alcalde e nai do fillo, salta coma unha verdadeira fiera con palabras ofensivas dirixidas o noso portavoz, ó tempo que o  Alcalde  lle di que cale e nos da unha resposta clásica dél,  sen ningunha aclaración do tema e ademais levanta a sesión , sen deixar facer mais rogos , nin preguntas.  O resto das cuestións esperamos resposta cando a sua vocación lle deixe.  E así quedaron no tinteiro algunhas que o mellor eran un pouco incómodas, pero nos sempre as facemos con ánimo de que os veciños teñan resposta os seus plantexamentos e o mesmo tempo informar de arranxos , e desperfectos que hai en todas as parroquias.

José Sanmartín Soto

S.xeral e Portavoz municipal PSOE Barro.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s