Buscan un mariñeiro de Barro tras naufragar o seu pesqueiro en Senegal

Un mariñeiro de Marín, Vicente Pazos, permanece desaparecido en augas de Senegal. O pesqueiro no que traballaba, o Senefand 1, da compañía armadora viguesa Grupo Profand, naufragou o pasado venres fronte ás costas de Dakar e os equipos de rescate lograron localizar a oito dos once mariñeiros, pero tres seguen sen aparecer, o marinense, que ademais é o patrón do buque, e dous senegaleses.

O patrón, de 52 anos, é natural de Marín e ata hai uns meses era veciño do barrio de Cantodearea, pero recentemente trasladouse a Portela no Concello de Barro coa súa esposa.

Entre os tripulantes rescatados desta embarcación, que navegaba con bandeira de Senegal, está un pontevedrés, o xefe de máquinas, natural de Moaña. Un caboverdiano, un cidadán de Guineau-Bissau e cinco senegaleses completaban a tribulación que xa foi levada a terra sa e salva.

58a0683c0b-mediosmaritimosportada1

Doazon de sangue en Barro “O teu sangue é vida”

_20170212_115919

Charla informativa e formativa: Sacando as redes da pantalla

fb_img_1486824809413

CHARLA INFORMATIVA :PRESENTACIÓN DO CENTRO QUÉROTE +

fb_img_1486823847907

Un acusado de agredir tres mulleres durante un permiso penal volve ante o tribunal

_20170211_154408

PREME NO ENLACE PARA MÁIS INFORMACIÓN

http://pontevedraviva.com/xeral/34258/juicio-audiencia-acusado-agredir-tres-mujeres-permiso-penitenciario/

O Concello de Barro convoca o concurso de ambientación na época de entroido e día dos namorados

fb_img_1486752431030

PROGRAMACIÓN ENTROIDO 2017

fb_img_1486671933762

Fomento garante que a A-57 chegará ata Curro e conectará coa Autovía do Salnés

diario_pontevedra

O Ministerio de Fomento garantiu ao Concello de Pontevedra que a autovía A-57, cuxo primeiro tramo está en execución nas inmediacións da cidade, terá continuidade ata a localidade de Curro, no municipio de Barro, onde poderá enlazar coa autovía do Salnés.

En rolda de prensa, o concelleiro de Infraestruturas de Pontevedra, César Mosquera, explicou que os técnicos da demarcación provincial de Estradas do Estado trasladaron que xa se solicitou a declaración de impacto ambiental do último tramo da autovía, entre Pilarteiros e Curro.

Máis avanzada atópase a tramitación do tramo entre A Ermida e Pilateiros, que sairá a exposición pública “nuns meses”, segundo Mosquera, o paso previo a iniciar as expropiacións e licitar a obra, trámite previsto para 2018.

Con estes dous tramos, Pontevedra contará cunha “verdadeira circunvalación” de 21 quilómetros que partirá do municipio veciño de Vilaboa e concluirá en Barro, conectando coa principal vía de comunicación da comarca do Salnés.

As obras actualmente en execución, entre Vilaboa e A Ermida, van “segundo o previsto”, explicou o edil do BNG, que situou en “finais de 2018 ou principios de 2019” a súa entrada en funcionamento. Neste tramo, que ten 6,5 quilómetros, o Ministerio de Fomento inviste 74 millóns de euros.

http://diariodepontevedra.galiciae.com/gl/noticia/659629/fomento-garantiza-que-la-57-llegara-hasta-curro-y-conectara-con-la-autovia-do-salnes

a57

D.E.P. SR.Don. LINO RODRÍGUEZ FONTÁN

lino

Entrevista co alcalde de Barro

ONDA CERO PONTEVEDRA

Pontevedra en la Onda (07-02-2017)

As consecuencias do temporal seguen centrando a actualidade e a nosa atención na primeira parte do programa. No tempo de almorzo informativo desde A DEVESA hoxe conversamos co alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes.

Temporal en Galicia | Danos en tellados de casas en Barro e cortes de luz en toda a comarca

PORTADA faro-de-vigo

Os danos en tellados de vivendas repetíronse por toda a comarca de Pontevedra, así como na do Umia. Ademais, os cortes do fornezo eléctrico afectaron a numerosas poboacións debido á caída de árbores sobre os tendidos eléctricos ou aos danos nas torretas eléctricas. Por exemplo, en Barro sufriron importantes cortes do fornezo, así como no Concello de Cuntis.

Alí, os servizos municipais estaban entre os afectados e atopábanse sen comunicación debido á caída das liñas de teléfono. Non había electricidade tampouco en parroquias como Estacas, Herves ou Troáns, entre outras. Os servizos de Protección Civil desta localidade atenderon máis de 50 incidencias por caída de árbores e liñas eléctricas ou de teléfono. A parroquia de Portela foi unha das máis afectadas, na que varias casas sufriron danos considerables nos seus tellados.

http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2017/02/04/danos-tejados-casas-cuntis-cortes/1617363.html

TELLADO NA ESTACIÓN DE PORTELA

dsc_1951

Só 130 concellos coas contas claras, Barro un deles

_20170206_185347

http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2017/02/05/solo-130-concellos-cuentas-claras/0003_201702G5P7994.htm

D.E.P.SR. D. ANTONIO FARIÑA CANCELA

_20170205_114312

A Asociación Cultural BAROSA solicita aos veciños de Barro fotos antigas para a Conservación da Memoria Histórica do Pobo.

asociacion-barosa

A Asociación Barosa puxo en marcha unha iniciativa para atopar fotografías antigas dos veciños de Barro, principalmente aquelas instantáneas anteriores aos anos 90.

Esta nova iniciativa ten como obxectivo principal invitar a todos os veciños a participar na recuperación e posta en valor da historia das parroquias.

A través de documentos, fotografías, narracións de experiencias vividas ou historias de épocas pasadas, transmitidas oralmente de xeración en xeración, a asociación anima aos veciños a compartir esas fotografías que se gardan nos caixóns por ter un gran valor sentimental, sen ser conscientes moitas veces que, en realidade, son un ben colectivo.

Os costumes, os oficios, a indumentaria, a evolución dos vehículos ou a transformación urbanística, son o maior reflexo do cambio da sociedade. Momentos que, de non seren captados polo obxectivo dunha cámara, perderíanse no esquecemento.

Este proxecto é o camiño idóneo para que sexan os propios veciños de Barro, a través dos seus recordos, os auténticos protagonistas da recuperación histórica das parroquias do municipio.

As familias conservarán os dereitos sobre as súas fotografías e a asociación, como depositaria do arquivo, velará pola súa conservación e difusión como parte do patrimonio cultural, comprometéndose a non facer un uso lucrativo do fondo e a dedicalo unicamente a fins educativos, de investigación, de estudo e de difusión da memoria colectiva local.

Quen estea interesado en participar, deberá poñerse en contacto no seguinte número de teléfono 676 444 708, onde lles informarán dos trámites a seguir e onde acudir coas imaxes antigas para dixitalizar, devolvéndoas no acto aos seus donos.

Así mesmo, aqueles veciños que viven fóra do concello ou que xa teñan as fotografías en formato dixital, poden enviar as súas imaxes a través do correo electrónico: fotosdebarro@gmail.com

A Asociación Cultural BAROSA solicita aos veciños de Barro fotos antigas para a Conservación da Memoria Histórica do Pobo.

imagen-9

Oito novas empresas instalaranse no viveiro de Barro-Meis

A comisión de selección da Deputación de Pontevedra aprobou este venres a instalación de oito novas empresas no viveiro de empresas de Barro-Meis, propiedade da institución provincial, que pasarán a ocupar un total de seis naves e cinco oficinas deste espazo.

Deste xeito o viveiro, acollerá un comercio ao por menor de produtos alimenticios en establecemento, unha empresa de venda de tratamento de augas, un negocio dedicado á captura, explotación, proceso e comercialización de produtos invertebrados do mar, ou unha empresa de deseño e fabricación de compoñentes de aluminio.

Ademais, tamén se incorporan un comercio exterior de importación e exportación de peixes e mariscos, un negocio de servizos técnicos de enxeñaría, asistencia métrica e posta en valor en sectores como o patrimonio naval, cultural, obra civil e industrial, un comercio de restauración estética e recuperación de vehículos, e por último, unha empresa de xestión e tramitación de subvencións e licitacións públicas a pequenas e medianas empresas.

O viveiro de empresas de Barro-Meis conta con 16 naves, 24 oficinas e 3 espazos de coworking con capacidade para 12 postos de traballo. Con estas novas solicitudes, que se suman ás aprobadas con anterioridade, as taxas de ocupación do viveiro son do 62,5% no caso das naves e do 58,3% en canto ás oficinas.

O pasado mes de outubro a Deputación de Pontevedra decidiu baixar o prezo destes espazos ata máis da metade co obxectivo de facer que as naves e oficinas dos viveiros sexan máis atractivas para a instalación de novas empresas.

http://pontevedraviva.com/xeral/34067/ocho-nuevas-empresas-vivero-barro-meis/

5894721e0c-viveirobarromeis