Facenda reduce os impostos por comprar unha casa en 78 parroquias

la voz de galicia

A adquisición dunha vivenda habitual no rural está libre dos impostos de Transmisións Patrimoniais e de Actos Xurídicos Documentados, en concepto de tributos cedidos polo Estado á Xunta, en 78 parroquias de Pontevedra e os seus concellos próximos, segundo o último listado feito público recentemente por Facenda. A medida, impulsada polo Executivo galego, aspira a favorecer a chegada de novos veciños ás zonas menos poboadas facilitando o acceso a unha vivenda. A rebaixa de impostos no rural aplícase a tres supostos: familias numerosas, mozos menores de 36 anos e persoas con discapacidade.

Na orde da Consellería de Facenda especifícase que, para decidir que ámbitos territoriais participan neste programa de beneficios fiscais foi necesario unha delimitación «de forma clara». Engádese: «dada a dispersión da poboación en Galicia, a Lei optou por delimitar o ámbito xeográfico susceptible deste beneficio fiscal a nivel de parroquia».

Fontes de Facenda sinalaron que o criterio seguido para escoller as parroquias deste plan é o fixado polo Instituto Galego de Estatística. Este organismo fixa tres posibles clasificacións: zonas densamente poboadas (ZDP), intermedia (ZIP) e pouco poboadas (ZPP). Esta clasificación, que segue un estándar europeo de Eurostat, levou a cabo por primeira vez no 2011 e actualizouse no 2016. Neste programa de beneficios fiscais incluíronse unicamente as parroquias coa categoría de ZPP.

A categoría de zona pouco poboada atopa unha maior aplicación ao interior da comarca. Desta forma, participan nos beneficios fiscais todo o territorio municipal de Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, A Lama, Moraña, Portas e Ponte Caldelas. En Caldas de Reis, a medida inclúe a todo o rural, excluíndo unicamente aos ámbitos das parroquias máis urbanas: Santo Tomás e Santa María.

MAIS INFORMACIÓN:

http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/pontevedra/2017/02/19/facenda-reduce-impuestos-comprar-casa-78-parroquias/0003_201702P19C1992.htm

baladas

MISA POLO 3 ANIVERSARIO DE ELISARDO RAMISEIRO CASTRO

_20170222_192759

O mercado ambulante de Barro volve a mans do Concello a partir de abril

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

Barro renova o seu mercado ambulante. Tras o remate da concesión do contrato cos seus xestores actuais, o goberno municipal recuperará a súa xestión pública. Será a partir do domingo 2 de abril.

As solicitudes de autorización para a venda no mercado poderán presentarse a partir do 27 de febreiro nas oficinas municipais.

Os interesados terán que achegar toda a documentación necesaria esixida pola normativa reguladora da venda ambulante da Xunta de Galicia e a ordenanza municipal correspondente.

Os vendedores que se veñen instalando de forma habitual no mercado, que en Barro se celebra todos os domingos, poden solicitar a reserva do espazo que viñan utilizando ata o 6 de marzo. Os espazos que queden libres serán adxudicados en libre competencia.

Unha vez aceptada a solicitude, e feito o ingreso da taxa municipal -que ascende a dos euros por metro lineal– o Concello entregará unha tarxeta identificativa do posto que deberá estar exposta nun sitio visible.

http://pontevedraviva.com/xeral/34546/mercado-ambulante-barro-vuelve-gestion-publica-concello-abril/

5475927faa-mercadillo-06

Radio Estrada premia as mellores cartas de amor

PORTADA faro-de-vigo
Radio Estrada entregou onte os seus premios aos 10 premiados do concurso de cartas de amor Can Valentín, que recibiu 500 misivas de centros educativos da Estrada, Cuntis, Moraña, Barro e Catoira. Gañaron Yago Durán, Paula Duarte, Xián Diéguez, Andrea Igrexas, Andrea Vidal, Neves Fernández, María Mato, José Ferrero, Antía Prieto e Sara Sabir Recibiron agasallos doados pola ACOE, o concello, librerías, tendas de deportes, a juguetería e pastelerías locais.
radio-estrada

O alcalde de Barro traslada á subdelegada do Goberno os problemas de seguridade na estrada N-550

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

As peticións do alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, para a mellora da seguridade viaria na estrada N-550 ao seu paso polo núcleo de San Antoniño levárono este luns á Subdelegación do Goberno en Pontevedra, onde mantivo unha reunión coa nova subdelegada, Ana María Ortiz, e con responsables da Demarcación de Carreteras do Estado en Galicia e da Unidade de Pontevedra.

Na reunión tamén se abordaron as alegacións presentadas polo Concello ao trazado da futura autovía A-57 e segundo o alcalde, os responsables de Carreteras asumen como razoables as peticións municipais sobre o enlace en Curro e a construción dunha rotonda no cruzamento coa N-550 no lugar do Lombo da Maceira. Esta estrada está pendente dun estudo de impacto ambiental.

En relación coa N-550, o rexedor trasladoulles os mesmos problemas de seguridade que xa no seu día fixo chegar á Xunta de Galicia e a Carreteras del Estado e urxiu executar o antes posible a solución para o cruce cara á rúa Areal, que representa un perigo diario para todos os vehículos que deben acceder á zona das Baladas, ao tanatorio e aos lugares de Valbón e Lardoeira.

O Concello de Barro lembra a través dun comunicado que xa no mes de marzo do 2016 o pleno da corporación acordou aprobar a proposta que fixo o Ministerio de Fomento de deseñar uns carrís centrais de espera que permitan os xiros á esquerda con seguridade. Segundo asegurou, os responsables de Carreteras do Estado informaron que estaba en proceso de redacción o proxecto e que agardaban telo rematado antes do verán.

Outro dos puntos conflitivos para a circulación en San Antoniño é o cruzamento coa estrada provincial PO-0506 Portela-Curro pola escasa visibilidade que hai para a incorporación dos vehículos en dirección Santiago. O alcalde transmitiulle a demanda histórica por parte do Concello da construción dunha rotonda nese cruce.

Segundo indicou despois da reunión, obtivo dos responsables gubernamentais o compromiso de que se van realizar estudos previos e logo van convocar unha reunión entre o goberno estatal, a Deputación Provincial e o Concello para buscar a mellor solución.

ayuntamiento-de-barro

Barro estrea a súa sede electrónica

Tras un período de adaptación, o Concello de Barro anunciou que a sede electrónica municipal xa se atopa totalmente operativa.

Unha vez completado todo o proceso de formación dos funcionarios, todos os trámites administrativos xa se poden realizar en Barro sen necesidade de utilizar o papel.

O Concello adiántase así á obrigatoriedade que terán todos os municipios a partir de 2018. Este cambio no funcionamento municipal redundará, segundo o goberno, nunha administración máis áxil e transparente.

http://pontevedraviva.com/xeral/34512/concello-barro-estrena-sede-electronica/

58ac6065c6-administracion-electronica-barro

Poemas e obradoiro de modelado de fondant

Este xoves, na Biblioteca de Barro lectura de poemas e obradoiro de modelado de fondant.
Inscripción no 986714806/690722812. Prazas limitadas.

fb_img_1487703688373

fb_img_1487703683128

 

Os participantes do reto “Xuntos no Camiño” afrontan dúas novas etapas

_20170219_130524LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

Dobre denuncia para o dono dos PIT BULL que atacaron en Curro

_20170218_085749

D.E.P.D.MANUEL GARCÍA RUIBAL

_20170218_084952

DENUNCIA Á GARDA CIVIL QUE A ATACARON CINCO PIT BULLS EN CURRO

_20170217_161010

CORRIDA DO GALO

fb_img_1487343251975

O polígono de Barro-Meis terá unha gasolineira ‘low-cost’

barro-meis

PARA MAIS INFORMACIÓN PREME NO ENLACE:

http://pontevedraviva.com/xeral/34389/vendida-parcela-poligono-barro-meis-gasolinera-low-cost/

A Xunta licita obras de reposición do firme na estrada Pontevedra-Vilagarcía

po-531

MAIS INFORMACIÓN PREME NO ENLACE:

http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2017/02/16/xunta-licita-obras-reposicion-firme/1624503.html

«En aquel momento era un demonio, estaba como poseído»

venancio

PARA MAIS INFORMACIÓN PREME NO ENLACE:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2017/02/14/momento-era-demonio-poseido/00031487068309768276751.htm