IRIA COLLAZO PRESENTA O SEU SEGUNDO LIBRO “A SOIDADE DAS MEDUSAS”, EN BARRO.

Co nome de “A soidade das medusas”, a escritora que naceu en Barro, pero que leva no Morrazo dende os sete anos, Iria Collazo, presenta o seu libro de relatos encadeados , é a súa segunda obra publicada, que conta ademáis coas magnificas ilustracións de Luz Beloso.

A autora asinará o seu libro, unha oportunidade única para coñecela e levalo adicado.

No evento a escritora estará acompañada por Luz Beloso -ilustradora e profesora- e por Pichi Vicente pertencente á Editorial Galaxia.

A presentación está programada para o próximo sábado día 11 de marzo as 20.00 horas no Centro Cívico Alcalde Castor Castro, no lugar de San Antoniño, Barro, e a entrada será  de balde.

Sinopse “A soidade das medusas”

Que poden ter en común unha pianista exitosa, protagonista dunha historia inexistentemedusas que nunca poderá ser contada, un escritor pechado contra a súa vontade nun apartamento no medio dun mar de rañaceos, unha nena de ollos tristes e pasado cruel que foxe do vento, unha reputada fotógrafa con ansias de voar lonxe, os soños dun vello inconsciente no deserto do hospital ou unha oficinista presa dos seus propios rituais e dun amor imposible? A resposta está nos relatos deste libro. A soidade das medusas, cheo de personaxes que transitan por un océano de encrucilladas onde, como dixo a filósofa María Zambrano, “todo ten dereito a ser, incluso o que non puido existir endexamais”.

http://www.todostuslibros.com/libros/a-soidade-das-medusas_978-84-9151-019-2

presentacion-libro-iria

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s