O alcalde de Barro traslada á subdelegada do Goberno os problemas de seguridade na estrada N-550

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

As peticións do alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, para a mellora da seguridade viaria na estrada N-550 ao seu paso polo núcleo de San Antoniño levárono este luns á Subdelegación do Goberno en Pontevedra, onde mantivo unha reunión coa nova subdelegada, Ana María Ortiz, e con responsables da Demarcación de Carreteras do Estado en Galicia e da Unidade de Pontevedra.

Na reunión tamén se abordaron as alegacións presentadas polo Concello ao trazado da futura autovía A-57 e segundo o alcalde, os responsables de Carreteras asumen como razoables as peticións municipais sobre o enlace en Curro e a construción dunha rotonda no cruzamento coa N-550 no lugar do Lombo da Maceira. Esta estrada está pendente dun estudo de impacto ambiental.

En relación coa N-550, o rexedor trasladoulles os mesmos problemas de seguridade que xa no seu día fixo chegar á Xunta de Galicia e a Carreteras del Estado e urxiu executar o antes posible a solución para o cruce cara á rúa Areal, que representa un perigo diario para todos os vehículos que deben acceder á zona das Baladas, ao tanatorio e aos lugares de Valbón e Lardoeira.

O Concello de Barro lembra a través dun comunicado que xa no mes de marzo do 2016 o pleno da corporación acordou aprobar a proposta que fixo o Ministerio de Fomento de deseñar uns carrís centrais de espera que permitan os xiros á esquerda con seguridade. Segundo asegurou, os responsables de Carreteras do Estado informaron que estaba en proceso de redacción o proxecto e que agardaban telo rematado antes do verán.

Outro dos puntos conflitivos para a circulación en San Antoniño é o cruzamento coa estrada provincial PO-0506 Portela-Curro pola escasa visibilidade que hai para a incorporación dos vehículos en dirección Santiago. O alcalde transmitiulle a demanda histórica por parte do Concello da construción dunha rotonda nese cruce.

Segundo indicou despois da reunión, obtivo dos responsables gubernamentais o compromiso de que se van realizar estudos previos e logo van convocar unha reunión entre o goberno estatal, a Deputación Provincial e o Concello para buscar a mellor solución.

ayuntamiento-de-barro

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s