⚠️ ROUBO DE COBRE NO POLÍGONO DE OUTEDA (BARRO)

O polígono industrial de Outeda sufriu nos últimos días o roubo do cableado de cobre de parte da instalación da iluminación pública. As subtraccións afectaron de xeito directo aos sectores A e E do parque empresarial, situado na parroquia de Curro.

O alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, xa presentou a denuncia ante a Garda Civil e solicitou que se incremente a vixilancia na zona para evitar novos episodios. Este acto delituoso non só afecta ás empresas e traballadores, senón que supón un grave prexuízo económico para as arcas municipais, xa que o Concello terá que asumir o custo de repoñer todo o cableado público.

📞 Chamamento á colaboración cidadá:
Pídese aos veciños de Barro ou a calquera persoa que vise movementos sospeitosos nos arredores do polígono que se poña en contacto coa Garda Civil. ¡A túa axuda é fundamental para dar cos responsables!

#Barro #PolígonoOuteda #Curro #Seguridade #ColaboraciónCidadá #SucesosGalicia

AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL POLA SITUACIÓN DE ESTADO DE ALARMA SANITARIA

Programa de axudas de emerxencia social destinado ás familias ou persoas con dificultades económicas durante o Estado de Alarma provocado polo Covid-19.
Para a xestión das axudas deberán solicitar cita previa chamando aos teléfonos do Concello 986 617 227 ou 986 711 002.
Máis información no Bando da Alcaldía.

FB_IMG_1585670479059

A día de hoxe segundo os datos de GCIENCIA. COM o Concello de Barro non ten persoas afectadas polo coronavirus

Concello de Barro

Ayuntamiento de Barro

O CONCELLO COMEZA Á DESINFECCIÓN E LIMPEZA DOS LUGARES MÁIS SENSIBLES

FB_IMG_1584735759456

D.E.P.DOÑA EUDOSIA FERNÁNDEZ DELGADO

_20200316_122121

D.E.P.D. JOSÉ SABARÍS FALCÓN

_20200313_183457

Medidas do Concello de Barro para intentar combatir a propagación do coronavirus.

Noticias de Barro

Concello de BarroIMG-20200313-WA0015

FESTA NO SAN AMARO A PORTELA

_20180314_000329

OFERTA DE EMPREGO EN BARRO

_20180303_134933

CADELIÑA PERDIDA EN VALIÑAS

_20180302_104810

D.E.P.DOÑA MARIA PRECIOSA MAQUIEIRA BREA

_20180223_141134

A Deputación cede o uso dunha nova oficina no viveiro de empresas de Barro

A Deputación de Pontevedra aprobou hoxe a cesión dunha oficina de 18 metros cadrados do viveiro de empresas de Barro a unha nova empresa de servizos da propiedade inmobiliaria. A comisión de seguimento do viveiro, que estivo presidida polo deputado, Carlos López Font e a deputada Eva Vilaverde, e que contou coa presenza do alcalde Barro, Xosé Manuel Abraldes, aprobou hoxe esta nova incorporación, ademais da prórroga da ocupación de tres naves e dúas oficinas de 25 metros cadrados.

A comisión aprobou a cesión dun espazo á empresa “Buscavivenda SL”, dunha oficina de 18 metros cadrados e as prórrogas de ocupación doutra oficina e dunha nave para Eurotec Inspección S.L. e das naves das empresas de Jose Manuel Camba e Jesús Manuel Moreira, e a oficina de Juan Aurelio Padín.

Segundo informou o deputado, Carlos López Font, neste intre a ocupación do viveiro de empresas e dun cen por cen nas naves e do oitenta e tres por cento das oficinas. De feito, so quedan dispoñibles tres oficinas de 18 metros cadrados e unha de vintecinco metros cadrados. Tamén están dispoñibles tres espazos de coworking de trinta e sete metros cadrados. Incluso unha das empresas que ten en concesión unha oficina de 25 metros cadrados está en lista de espera para optar a algunha das naves en caso de quedar libre.

O viveiro de empresas de Barro-Meis conta con 16 naves, 24 oficinas e 3 espazos de coworking con capacidade para 12 postos de traballo. Nel tamén están instalados os servizos de SmartPeme da comarca.

 

Denuncian o “desleixo” das administracións cos petróglifos de Barro

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

Barro ten inventariados, polo menos, nove petróglifos. E todos eles, segundo o colectivo A Forneiriña, atópanse “acubillados” pola maleza e non poden ser visitados.

Así, veñen de presentar unhadenuncia ante a Consellería de Cultura ante o “desleixo” polo patrimonio arqueolóxico dos titulares do monte no que se atopa e a “irresponsabilidade” das administracións pola falta de posta en valor do mesmo.

A Forneiriña explica que o petróglifo coñecido como Outeiro Codeso volveu a verse ameazado polo lume. Fixéronse desbravados nas inmediacións, deixando sen limpar as pedras con gravados que seguen rodeadas polo toxo e sen sinalización que facilite a súa localización. O outeiro no que están os petróglifos da Pedra Mirtada tamén segue cheo de maleza.

O conxunto de Castro Loureiro, pola súa banda, representa a estación máis salientable de Barro “mais non foi obxecto de ningún tipo de coidado e protección”. Traballos forestais levados a cabo na zona supuxeron, denuncian, un “serio risco” para a integridade das laxes e seguen pendentes de sinalización e do desbravado da vexetación que os oculta.

A todo iso súmase, segundo este colectivo, a “falta de implicación” da administración pola supervivencia e conservación do patrimonio arqueolóxico, impedindo a súa difusión.

Esta asociación recorda que é obriga dos concellos salvagardar o patrimonio cultural do seu territorio, polo que instan ao goberno municipal de Barro a que poña fin a esta situación.

http://pontevedraviva.com/xeral/43635/denuncian-dejadez-administraciones-petroglifos-barro/

_20180220_220648

_20180220_220627

UNHA BIBLIOTECA CHEA DE PEGADAS

AYUNTAMIENTO DE BARROFB_IMG_1519158808217

17 persoas doaron o seu sangue de forma altruísta o xoves en Barro

Na doazon de sangue realizada o xoves en Barro houbo 17 doazóns en total, das cales duas correspondíase a duas que doaban por vez primeira. Moitas grazas.

_20180219_171627