Condenadas seis persoas a máis de 33 anos de prisión por integrar unha rede de tráfico de drogas

faro de vigo

Unha pena conxunta de máis de 33 anos de prisión e unha multa de 1.070.000 euros é a condena que a Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo aos seis integrantes dunha rede de tráfico de drogas, sobre todo heroína, que operaba na provincia, sobre todo na comarca de Arousa e nos municipios de Caldas e Portas, onde residían algúns dos condenados, entre os que figuran catro veciños da provincia, un italiano e un *albanés. A sentenza, divulgada onte polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) absolve a outra persoa orixinaria de Rumanía, que estaba acusada pola Fiscalía.

Os tres principais implicados son Francisco Javier Somoza Acha, de Vilanova, condenado a 6 anos e un día de prisión por tráfico de drogas e un ano máis por formar parte dun grupo criminal, máis unha multa de 215.000 euros; Sterling Detmar Buceta, nacido en Estados Unidos pero residente en Vilanova, ao que se lle aplica unha pena de 7 anos por narcotráfico e outro por grupo criminal, máis de 320.000 euros de multa; e Mario Gago Pulleiro, natural de Barro pero residente en Caldas. no seu caso impóñense seis anos e un día de cárcere por tráfico de drogas e seis meses por integrar grupo criminal, e unha multa de 215.000 euros.

MAIS INFORMACIÓN:

http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2017/02/25/condenadas-seis-personas-33-anos/1630321.html

droga-barro

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s