O mercado ambulante de Barro volve a mans do Concello a partir de abril

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

Barro renova o seu mercado ambulante. Tras o remate da concesión do contrato cos seus xestores actuais, o goberno municipal recuperará a súa xestión pública. Será a partir do domingo 2 de abril.

As solicitudes de autorización para a venda no mercado poderán presentarse a partir do 27 de febreiro nas oficinas municipais.

Os interesados terán que achegar toda a documentación necesaria esixida pola normativa reguladora da venda ambulante da Xunta de Galicia e a ordenanza municipal correspondente.

Os vendedores que se veñen instalando de forma habitual no mercado, que en Barro se celebra todos os domingos, poden solicitar a reserva do espazo que viñan utilizando ata o 6 de marzo. Os espazos que queden libres serán adxudicados en libre competencia.

Unha vez aceptada a solicitude, e feito o ingreso da taxa municipal -que ascende a dos euros por metro lineal– o Concello entregará unha tarxeta identificativa do posto que deberá estar exposta nun sitio visible.

http://pontevedraviva.com/xeral/34546/mercado-ambulante-barro-vuelve-gestion-publica-concello-abril/

5475927faa-mercadillo-06

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s