Esta noite produciuse unha vertedura ilegal de rodas de coche nas inmediacións da Igrexa de San Breixo. Determinar a autoría deste tipo de prácticas non adoita resultar sinxelo por iso a colaboración veciñal é moi importante, pero hai veces nas que resulta imposible porque a localización destas verteduras faio moi difícil pola ausencia de testemuñas ao ser sitios moi apartados.
Un incendio declarado ao redor das 16.00 horas da tarde deste sábado deixou varios danos materiais no restaurante San Martín na Portela. O incendio orixinouse nunha grella e logo prendeu na campá extractora da cociña do establecemento, que se preparaba para abrir este luns. Ao redor das 17.00 horas xa estaba controlado, resultaron danados varios electrodomésticos como resultado dos labores de extinción. Ata o lugar desprazáronse Protección Civil de Barro, Bombeiros e a Garda Civil.