Un home que formou parte dun ‘piquete’ durante os primeiros días do paro do sector do transporte está a ser investigado a nivel penal pola súa actuación contra un camión que circulaba pola AP-9. Presuntamente lanzou varias pedras ao vehículo ao seu paso polo municipio de Barro e colocou na estrada unha táboa con puntas.
