O concello de Barro, a través da Federación Galega de Municipios e Provincias – FEGAMP colabora na recollida de alimentos e materiais de primeira necesidade en solidariedade coa crise humanitaria que se está vivindo na Ucraína.
Quen o desexe, poderá colaborar doando alimentos non perecedoiros ou materiais de primeira necesidade nas oficinas do concello de Barro a partir do luns, en horario de 9:00 a 14:00 h.
Para asegurar unha correcta distribución do material humanitario que se recolla este será comunicado á FEGAMP para que determine e canalice a súa entrega, ben nas zonas en conflito ou ben ás persoas refuxiadas á súa chegada a Galiza.
Así mesmo, a Secretaría de Estado de Cooperación Internacional traslada as seguintes vías de canalización de aportacións económicas a ONG e organismos internacionais despregados no terreo, xa que son organizacións con experiencia e garantías de que todo o que se recolla sexa empregado da mellor forma posible:
-Comunicado de la Coordinadora española de ONGD: https://coordinadoraongd.org/2022/03/como-apoyar-a-las-ongd-espanolas-en-ucrania/
-Llamamiento de la Federación Internacional de la Cruz Roja y la Media Luna Roja y del Comité Internacional de la Cruz Roja: https://www.icrc.org/es/donate/crisis-en-ucrania
-OCHA (Oficina de Coordinación para Asuntos Humanitarios de las Naciones Unidas). Contribución a través del Fondo Humanitario para Ucrania: https://www.unocha.org/ukraine/about-uhf
-ACNUR (Agencia de Naciones Unidas para los Refugiados): https://eacnur.org/es/crisis-ucrania?UTM_source=abtasty&utm_medium=bubble
