Recibimos un correo electrónico que nos fixo moita ilusión. Trátase dunha invitación dos alumnos de 5º de primaria do CEIP amor Ruibal para que presentemos un candidato@ para o X premio “MIMI “ao personaxe do ano”.
A súa finalidade é recoñecer e premiar a aqueles personaxes da comunidade que na súa vida utilicen e fomenten o idioma galego e a súa cultura.
O premio MIMI consiste nunha figura en madeira realizada polo artista local Francisco José Rodríguez Remiseiro, baseada no debuxo da exalumna Aroa Outón do logotipo do CEIP “Amor Ruibal”, e seralle entregado ao/á gañador/a en maio do 2018 no marco da celebración das Letras Galegas.
Desde Novas de Barro queremos facer participes a todos os seguidores do noso blog na elección do nos@ candidat@.
Así que pensalo ben e mandarnos unha proposta a novasdebarro@gmail.com ou unha mensaxe ao Facebook antes do 26 de xaneiro.
Cos nomes dos persoeiros recibidos faremos unha enquisa, e despois enviaremos o gañador ou gañadora.para que entre @s candidat@s que envíen as demais institucións públicas e as asociacións culturais e deportivas, @s alumn@s do CEIP “Amor Ruibal” avaliarán os méritos d@s candidat@s e decidirán, mediante voto secreto, o gañador ou gañadora.
Premiados en anos anteriores:
IX PREMIO MIMI 2017: María Campos e Carlos Yuste de MIGALLAS teatro.
VIII PREMIO MIMI 2016: Grupo “PÁRAMO PICTURES, produtora independente lucense”
VII PREMIO MIMI 2015: Grupo “OS DA RÍA”
VI PREMIO MIMI 2014: A cantautora coruñesa Mª Xosé Silvar “SÉS”
V PREMIO MIMI 2013: A rapeira viguesa AÍD
IV PREMIO MIMI 2012: Pili, a educadora social do Concello de Barro.
III PREMIO MIMI 2011: Cantereiras de Ardebullo,
II PREMIO MIMI 2010: Xabarin club
I PREMIO MIMI 2009: Ezequiel Mosquera .