ACTO DE ENTREGA DO VII PREMIO MIMI A “OS DA RÍA”

Video-resumo da entrega do “Premio MIMI ao Persoeiro do Ano” ao grupo musical “Os da Ría” no CEIP Amor Ruibal, no ano 2015, polos alumnos e alumnas de 5º de EP.

http://oblogdemimi.blogspot.com.es/2015/06/entrega-do-vii-premio-mimi.html

os da ria

“OS DA RÍA” gañan o Premio MIMI

O CEIP Amor Ruibal de Barro entregará o próximo mércores, 3 de xuño, o Premio MIMI que recaeu nesta séptima edición no grupo “OS DA RÍA”, ideado por Carlos Meixide e Tomás Lijó, e musicado por Suso Alonso, Xabier Olite, Ramón Reynolds e Roi fernández. O galardón é un recoñecemento a aquelas persoas que utilizan e fomentan o idioma e a cultura galega.

A candidatura de “OS DA RÍA” foi proposta pola Real Academia Galega e impúxose ás outras catro recadadas polo alumnado de 5º curso de Primaria despois de remitir as bases do concurso a institucións, organismos e asociacións.

As restantes candidaturas foron as de Miguel de Lira, proposta pola Asociación Cultural Barosa; a Asociación Galega de Escritores, polo Obradoiro Río Umia; Carlos Negro, polo IES de Barro e a Asociación Cultural Barosa, polo blogue Novas de Barro

O premio consiste nunha talla en madeira de MIMI, a mascota do colexio, realizada polo artista local de proxección internacional Francisco Rodríguez Remiseiro, baseada no debuxo da exalumna Aroa Outón.

O acto será ás 12 horas na biblioteca de Barro.

mimi

Xa temos gañador da VII edición dos Premios MIMI: O grupo “OS DA RÍA”

O grupo “OS DA RÍA”, ideado por Carlos Meixide e Tomás Lijó, e musicado por Suso Alonso, Xabier Olite, Ramón Reynolds e Roi Fernández, resultou gañador do VII Premio MIMI.

Pincha na imaxe e accederás a máis información.

mimi

Novas de Barro propón á “Asociacion Cultural Barosa” para o VII premio MIMI

Outra vez recibimos unha carta que nos fixo moita ilusión. Trátase dunha invitación dos alumnos demimi 5º de primaria do CEIP Amor Ruibal para que presentemos un candidato@ para o VII Premio “MIMI“ ao personaxe do ano”.

A súa finalidade é recoñecer e premiar a aqueles personaxes da comunidade que na súa vida utilicen e fomenten o idioma galego e a súa cultura.

O premio MIMI consiste nunha figura en madeira realizada polo artista local Francisco José Rodríguez Remiseiro co logotipo do CEIP “Amor Ruibal”, e seralle entregado ao/á gañador/a en maio do 2015 no marco da celebración das Letras Galegas.

Dende Novas de Barro propoñemos á “ASOCIACIÓN CULTURAL BAROSA”. Proposta que xa se fixo no 2014 despois de facer unha enquisa na que resultou a opción máis votada, pero debido a diversas causas, a candidatura foi presentada “fóra de prazo” e non se pudo cubrir a investigación por parte do alumnado.

Premiados en anos anteriores:

VI PREMIO MIMI: A cantautora coruñesa Mª Xosé Silvar “SÉS”.

V PREMIO MIMI: A rapeira viguesa AÍD

IV PREMIO MIMI: Pili, a educadora social do Concello de Barro.

III PREMIO MIMI: Cantereiras de Ardebullo,

II PREMIO MIMI: Xabarin club

I PREMIO MIMI: Ezequiel Mosquera .

https://novasdebarro.com/2014/05/08/candidatos-vi-premio-mimi-ao-persoeiro-do-ano/

CARTA MIMI BARRO

BBBB

O colexio Amor Ruibal de Barro entrega ou día 21 ou seu premio MIMI

PORTADA faro-de-vigo

O CEIP Amor Ruibal de Barro entregará ou próximo mércores día 21mimi ou Premio MIMI que recaeu nesta sexta edición na cantautora María Xosé Silvar “SÉS” (A Coruña, 1983). Ou galardón é un recoñecemento a aquelas persoas que utilizan e fomentan ou idioma e a cultura galega. A candidatura de SÉS foi proposta polo Equipo de Dinamización dá Lingua Galega do IES de Barro e impúxose ás outras cinco. Ou acto será ás 12 horas na biblioteca de Barro.

http://galego.farodevigo.es/portada-pontevedra/2014/05/17/o-colexio-amor-ruibal-barro/1025037.html

sés

SÉS: VI PREMIO MIMI

Xa temos gañadora da VI edición dos Premios MIMI: A cantautora coruñesa Mª Xosé Silvar “SÉS”.
Pincha na imaxe e accederás a máis información.

sés

Candidatos VI Premio MIMI ao Persoeiro do Ano

Por sexto ano, o alumnado de 5º curso de Primaria, responsable do proxecto interdisciplinar que finaliza coa entrega do Premio MIMI, nos presentou aos candidatos desta edición e sobre os que investigaron:

undefined


Por vez primeira e con moito pesar pola nosa parte, sucedeu que quedaron fóra de concurso dúas candidaturas :

  •    Os deportistas pontevedreses ANTÓN PAZ BLANCO (vela) e JUAN SAAVEDRA (tiro) propostos pola ANPA do colexio por non cumplir os requisitos indicados nas bases do concurso.
  •    “ASOCIACIÓN CULTURAL BAROSA” proposta polo blogue “Novas de Barro” por recibir a candidatura “fóra de plazo” e non poder cubrir a investigación por parte do alumnado.

Gracias a todos os que tan xenerosamente participades ano a ano con nós no desenvolvemento deste proxecto.
Un saúdo.
MIMI.

http://oblogdemimi.blogspot.com.es/2014/05/candidatos-vi-premio-mimi-ao-persoeiro.html