Outra vez recibimos unha carta que nos fixo moita ilusión. Trátase dunha invitación dos alumnos de 5º de primaria do CEIP Amor Ruibal para que presentemos un candidato@ para o VII Premio “MIMI“ ao personaxe do ano”.
A súa finalidade é recoñecer e premiar a aqueles personaxes da comunidade que na súa vida utilicen e fomenten o idioma galego e a súa cultura.
O premio MIMI consiste nunha figura en madeira realizada polo artista local Francisco José Rodríguez Remiseiro co logotipo do CEIP “Amor Ruibal”, e seralle entregado ao/á gañador/a en maio do 2015 no marco da celebración das Letras Galegas.
Dende Novas de Barro propoñemos á “ASOCIACIÓN CULTURAL BAROSA”. Proposta que xa se fixo no 2014 despois de facer unha enquisa na que resultou a opción máis votada, pero debido a diversas causas, a candidatura foi presentada “fóra de prazo” e non se pudo cubrir a investigación por parte do alumnado.
Premiados en anos anteriores:
VI PREMIO MIMI: A cantautora coruñesa Mª Xosé Silvar “SÉS”.
V PREMIO MIMI: A rapeira viguesa AÍD
IV PREMIO MIMI: Pili, a educadora social do Concello de Barro.
III PREMIO MIMI: Cantereiras de Ardebullo,
II PREMIO MIMI: Xabarin club
I PREMIO MIMI: Ezequiel Mosquera .
https://novasdebarro.com/2014/05/08/candidatos-vi-premio-mimi-ao-persoeiro-do-ano/
BBBB