Adrián Silva triunfa como compositor

Xa pasaron uns anos dende que a Banda de Música Xuvenil de Barro estreou no seu festival de Bandas a obra “Os Muíños da Barosa” de Adrián Silva Magdalena. Logo desta estrea en Barro, como non podía ser doutra maneira, a obra deste novo compositor foi interpretada por bandas profesionais e semiprofesionais, como a Banda de Música de Pontevedra e a Banda Municipal de Santiago de Compostela.

Foi tal a sona que colleu esta obra e o seu compositor que o comité organizador do Certame Provincial de Bandas de Música elixiuna como obra obrigada para a sección segunda do Certame que se celebrará este ano no primeiro fin de semana do mes de Outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Como premio, a obra será tocada por todas as bandas participantes na devandita sección do certame, e será tocada e escoitada en toda Galicia, xa que estas bandas tocarana en multitude de concertos e festivais por toda a comunidade. Ademais, a obra será editada e distribuída gratuítamente a todas as Bandas de Música da Provincia, polo cal, a partires dese momento os Muíños da Barosa soarán por toda Galicia.

Dende a Banda de Música Xuvenil de Barro queremos agradecer públicamente a Adrián Silva, tanto esta como as demais composicións que ten feito para a Banda de Música Xuvenil de Barro e que ben seguro soarán tanto ou mais que esta sua primeira obra.

Transaccións Inmobiliarias no Municipio de Barro 1T2011

Segun os datos do 1º Trimestre do 2011 publicados polo Ministerio de Vivenda, o nº de transaccións inmobiliarias no municipio de Barro ascende a un total de 5 das cales 5 son transaccións de vivendas novas e 0 de segunda man.

A continuacion móstrase a evolucion dos ultimos anos de forma grafica:

FESTA DA BICICLETA NO CONCELLO DE BARRO

INSCRICIÓN:NO LUGAR DA PROBA OU NA OMIX 986714806 (OS MENORES DE IDADE DEBERÁN IR ACOMPAÑADOS POR UN ADULTO)

SORTEO DUNHA BICICLETA ENTRE TÓDOLOS PARTICIPANTES, CASCOS E GORRAS…

Obligatorio o casco.

MÁIS INFORMACIÓN : Na Oficina de Información Xuvenil do Concello de Barro.
Teléfono: 986. 714. 806O

Saída será o Pazo da Crega ás 11 da mañán, para despois celebrar un percorrido polos seguintes lugares:

Pazo da Crega, Valbón, Faxil, A Seca, Barosa e de novo volta ó Pazo da Crega.

Exposición do Concurso de Fotos Imaxes de Barro 2011

Campeonato Galego de Orientación a Pe 2011

Aquí tedes a información que nos enviou Manuel Parrado sobre o campionato galego de orientación, Manolo que eu coñeza é o máximo expoñente que temos en Barro na práctica deste deporte no que leva anos participando, a ver se se anima e monta un club en Barro, eu apúntome.

Toda a información en PDFcampeonatogalego

Aspectos teóricos de la orientación.pdf

Os vindeiros días 18 e 19 de xuño, celebraráse en Pontevedra, o Campeonato Galego de Orientación a Pe 2011, que consta das seguintes probas:

1ª Carreira ( Distancia larga) 6ª proba da XX LIga Galega de Orientació a pé a celebrarse o sábado día 18 de xuño ás 10:30h na Lagoa de Castiñeiras

2ª Carreira ( Distancia Media) 7ª proba da XX Liga Galega de Orientación a pé a celebrarse o domingo día 19 de Xuño ás 10.30h na Escusa ( Campo de Golf de Meis)

 Cada unha destas carreiras puntuará para o Ranking da Liga Galega e o cómputo das dúas daranos oo resultado do Campeonato Galego de Orientación 2011

Campeonato Galego de Ori-Sprint: O Campeonato Galego na modalidade de Sprint celebraráse o sábado día 18 de xuño ás 18:00 h no Centro Histórico de Pontevedra

Organiza: Montañeiros de Pontevedra
Inscripcións: ata o Martes 14 de xuño ás 22:00h. ( A Roelo- Montañeiros de Pontevedra)
Tamén Podedes contactar con Manuel Parrado para inscribirse a través do Club Habelas Hainas.

Máis información do que son estas probas en http://www.fedo.org .

Club Habelas Hainas

Montañeiros de Pontevedra

Traballo ITV Curro

Traballo en Barro. Manipulador de chipirón

Misa e comida popular na vindeira festa do viño

Horario caixanova na semana de festas patronais

A Xunta apraza a construción da ligazón menor de Curro ata que finalice o macronudo

A construción do chamado nó menor de Curro posporase ata que finalice a execución do macroenlace a tres niveles de altura que actualmente se levante no lugar. Así o confirmaron nos últimos días fontes da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia.

Nas primeiras previsións de obras contemplábase unha construción simultánea de ambas as ligazóns viarias, coa conclusión do pequeno, en primeiro lugar, a finais do ano 2010. Xa iniciada a obra, os técnicos optaron por dilatar a execución do nó menor ata completar avances na obra de máis envergadura.

No entanto, Medio Ambiente confirmaba agora que, finalmente, a decisión foi a de aprazar a ligazón pequena na PO-531 ata finalizar o macroenlace, que actualmente se atopa ao 55% da súa execución, explicaron estes días as mesmas fontes.

“Óptase por priorizar ou ligazón máis importante”, xustificaron, xa que o chamado macronudo permitirá unir a propia estrada PO-531, a Autovía do Salnés, a Autoestrada AP-9 ou a futura autovía entre Vilagarcía e Pontevedra (AG-47). Ademais, optouse tamén por atrasar a obra máis pequena polo constante tráfico pesado que accede ao lugar durante a execución da ligazón máis grande e que podería acelerar, a longo prazo, o desgaste da propia nova infraestrutura menor.

O nó pequeno de Curro está orzado en 2,5 millóns de euros, executarano Covsa e Bruesa Construcións e prevé o desvío subterráneo directo do tráfico da PO-531 entre Vilagarcía e Pontevedra, sen necesidade de acceder a unha glorieta. Unha rotonda superior permitirá articular o tráfico cara aos núcleos poboacionais de Curro. A infraestrutura completarase cunha senda peonil para facilitar tamén o acceso de transeúntes cara á chamada estrada vella.

Un veciño reclama o arranxo do acceso á súa vivenda

Un veciño de Barro reclama ó Concello oarranxo dunha pista pola que ten acceso á súa vivenda.

Rafael Abal vive no lugar de Piñeiro, na parroquia de Valiñas e asegura que levan tres anos coa estrada neste estado. A penas con espazo para o paso dun turismo, a calzada está rota no linde cunha viña que queda nun nivel máis baixo, co conseguinte perigo.

Rafael Abal xa se puxo en contacto co alcalde e máis cun concelleiro para reclamar, polo menos, un muro de contención na finca lindeira que evite o deterioro da estrada. Este veciño asegura que hai vontade por parte dos propietarios afectados de ceder os terreos necesarios para arranxar a estrada.

A pista quedou neste mal estado logo do paso dunha máquina pesada e desde entón ninguén se fixo cargo dos danos. Rafael Abal espera que desta o Concello atenda as súas reclamacións.

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA. PREMIADOS

Barro debelle a os bancos 685.000 euros (171 por habitante)

O 31 de decembro pasado pechouse un ano no que a crise se mostrou con maior dureza, un exercicio no que o Goberno advertiu aos concellos para que puxesen coto aos excesos nos gastos e mesmo endureceu os límites de endebedamento para aqueles que tiñan unha maior cantidade de préstamos que afrontar. Unha chamada á austeridade que foi atendida pola maioría dos municipios da comarca de Pontevedra. Así, dos 14 concellos que forman parte da área de influencia da capital, un total de dez rebaixaron a súa débeda durante o pasado ano, outros dous mantivéronse sen ter que devolver ningún tipo de préstamo e tan só dous, Poio e Caldas de Reis, incrementaron a cantidade que deben devolver aos bancos.
A pesar de que a maioría dos municipios rebaixaron as cantidades que deben por préstamos, segundo os datos feitos públicos polo Ministerio de Economía e Facenda, os concellos da comarca aínda sumaban unha débeda viva que supera os 56,2 millóns de euros a 31 de decembro de 2010, o que en conxunto supón 939.000 euros máis que a finais do exercicio de 2009.
A maior parte desta débeda, como é lóxico, corresponde ao Concello de Pontevedra, que segundo o Ministerio contaba a finais do pasado ano cun debe consolidado de 21,3 millóns de euros. No entanto, a capital da provincia é, xunto Vigo, a cidade galega cun menor nivel de endebedamento xa que este non supera os 260 euros por habitante, moi por baixo da media estatal que se sitúa nos 613 euros de media per capita. Ademais, segundo estes datos, o pasado ano logrouse reducir a cantidade debida en 1,3 millóns de euros con respecto a 2009.
E é que se se compara endebedamento con poboación, o concello que máis diñeiro debe aos bancos da comarca sería o de Sanxenxo. Alí a débeda sitúase ao redor dos 12 millóns de euros. É dicir, uns 686 euros por habitante, lixeiramente por encima da media estatal. Con todo, cabe destacar que o concello sanxenxino tamén logrou reducir a débeda o pasado ano en 1,8 millóns de euros.
Barro tamén logrou rebaixar lixeiramente as cantidades a devolver aos bancos e que quedan fixadas en 685.000 euros (171 por habitante). Igualmente sucede con Cuntis (con 102.000 euros de débeda, 20 por habitante), Marín (con 2,4 millóns e 94 euros por habitante), A Lama (que resolve a súa débeda e queda con cero no seu debe), Moraña (con 382.000 euros, 76 por habitante), Portas (que ten 416.000 euros de débeda, 138 por habitante), Ponte Caldelas (con 1,1 millóns e 190 euros por persoa) e Vilaboa (con 618.000 euros por devolver aos bancos, uns 107 euros por habitante).
Tan só dous concellos incrementaron a súa débeda viva. Trátase de Poio, onde a débeda pasou dos 8,9 millóns de 2009 aos 9,3 actuais e que presenta a segunda taxa máis elevada de endebedamento por habitante da comarca, 580 euros.
Tamén Caldas aumentou lixeiramente os seus préstamos, pasando de 2,65 a 2,7 millóns, segundo o Ministerio. Aínda así, a débeda por habitante é de 270 euros por caldense.
Por tanto, os concellos da comarca deberán seguir apertándose o cinto nos próximos anos se quere seguir rebaixando a súa débeda, que representa o 32% dos 170 millóns que teñen que devolver aos bancos os municipios da provincia.

O parque natural da Barosa desvela a súa nova face antes de concluír a súa reforma

Os veciños de Barro, os peregrinos que cada día percorren o Camiño de Santiago e todos aqueles que circulen pola estrada N-550 á altura do parque natural da Barosa, en Barro, son testemuñas de primeira man do cambio experimentado por este espazo debido ás obras de rehabilitación da súa contorna que se están executando desde o pasado mes de febreiro e que agora entrarán na súa recta final.

Así, na gran zona axardinada que linda co viario xa ven as novas árbores e os carreiros circulares e adivíñase o céspede brotando da terra, unha imaxe moi distinta do vertedoiro de meses atrás, durante a paralización dos traballos.

(Máis información na nosa edición impresa do domingo, 5 de xuño)

“ En la parroquia de San Verísimo de Barro, a veintidós de octubre de mil ochocientos noventa y siete….”

Así de este modo comenzaba el documento notarial manuscrito en muy bonita letra que llegó a mis manos por el año 1963 , cuando yo tenía solo 18 años.
Nací en 1945 en Bahía Blanca , Provincia de Buenos Aires en la República Argentina y en el 1951 falleció mi padre, Fernando.
La suerte quiso que una tía, soltera ella ,viviera varios años más en nuestra casa y se encargara de relatarme algo de la historia de mis abuelos gallegos.

Mi abuelo , José Monteagudo Fariña, nació en Barro, provincia de Pontevedra, el 30 de Noviembre de 1862.
Mi abuela , Esperanza Rivademar Romero , también Gallega, era de la Coruña, de Porto do Son, lugar donde vino al mundo en 1867.
Aparentemente, el abuelo José era labrador, o por lo menos ese era el oficio que declaró cuando en 1881 fue llamado para, por ocho años, cumplir con la patria en el 2º Regimiento del Cuerpo de Infantería de Marina en Ferrol, (estos datos constan en una libreta de enrolamiento donde, además de sus señas particulares, ej. Altura 1668 milímetros, también le debitaban de sus magros haberes, las raciones de pan que le correspondían , la vestimenta provista, y hasta los días ocupando cama en el hospital por alguna dolencia de aquellos tiempos) .

No debe haber sido buena la experiencia militar, ya que a poco de retornar a la vida civil y siguiendo los pasos de otros compatriotas, emprende el quimérico éxodo hacia América, donde presagiaba que su suerte cambiaría. Tal vez en aquellos años la calidad de vida fuera algo mejor en Argentina que en su tierra gallega, pero lo cierto es que debió trabajar muy duro para ganarse el sustento.

En medio de su aventura y para combatir el desarraigo, se enamora de su compatriota y, el 25 de agosto de 1898, se casan en Buenos Aires iniciando una nueva familia como se estilaba por entonces , numerosa. Así, vinieron al mundo Cesáreo, Julia, Manuel , José, Evangelina , y Fernando , mi padre.
Todos ellos lucharon junto a sus padres para ganarse el pan de cada día , y varios crudos inviernos del Patagónico sur de la provincia de Buenos Aires, los encontraron cuidando las majadas de ovejas que luego en verano esquilaban para vender la lana a fuertes acopiadores, quienes generalmente pagaban menos de lo que correspondía .

Luego, en 1914, la añoranza de su terruño gallego lo incita a volver a España, por lo cual y ya fortalecido económicamente junto a su esposa, los tres hijos menores y dos sobrinos (que declara como hijos en el pasaporte) y a los que también crían, vuelven a Barro, donde mi padre, de escasos diez años, oficiaría de monaguillo en San Verísimo. El abuelo alentado por sus hermanos , monta un pequeño almacén sobre lo que es hoy la ruta 550, a la vera del Rio Barosa. Este emprendimiento no dio buen resultado y, sumado a noticias de problemas en su hogar de Argentina, hacen que el 1º de febrero de 1918, a bordo del vapor Santa Isabel zarpen, para ya no volver, desde Vigo rumbo a Buenos Aires.
Poco tiempo después , en 1920, el abuelo fallece en su patria adoptiva , quizá dedicando sus últimos pensamientos a la tierra que lo vio nacer y donde algunos de sus hermanos descansan eternamente en el pequeño cementerio , al amparo de San Verísimo.

Mi viaje:
Mi obsesión por conocer España me acompañó desde pequeño, y ese documento manuscrito redactado en una iglesia ; donde aparecían nombres desconocidos y lugares extraños , certificando compromisos , que sin duda perduraban a pesar del tiempo, me transportaba a lugares ignotos donde intuía que algo o alguien  me permitiría reconstruir parte de la historia desdibujada ya por los años.

Por el 2001, hacía muy poco que había dejado mi trabajo en una gran Empresa de productos alimenticios y con algunos ahorros , (ya con 55 años a cuesta), y el apoyo de mi familia, (especialmente mi esposa Alicia, quien sabía muy bien que mi sueño era viajar a España), programamos junto a José, un querido primo, el tan ansiado viaje.
Debo aclarar aquí, que la mayoría de los argentinos tenemos ancestros europeos, comunmente españoles e italianos, aunque también los hay y en cantidad quienes descienden de sirios, libaneses , alemanes, rusos etc. Por eso es que nunca perdemos el deseo de indagar en busca de nuestros orígenes.

Partimos en marzo desde Buenos Aires, llegamos a Barajas , y un día después , ansiosamente, en tren rumbo a Pontevedra.
Luego de tomar Hotel y amparado en mi real ignorancia y desconocimiento pregunté si ese lugar donde habría vivido mi abuelo aun existía , la respuesta me sorprendió ya que según me informaban, Barro era San Antonino y si tomaba un autobús allí cerca , en poco tiempo se llegaba.
No todo es como uno quiere; era un domingo, lluvioso, el camino bonito y serpenteante y un chófer que me pregunta: – Dónde quiere bajar? , obviamente , yo imaginaba otro lugar, y me preocupó ver que estábamos en la carretera y rodeados de algunas casas desperdigadas. Tomamos coraje , bajamos y caminamos en el mismo sentido , bajo la lluvia.  Alguien a quien consultamos nos indicó que fuéramos al Concello, un bonito edificio que al llegar encontramos cerrado. Un vecino solícito comentó: “ hombre, como se les ocurre venir un domingo”.
Algo mojados y muy decepcionados cruzamos la carretera para esperar el autobús y volver a Pontevedra, pero en un último intento se me ocurre preguntar en un bar, (donde aprovechamos a desayunar).  Aquí en este viejo documento figura un paraje , La Seca, ¿sabe si aún existe?. – Amablemente me informan que si, que siga subiendo la cuesta que por allí está. El corazón a esa altura ya me latía desordenadamente, y más aún cuando más adelante vuelta a preguntar me informan , allá es La Seca y creo que vive alguien con su mismo apellido.

La Familia:
Un paisaje de ensueño, río, cascada, montaña, y allá en la cima el campanario de una capilla.
Una casa de dos plantas, escalera hacia la entrada y un gato nada receloso permitiéndome acercar.
Nadie sale al llamar , y al bajar una vecina me interroga : ¿A quién busca?, yo digo; no lo tengo muy claro… a la gente de aquí. Ella me responde , están en misa. Y ante mi sorpresa mirando hacia la montaña a sus espaldas dice: allí arriba en San Verísimo.

Mi emoción iba en aumento, había viajado más de 10.000 kilómetros…, pero estaba pisando ya tierras de mis ancestros.
Minutos después se acerca una señora mayor y tras ella, su esposo. Yo con respeto pido permiso para mostrarle los viejos papeles que llevaba, y ella sin desconfiar me escucha mientras mira el antiguo pasaporte con la foto de mi abuelo; luego llama a su esposo, me toma del brazo y evidentemente emocionada dice : mira Manuel , este señor y yo somos primos , nuestros abuelos eran hermanos.
Se me escaparon algunas lágrimas, y no era para menos, por fin , había encontrado a mi familia gallega.
Más tarde pude conocer la casa de mi abuelo que aún permanecía en pie, casi derruida frente a la carretera; hacía muchos años que estaba sujeta a expropiación y al poco tiempo fue demolida.
Volví en el 2006 , y ya no me sentía un extraño, Galicia se había instalado para siempre en mi corazón.

Con todo mi cariño para Amparo, Manuel, María Teresa , Manolo y toda la querida familia de Paraje La Seca (8) , Barro.

César Alberto Monteagudo, Bahía Blanca .

Argentina , 31 de Mayo de 2011

 

Grazas Alberto, por esta historia tan fermosa. E se alguén quere narrar a súa , que  se anime e que nola faga chegar, e publicarémola.