Os veciños de Barro, os peregrinos que cada día percorren o Camiño de Santiago e todos aqueles que circulen pola estrada
N-550 á altura do parque natural da Barosa, en Barro, son testemuñas de primeira man do cambio experimentado por este espazo debido ás obras de rehabilitación da súa contorna que se están executando desde o pasado mes de febreiro e que agora entrarán na súa recta final.
Así, na gran zona axardinada que linda co viario xa ven as novas árbores e os carreiros circulares e adivíñase o céspede brotando da terra, unha imaxe moi distinta do vertedoiro de meses atrás, durante a paralización dos traballos.
(Máis información na nosa edición impresa do domingo, 5 de xuño)