Adxudicado o proxecto dun muro de contención no Briadoiro

A Xunta de Goberno Local de Barro adxudicou o proxecto “Muro de contención en Briadoiro”.
Pedíuselle que presentaran oferta a cinco empresas de Barro, duas delas fixeron a oferta mais baixa, 4.800 euros mais iva (5.808), e foi adxudicada por sorteo á empresa de D. José Luís Outeda Outón.
As obras consisten na construcción dun muro de contención e a reposición do firme da estrada.

muro briadoiro

A ALFOMBRA MÁXICA.

ESTE SÁBADO 14 DE MAIO ÁS 12:00 NO SALÓN DE ACTOS DA BIBLIOTECA DE BARRO. “A alfombra máxica” é un prelibro onde a artista plástica convida aos e ás máis pequenas a mergullarse nunha viaxe sensorial.

A ALFOMBRA MÁXICA.
Cultura no Camiño 2016. TEATRO para BEBÉS 0 a 3 anos.
Sábado 14, ás 12:00h. Salón de actos da Biblioteca P.M. de Barro.
Compañía: BABALUVA TEATRO
Prezo: entrada gratuíta ata completar aforo.
Organiza: Concello de Barro
Colabora: Agadic (Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria) Turismo de Galicia.

MONÓLOGO DE CARLOS BLANCO E CELSO SANMARTÍN

O domingo 29 de maio ás 19:30 poderemos botar unhas risadas en Barro con Carlos Blanco e Celso Sanmartín.

As entradas anticipadas estarán á venda a partir do martes día 10 nos locais indicados.

FB_IMG_1462833311563

Concerto”Unha noite de amor con Lela”

“Unha noite de amor con Lela” ás 20h no Pazo da Crega, o día das Letras Galegas..

concerto banda musica barro

OBRADOIRO DE CONTACONTOS

contacontos

VEN A ESCOITAR CONTOS Á BIBLIOTECA

dandolle a lingua

EXPOSICIÓN DE BONSAIS

albun

bonsais

Halle de servir, ha, si señor. Que ll’é dos Amores.

_20160505_224756

_20160505_224659

 

Candidaturas do VIII Premio MIMI ao Persoeiro do Ano.

http://oblogdemimi.blogspot.com.es/

premio mimi barro

Os veciños de Barro denuncian que o abastecemento de auga de Sacyr en San Amaro está sen legalizar

PORTADA faro-de-vigo

“De momento seguimos tendo auga, pero estamos coa incerteza de que en calquera momento déixannos sen ela e non nos podemos facer cargo do depósito como pretenden”. Desta forma resumía José Fernández, un dos afectados, a situación que están a vivir as 15 familias de San Amaro en Barro logo de que se cumprise o prazo de 12 días de advertencia por parte da empresa Sacyr de deixarlles sen subministración de auga se non se facían cargo do mantemento do depósito que a construtora realizou hai 8 anos tras secar os acuíferos da zona na obra da construción do túnel da AVE.

Se os afectados reclamaban que o alto custo do mantemento dos bombeos do depósito facía inasumible economicamente facerse cargo, agora engádeselle a ilegalidade da obra. O propio alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes confirmaba aos veciños as súas sospeitas de que Augas de Galicia non ten constancia da existencia de tal subministración e que só se tramitou no seu día o permiso a captación dun manancial.

A efectos prácticos, isto indica que os veciños se han esta do abastecendo dun sistema non legalizado de distribución de auga. Na infraestrutura, o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif), conta cun depósito de auga, necesario para utilizar no caso de que se produza unha emerxencia no interior do túnel, á que tampouco lle consta á autoridade competente.

“Quérennos entregar algo que non podemos asumir economicamente, que non nos compensa o servizo que tiñamos antes da obra e que ademais está ilegalizado”, comenta Fernández, o veciño afectado, que ve máis problemas na entrega deste depósito como sería a propia leira na que está situado. “O terreo é dun particular e no seu día mesmo o pagaron ben, pero en calquera caso non é noso”, sinala.

Mais información preme no enlace:

http://galego.farodevigo.es/portada-pontevedra/2016/05/05/vecinos-barro-denuncian-abastecimiento-agua/1454962.HTML

san amaro

 

MAIO EN BARRO

FB_IMG_1462393376418

I BAIXADA DE CARRILANAS DE CAMPODEIRA BARRO

FB_IMG_1462383398369

ENCONTRO ABERTO PARA FALAR DO PROCESO ADIANTE

O vindeiro 7 de maio haberá un Encontro Aberto para falar do Proceso Adiante. Un encontro para falar do nacionalismo, analizar as súas eivas e achegar novos puntos de vista.

adiante bng

Dándolle á lingua. Barro-maio 2016

1

2

3

4

30 novos colectores de orgánicos para mellorar a recollida de lixo en Barro

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

O Concello de Barro está realizando diferentes actuacións para mellorar a recollida municipal de lixo, entre as que está previsto que nos vindeiros días se instalen 30 novos colectores de orgánicos en varias zonas do municipio en sustitución dos actuais que se encontran en mal estado.

Ademais, está previsto aumentar o número dos recipientes específicos para o cartón e, froito dunha mellora conseguida na compra deses 30 colectores, a empresa Urbaser realizará unha limpeza de todos os depósitos de lixo e irá anclando contendores das illas de reciclaxe ao longo do ano. A serie de actuacións completarase coa adquisición de tres marquesinas.

Con estas medidas, a Concellería de Servizos, que dirixe José Sanmartín, avanza na idea de recuperar e reciclar como medida de aforro e así poder estabilizar os custes da recollida do lixo e o seu tratamento. Nunha decidida aposta pola compostaxe, o obxectivo é darlle aos veciños alternativas ecolóxicas para os residuos.

http://pontevedraviva.com/xeral/27815/30-nuevos-contenedores-organicos-mejorar-recogida-basura-barro/

camion basura barro