O silencio da Administración crispa os ánimos en San Amaro

la voz
Pasou máis dun mes desde que Sacyr comunicou ao Concello de Barro que deixaría de manter o depósito de auga que abastece a quince familias de San Amaro, despois de que as obras do AVE secasen os seus pozos caseros. Fai tres semanas cumpriuse o prazo dado por Sacyr pero a auga continúa saíndo dos grifos. Os afectados aseguran estar vivindo na total incerteza tras tratar de contactar vía postal co Adif e o Ministerio de Fomento, sen resultado algún.
«Dixeron que iamos quedar sen auga», explica José Fernández, un dos afectados. «O certo é que realmente nunca nos dixeron nada porque o comunicado foi directo para o Concello e os veciños, os afectados, seguimos sen os nosos pozos, sen a nosa auga, cun depósito deficiente e coa ameaza de que será pechado pronto».
Os veciños da zona sempre se queixaron de non ser compensados trala perdida dos seus pozos pero, polo menos, Sacyr correu cos gastos de mantemento e funcionamento dun depósito construído tras iso. Para a súa desgraza, os afectados decatáronse, tralo revuelo da ameaza de corte, de que a construción era ilegal e que non estaba rexistrada en Augas de Galicia, o que non aseguraba a calidade da auga. Ademais, o servizo sempre foi «pésimo», nas súas palabras, cortándose por horas, «día si e día tamén».
«Nin Fomento, nin o Adif contestaron as nosas cartas. Tampouco as enviadas polo Concello», afirma Fernández. «O tempo pasa e cada vez estamos máis cansos de ter medo a chegar un día e comprobar que non temos auga ata sabe Deus cando».

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s