Un exedil conservador ao que o seu partido recorda con agarimo

_20180113_095043

D.E.P.D. ARTURO GARCÍA RUIBAL

_20180111_091155

OFERTAS DE EMPREGO EN BARRO

VIGILANTE DE SEGURIDAD

  • Salario no disponible
  • Experiencia mínima: no requerida
  • Tipo de oferta: otros contratos, jornada indiferente

Requisitos

  • Estudios mínimos

    Otros cursos y formación no reglada

  • Experiencia mínima

    No Requerida

Descripción

Se necesitan vigilantes de seguridad para trabajar en un servicio de vigilancia en la provincia de pontevedra.
Requisitos minimos estar en posesión de la T.I.P, curso de vigilante de seguridad o certificados de profesionalidad de vigilante de seguridad

O PP culpa a Abel Caballero do rexeitamento da Deputación á comarcalización dos bombeiros

O Partido Popular culpou ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, do rexeitamento da Deputación de Pontevedra á comarcalización dos parques municipais de bombeiros.

Ante a porta de acceso ao Parque de Bombeiros de Pontevedra compareceu este martes o portavoz do grupo provincial do Partido Popular, Ángel Moldes xunto aos alcaldes populares da Lama e Campo Lameiro, a alcaldesa de Moraña e os portavoces municipais do PP nos concellos de Ponte Caldelas, Barro, Marín, Soutomaior e Poio.

Os populares sinalaron ao parque local pontevedrés como “o exemplo máis claro de que a comarcalización deste parque é o idóneo para dar cobertura a aqueles  concellos afectados” e que poderían dispoñer dun servizo de emerxencias en menor tempo.

Máis información preme no enlace :

http://pontevedraviva.com/xeral/42552/pp-culpa-abel-caballero-rechazo-deputacion-comarcalizacion-parques-bomberos/

_20180110_093036

Unha veciña de Barro presenta alegacións ao orzamento para que se cumpra unha sentenza urbanística

A non inclusión no orzamento de Barro para 2018 dunha partida específica para a demolición da ponte sobre o Rego Areal, en San Antoniño, motivou a presentación de alegacións ás contas por parte dunha veciña do municipio.

Patricia Eirín Carreira solicita que se cumpra coa sentenza da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU), á que que recorreu no seu momento e que en 2014 ditou unha sentenza que obriga á reposición dos terreos afectados ao seu estado orixinal ao entender que as obras non se adecuaban á legalidade urbanística vixente.

“O pasado mes de setembro a APLU dirixiu un escrito ao Concello de Barro no que se reitera”, asegura Erirín.

Por todo iso esta veciña solicita que se inclúa unha partida específica a este fin. Segundo unha valoración elaborada por unha “técnica competente”, asegura que as obras de demolición da ponte ascenderían a 155.668 euros.

Nas súas alegacións á sentenza da APLU, o Concello de Barro argumentou que a actuación denunciada estaba amparada por un expediente de modificación puntual do PXOM para adecuar a estrutura viaria da zona aos desenvolvementos residenciais. Ademais sinalou que no momento de incoar expediente urbanístico transcorrera o prazo máximo de seis anos establecido para ese efecto desde a finalización dos traballos.

http://pontevedraviva.com/xeral/42515/vecina-barro-presenta-alegacions-orzamento-cumpra-sentenza-urbanistica/

ponte

 

PRESENTACIÓN DOS EQUIPOS DO BARRO C.F.

Presentación dos equipos do Barro C.F. e despois derbi por todo o alto diante dos veciños de Romai , líder da categoría.

FB_IMG_1515241633085

O viveiro de Barro, a un 10% de quedar totalmente ocupado

Seis empresas que se dedicarán á fabricación de pezas de precisión, á compra-venda de vehículos, á distribución e aplicación de produtos para a construción, á fabricación de obleas de sabores, á comercialización de tecnoloxía sanitaria e á venda de repostos e accesorios para maquinaria pesada. Estes son os seis novos negocios que se van instalar no viveiro de empresas do Polígono de Barro despois de que a Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada polo deputado provincial Carlos López Font, asinase os contratos de cesión de espazos para a súa instalación no Polígono. Con estas novas adxudicacións, sinalou Carmela Silva, “xa están ocupadas todas as 16 naves do viveiro e un total de 19 das 24 oficinas”. Isto, en porcentaxes, tradúcese no “100% das naves e o 79% das oficinas, isto é, o 90% do total dos espazos” dos que dispón o viveiro de empresas de Barro, informou a Presidenta provincial.

A empresa de Mª del Pilar Alonso Montes, que ocupará unha nave, dedicarase á “fabricación de obleas de distintos sabores que van ter distintos recursos relacionados do Camiño de Santiago, o que significa que o propio Camiño está a ser un movemento xerador de empresas de distintas empresas, o que me resulta especialmente prometedor”, sinalou Carmela Silva. Deste xeito, “o Camiño xa está a ser capaz de xerar moitas empresas e servizos, non só da propia hostalería ou restauración”, asegurou a Presidenta provincial.

A Presidenta tamén sinalou o proxecto de José Carlos Martínez Blanco (“Paumar Technology Consulting, S.L.“), dedicado á fabricación, deseño e comercialización de tecnoloxía (sistema sanitario e sistemas infantís) e que ocupará unha oficina. “Esta empresa é moi novidosa”, asegurou Carmela Silva, “está traballando con Telefónica, Microsoft, a fundación Pascual Maragall e coa asociación Reina Sofía para investigar sobre un procedemento que, de estar hoxe en funcionamento, tería permitido que 215 persoas que faleceron por mor de enfermidades ligadas ao Alzheimer non falecesen”. Este “proxecto tan relevante” presentarase en abril, avanzou Carmela Silva, “para dar resposta a enfermidades que cada vez sofren máis persoas”.

Ademais, a emprendedora María Ángeles Fernández Rodríguez instalarase cunha empresa de compra-venda de vehículos e ocupará unha nave. O empresario Javier Agrelo Bea, pola súa banda, cunha empresa dedicada á fabricación mediante mecanizado CNC de pezas de precisión (automoción, aeronáutica e máquinas especiais), ocupará dúas naves. Enrique Zamira Abuín, con “Sumibérica Productos Químicos para la construcción, S.L.“, dedicarase á distribución e aplicación de produtos para a construción, para o que ocupará dúas naves e dúas oficinas. Por último, Jorge Camilo Sabarís González de “Savid Repuestos, S.L.” instalará esta empresa dedicada á venda de repostos e accesorios para maquinaria pesada e camións de carga, ocupando unha nave e unha oficina.

https://www.depo.gal/web/edepo/-/noticia-carmela-silva-confirma-que-o-viveiro-de-empresas-de-barro-xa-ten-o-100-das-naves-adxudicadas

VIVEIRO

BAILE DE REIS

Baile de Reis, mañán domingo, na Nave da Música ás 19:00h. co dúo Marema.

FB_IMG_1515240435547

Sacrifican un cabalo que o seu dono tiña desnutrido e moribundo nun cortello de Barro

En avanzado estado de desnutrición. Así atopou a Garda Civil a un cabalo en Barro. O seu dono, que o mantiña moribundo e en condicións precarias nun cortello, está a ser investigado por un delito de malos tratos animais.

O instituto armado, a través do Seprona, recibiu unha alerta a través do teléfono 062no a que se informaba das críticas circunstancias nas que se atopaba o equino.

O animal estaba nunhas deplorables condicións hixiénico-sanitarias nun galpón en ruínas contiguo á vivenda do seu propietario.

O cabalo estaba semienterrado no seu propio esterco e coas patas dianteiras aprisionadas entre o muro que facía de peche e un dos postes do enreixado da cuadra.

Coa axuda de varios veciños, os axentes lograron rescatar ao animal e procurarlle as primeiras atencións ata a chegada dunha veterinaria que, finalmente, decidiu sacrificalo para evitarlle o sufrimento que estaba a pasar

O propietario do cabalo, un mozo de 26 anos veciño de Barro, recibiu xa a notificación de investigado. Deberá comparecer no xulgado de instrución de garda de Pontevedra.

http://pontevedraviva.com/xeral/42485/sacrifican-caballo-dueno-tenia-desnutrido-moribundo-cuadra-barro/

_20180105_194920

PROCESO DE SELECCIÓN DE DIRECTOR PARA A BANDA DE MÚSICA XUVENIL DE BARRO

FB_IMG_1515161965328

Manda a túa proposta “X PREMIO MIMI”

premio mimiRecibimos un correo electrónico que nos fixo moita ilusión. Trátase dunha invitación dos alumnos de 5º de primaria do CEIP amor Ruibal para que presentemos un candidato@ para o X premio “MIMI “ao personaxe do ano”.

A súa finalidade é recoñecer e premiar a aqueles personaxes da comunidade que na súa vida utilicen e fomenten o idioma galego e a súa cultura.

O premio MIMI consiste nunha figura en madeira realizada polo artista local Francisco José Rodríguez Remiseiro, baseada no debuxo da exalumna Aroa Outón do logotipo do CEIP “Amor Ruibal”, e seralle entregado ao/á gañador/a en maio do 2018 no marco da celebración das Letras Galegas.

Desde Novas de Barro queremos facer participes a todos os seguidores do noso blog na elección do nos@ candidat@.

Así que pensalo ben e mandarnos unha proposta a novasdebarro@gmail.com ou unha mensaxe ao Facebook antes do 26 de xaneiro.

Cos nomes dos persoeiros recibidos faremos unha enquisa, e despois enviaremos o gañador ou gañadora.para que entre @s candidat@s que envíen as demais institucións públicas e as asociacións culturais e deportivas, @s alumn@s do CEIP “Amor Ruibal” avaliarán os méritos d@s candidat@s e decidirán, mediante voto secreto, o gañador ou gañadora.

Premiados en anos anteriores:

IX PREMIO MIMI 2017: María Campos e Carlos Yuste de MIGALLAS teatro.

VIII PREMIO MIMI 2016: Grupo “PÁRAMO PICTURES, produtora independente lucense”

VII PREMIO MIMI 2015: Grupo “OS DA RÍA”

VI PREMIO MIMI 2014: A cantautora coruñesa Mª Xosé Silvar “SÉS”

V PREMIO MIMI 2013: A rapeira viguesa AÍD

IV PREMIO MIMI 2012: Pili, a educadora social do Concello de Barro.

III PREMIO MIMI 2011: Cantereiras de Ardebullo,

II PREMIO MIMI 2010: Xabarin club

I PREMIO MIMI 2009: Ezequiel Mosquera .

 

 

BOLETÍNS DE EMPREGO

pdf

Boletín de ofertas de emprego da Axencia Local de Colocación de Santiago. 02/01/2018

Boletín Ponteemprego do Proxecto ILES. 3/01/2018

A diseñadora Luz Prado, natural de Barro, presentará a súa nova colección no certamen de moda de Camariñas

O Concurso de Noveis Diseñadores de Moda que se convoca en paralelo á Mostra do Encaixe de Camariñas será este ano especial. O certamen cumpre nada menos que 25 anos, tres menos que a propia Mostra, que se celebrará do 28 de marzo ao 1 de abril do 2018. Sandra Insua Rial, concelleiro responsable da Mostra e a edila de Servizos Sociais, Igualdade e Promoción do Encaixe deu a coñecer onte aos mozos diseñadores finalistas, que chegan desde distintos puntos de Galicia, pero tamén do resto de España e ata doutros países, como é o caso de Portugal.

MAIS INFORMACIÓN PREME NO ENLACE:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/camarinas/2017/12/16/camarinas-jovenes-disenadores-finalistas/0003_201712C16C11995.htm

luz prado

 

Hoxe 17:30 as Súas Maxestades de Oriente visitarán Barro

A chegada das Súas Maxestades ao Pazo da Crega no Concello de Barro está prevista para as 17:30 horas, onde haberá unha actuación do Grupo de Danzas Amor Ruibal. Ás 18:30 horas, sairá a cabalgata dende o pazo, se o tempo o permite, ata a Nave da Música, onde Melchor, Gaspar e Baltasar recibirán aos nenos e lles farán entrega dun agasallo.

Ademais, haberá animación musical e farase entrega de premios dos concurso de postais e o sorteo da campaña Merca en Barro. Ao remate, repartirase chocolate con rosca a todas as persoas que asistan a esta festa.

FB_IMG_1515138215466

A Deputación fai entrega dunha nave no polígono de Barro a Carlos Conde, gañador do premio de AJE Pontevedra

O deputado de Innovación e Promoción Económica, Javier Dios, acudiu hoxe no polígono industrial de Barro, xunto ao presidente de AJE Pontevedra Pablo Fernández, ao acto de entrega da nave que lle corresponde a Carlos Conde como gañador do premio Novo Empresario do Ano 2017.O beneficiario desta nave durante un ano é Carlos Conde, propietario dunha cadea de barberías para homes que abriu o seu primeiro establecemento hai vinte anos. Actualmente conta cunha trintena de barberías en Galicia, Asturias, Castela e León, Madrid, Comunidade Valenciana, Castela A Mancha e Estremadura.

O premio que obtivo o empresario, que fora anunciado no mes de novembro, consistía nunha nave ou oficina no polígono industrial de Barro durante un ano, prorrogable a dous, ademais dun computador persoal, unha bolsa para cursar un MBA, un ano de afiliación a AJE Pontevedra e unha escultura conmemorativa.Pola súa banda, o propietario de Carlos Conde sinalou que “este espazo necesitabámolo porque tiñamos unha nave que xa nos quedaba pequena e virá moi ben para almacenar stock de mobiliario e produtos que empregamos diariamente nos nosos locais.”

O Premio “Xove empresario do Ano”, impulsado por AJE Pontevedra, ten por obxectivos promover a cultura emprendedora, a innovación empresarial, a creación de emprego e a internacionalización das pemes, galardoando a aquelas persoas emprendedoras mozas que contribúen a crear riqueza e emprego na nosa provincia.  Así, serán obxecto de galardón as ideas de negocio lideradas pola mocidade da nosa provincia e que sexan viables técnica e economicamente.

https://www.depo.gal/web/edepo/-/noticia-a-deputacion-fai-entrega-dunha-nave-no-poligono-de-barro-a-carlos-conde-ganador-do-premio-de-aje-Pontevedra

carlos conde