A Deputación fai entrega dunha nave no polígono de Barro a Carlos Conde, gañador do premio de AJE Pontevedra

O deputado de Innovación e Promoción Económica, Javier Dios, acudiu hoxe no polígono industrial de Barro, xunto ao presidente de AJE Pontevedra Pablo Fernández, ao acto de entrega da nave que lle corresponde a Carlos Conde como gañador do premio Novo Empresario do Ano 2017.O beneficiario desta nave durante un ano é Carlos Conde, propietario dunha cadea de barberías para homes que abriu o seu primeiro establecemento hai vinte anos. Actualmente conta cunha trintena de barberías en Galicia, Asturias, Castela e León, Madrid, Comunidade Valenciana, Castela A Mancha e Estremadura.

O premio que obtivo o empresario, que fora anunciado no mes de novembro, consistía nunha nave ou oficina no polígono industrial de Barro durante un ano, prorrogable a dous, ademais dun computador persoal, unha bolsa para cursar un MBA, un ano de afiliación a AJE Pontevedra e unha escultura conmemorativa.Pola súa banda, o propietario de Carlos Conde sinalou que “este espazo necesitabámolo porque tiñamos unha nave que xa nos quedaba pequena e virá moi ben para almacenar stock de mobiliario e produtos que empregamos diariamente nos nosos locais.”

O Premio “Xove empresario do Ano”, impulsado por AJE Pontevedra, ten por obxectivos promover a cultura emprendedora, a innovación empresarial, a creación de emprego e a internacionalización das pemes, galardoando a aquelas persoas emprendedoras mozas que contribúen a crear riqueza e emprego na nosa provincia.  Así, serán obxecto de galardón as ideas de negocio lideradas pola mocidade da nosa provincia e que sexan viables técnica e economicamente.

https://www.depo.gal/web/edepo/-/noticia-a-deputacion-fai-entrega-dunha-nave-no-poligono-de-barro-a-carlos-conde-ganador-do-premio-de-aje-Pontevedra

carlos conde

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s