O viveiro de Barro, a un 10% de quedar totalmente ocupado

Seis empresas que se dedicarán á fabricación de pezas de precisión, á compra-venda de vehículos, á distribución e aplicación de produtos para a construción, á fabricación de obleas de sabores, á comercialización de tecnoloxía sanitaria e á venda de repostos e accesorios para maquinaria pesada. Estes son os seis novos negocios que se van instalar no viveiro de empresas do Polígono de Barro despois de que a Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada polo deputado provincial Carlos López Font, asinase os contratos de cesión de espazos para a súa instalación no Polígono. Con estas novas adxudicacións, sinalou Carmela Silva, “xa están ocupadas todas as 16 naves do viveiro e un total de 19 das 24 oficinas”. Isto, en porcentaxes, tradúcese no “100% das naves e o 79% das oficinas, isto é, o 90% do total dos espazos” dos que dispón o viveiro de empresas de Barro, informou a Presidenta provincial.

A empresa de Mª del Pilar Alonso Montes, que ocupará unha nave, dedicarase á “fabricación de obleas de distintos sabores que van ter distintos recursos relacionados do Camiño de Santiago, o que significa que o propio Camiño está a ser un movemento xerador de empresas de distintas empresas, o que me resulta especialmente prometedor”, sinalou Carmela Silva. Deste xeito, “o Camiño xa está a ser capaz de xerar moitas empresas e servizos, non só da propia hostalería ou restauración”, asegurou a Presidenta provincial.

A Presidenta tamén sinalou o proxecto de José Carlos Martínez Blanco (“Paumar Technology Consulting, S.L.“), dedicado á fabricación, deseño e comercialización de tecnoloxía (sistema sanitario e sistemas infantís) e que ocupará unha oficina. “Esta empresa é moi novidosa”, asegurou Carmela Silva, “está traballando con Telefónica, Microsoft, a fundación Pascual Maragall e coa asociación Reina Sofía para investigar sobre un procedemento que, de estar hoxe en funcionamento, tería permitido que 215 persoas que faleceron por mor de enfermidades ligadas ao Alzheimer non falecesen”. Este “proxecto tan relevante” presentarase en abril, avanzou Carmela Silva, “para dar resposta a enfermidades que cada vez sofren máis persoas”.

Ademais, a emprendedora María Ángeles Fernández Rodríguez instalarase cunha empresa de compra-venda de vehículos e ocupará unha nave. O empresario Javier Agrelo Bea, pola súa banda, cunha empresa dedicada á fabricación mediante mecanizado CNC de pezas de precisión (automoción, aeronáutica e máquinas especiais), ocupará dúas naves. Enrique Zamira Abuín, con “Sumibérica Productos Químicos para la construcción, S.L.“, dedicarase á distribución e aplicación de produtos para a construción, para o que ocupará dúas naves e dúas oficinas. Por último, Jorge Camilo Sabarís González de “Savid Repuestos, S.L.” instalará esta empresa dedicada á venda de repostos e accesorios para maquinaria pesada e camións de carga, ocupando unha nave e unha oficina.

https://www.depo.gal/web/edepo/-/noticia-carmela-silva-confirma-que-o-viveiro-de-empresas-de-barro-xa-ten-o-100-das-naves-adxudicadas

VIVEIRO

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s