INSTALACIÓN DA EMPRESA ALIMENTARIA , FROIZ.

Os Socialistas de Barro queremos expoñer o noso posicionamento diante das informaciónssocialistas de barro que nos chegan  respecto a ubicación no Polígono de Barro , dunhas das empresas mais importantes do sector alimentario, FROIZ.  

Creemos que  pode ser un bo motor para o despegue definitivo do parque  industrial de  Barro, chamado a ser un dos  mais importantes de Galicía debido a sua excelente ubicación.  

A chegada de FROIZ é moi importante  para toda a zona de influencia na  que creará moitos postos de traballo  directos e indirectos.

 Consideramos tamén que é unha mágoa que dende a Diputación non se tiveran tomado outras medidas con tanta celeridade, como pode ser a electrificación e o sanemaento de dita superficie, sen esquecernos de que os prezos do metro cadrado era un gran obstáculo para mercar nun polígono inacabado dende o seu inicio no ano  2005.

ELECTRIFICACIÓN DO POLIGONO INDUSTRIAL DE BARRO.

Queremos referirnos a este proxecto tan importante para o futuro do polígono desocialistas de barro Barro, como algo que se debe facer dunha forma moi ordenada, xa que serán moitos metros de linea de alta tensión que transcurrirán polo noso concello. Este Proxecto cruzará  e irá soterrado por moitas zonas e entre elas o camiño de Santiago, ademais doutros viais . Pensamos que  as obras deben ser sostibles e o tempo  deben  aproveitarse  para dar solucións a moitos dos problemas que sufrimos neste concello. Un dos mais importantes é a  falta de   Saneamento , sen olvidar o déficit nas conexions a Internet ao non  dispor de fibra óptica.

 As nosas propostas serían as seguintes.

Aproveitar dende o Concello ditas actuacións e estudiar a fórmula de cómo se podería compatibilizar esta obra e a canalización do saneamento,  así como   poder acercar a fibra óptica aos núcleos de población de Barro. 

 Na zona do CAMIÑO DE SANTIAGO, sería moi interesante darlle un tratamento especial a superficie unha vez rematadas as canlizacións e pensar en facer un pavimentado acorde ao propio camiño, evitando o asfalto e intentando humanizar a zona para que sexa un mellor reclamo turístico , poñendo en valor o Camiño de Santiago.

TEMOS PRAGA DE CORRUPTOS!!

praga corruptos

Planta de compostaxe

Despois de varias informacións confusas respeto a planta de compostaxe e a sua posible socialistas de barroubicación no Concello de Barro, queremos dar a nosa opinión como agrupación política e asimesmo como Grupo municipal do PSdG de Barro.  Diante do acordo que subscribe PP-BNG  para levar a cabo esta planta de compostaxe, queremos deixar claro dous puntos:

 Primeiro:  O proxecto que tentan formalizar os grupos do  PP e BNG na Deputación Provincial,   non ten ningún plan de viabilidade e só se ampara  nun xenérico estudio da Deputación que xa astutamente nos mete a tod@s nun plan provincial de recollida de residuos que asinan mais de 20 concellos e que vai facer que o lixo deses concellos vaia a parar a un vertedoiro con diferencias cos que xa conocíamos, pero con idénticas molestias insalubres.  

 Segundo: Os Socialistas de Barro, entendemos que unha das posibles ubicacións que levan saído nos medios, como é o Polígono de Barro, non é o lugar mais axeitado para a sua instalación , debido a que sería un gran obstáculo para a dinamización e chegada de novas empresas ao parque empresarial.

 Por  último, según nós consta, ningunha das comunidades de montes do Concello de Barro presentou ningunha oferta de dispoñibilidade  para a sua instalación , aínda sabendo  que lles podía traer certos beneficios económicos e sociais.  Por todo esto consideramos que ademais de non ver viable este proxecto, NON debe ubicarse no noso Concello.

Cambio de ubicación da sede da Agrupación Socialista de Barro

Os socialistas de Barro queremos informar de que mudaremos a ubicación da nosa sede, socialistas de barrodebido a  situación estratéxica como local comercial e  por necesidade imperiosa de ampliar o seu negocio o empresario do local colindante. Despois dunha excelente colaboración e entendemento , chegamos a conclusión,  de que nós non podemos ser un estorbo para o crecemento dun negocio, sabendo que aínda que temos contrato en vigor,  a sede dun partido podémola ubicar noutra parte do pobo sen ningún tipo de problema.  O novo local da Agrupación   ubicárase nun baixo  que está na rúa Baladas, número 4  e que  estará operativa dende o mes novembro para atender calqueira cuestión que nos queiran trasladar @s veciñ@s.

OUTONO COA ASOCIACIÓN CULTURAL BAROSA

magosto barro barosa

CALENDARIO LABORAL DE BARRO 2015

calendario laboral barro

Boletin de emprego PONTEemprego nº 189 de data 29/10/2014

emprego logohttp://www.proxectoiles.eu/PONTEemprego/Boletin/oferta_trabajo_empleo_formacion_curso_pontevedra_%20189_PONTEemprego_data_29-10-2014.pdf

ponteemprego

EXCURSIÓN A OURENSE

EXCURSION A OURENSE

V CONCURSO GASTRONÓMICO DA TORTILLA

concurso gastronomico curro

Catro feridos tras a aterraxe forzosa en Curro dunha avioneta que despegara en Vigo

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

Catro persoas resultaron feridas, tres delas graves, tras aaterraxe forzosa que se viu obrigada a facer o piloto dunha avioneta que despegara esta mañá do aeroporto vigués de Peinador.

O suceso tivo lugar sobre as 12.15 horas deste domingo en Curro (Barro), concretamente nunha zona arborada próxima á conexión da AP9 coa Autovía do Salnés. Na avioneta viaxaban dous homes e dúas mulleres.

Por agora descoñécense as causas que obrigaron a que o aparato fixese esta aterraxe. Si trascendeu que o piloto alertou da emerxencia e informou de que ía proceder a baixar a terra.

A autoestrada AP-9 encóntrase cortada, á altura do quilómetro 119, para proceder ao rescate e evacuación dos feridos. Para iso, dispuxéronse tanto medios aéreos como terrestres.

Ao lugar do accidente desprazáronse os Bombeiros do Salnés, varias patrullas da Garda Civil e efectivos de diferentes agrupacións de Protección Civil, entre elas a de Caldas de Reis.

http://pontevedraviva.com/xeral/15468/catro-feridos-aterraxe-forzosa-curro-avioneta-despegara-vigo/

2

ACCIDENTE DUNHA AVIONETA EN BARRO

Accidente dunha pequena avioneta pegada a AP9 en Barro. Despliegue en marcha para localizar aos ocupantes. Nun principio falan de catro persoas pero este dato está sen confirmar.

2

1

Adxudicadas a Vila Miño S.A., en 1,3 millóns de euros, as obras do viveiro de empresas de Barro-Meis

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

A Xunta de Goberno da Deputación procedeu este venres á adxudicación definitiva das obras do viveiro de empresas de Barro-Meis, por un importe de 1,3 millóns de euros.

Ao concurso presentáronse 17 empresas, sendo a oferta gañadora e polo tanto a adxudicataria das obras,Construcciones Vila Miño S.A.

Con esta adxudicación, a Deputación avanza na creación de condicións favorables para o emprendemento na provincia, ao habilitar dous viveiros de empresas, un en Lalín e outro en Barro-Meis, para acoller proxectos emprendedores. Os dous viveiros póñense en marcha ao abeiro dun convenio de colaboración entre a Administración provincial e o Incyde, que conta cunha dotación económica total de 2,5 millóns.

DESEÑO

No caso do viveiro adxudicado hoxe, situarase nunha parcela de máis de 5.000 metros cadrado do polígono de Barro-Meis e centrará o seu peso nas “naves-nido” para un tipo de proxecto empresarial orientado a produción, a industria, a talleres ou a oficinas.

O deseño do edificio decidiuse por medio dun concurso de ideas, do que resultaron gañadores os arquitectos viguesesJuan B. Pons e Lucas Gándara.

No deseño, os arquitectos combinan a calidade estética cun deseño funcional, que aposta pola flexibilidade e capacidade de adaptación ás necesidades dos emprendedores.

Con este obxectivo, o inmoble terá un carácter modular, para que poida adecuarse aos proxectos que neles se instalen e para poder ser ampliados en caso de necesidade.

http://pontevedraviva.com/xeral/15438/barro-meis-deputacion-vila-mino-vivero-empresas-incyde/

poligono

CAMBIO DE HORA.Ás 3:00 da mañá o reloxo cambiarase ás 2:00 da mañá

O seguinte cambio ( ao horario de Inverno ) producirase:cambio-horario_invierno

Domingo 26 de outubro de 2014

Ás 3:00 da mañá o reloxo cambiarase ás 2:00 da mañá

 Sabías que?
O cambio horario prodúcese dúas veces ao ano e o seu obxectivo é aforrar enerxía.
O cambio de hora é unha medida que se empezou a adoptar durante a Primeira Guerra Mundial.
En España, esta medida lévase adoptando dende 1974, aínda que a última regulación á que nos adaptamos chegou da man da directiva Europea 2000/84, que entre outras cousas unifica os días nos que se producen os cambios de hora en todos os países da Unión Europea, sendo estes o último Domingo de Marzo e Outubro, respectivamente

                                                                                                     

Barro 1945

O CNIG xa ten dispoñibles as fotografías aéreas do voo americano do 1945 (ata agora o máis antiguo era o de 1957).
Velaivan as fotos da zona.
6
5
4
3
1
2
nn