Boletin de emprego PONTEemprego nº 188 de data 22/10/2014

emprego logohttp://www.proxectoiles.eu/PONTEemprego/Boletin/oferta_trabajo_empleo_formacion_curso_pontevedra_%20188_PONTEemprego_data_22-10-2014.pdf

PONTEEMPREGO

OFERTA DE EMPREGO EN BARRO

comercial barro

Novas de Barro Noticias de Barro

novas de barro novas de barro novas de barro novas de barro novas de barro novas de barro novas de barro novas de barro noticias de barro noticias de barro noticias de barro noticias de barro

ASEMBLEA ABERTA do BNG en Barro, este venres 17, ás 20:30 h. na biblioteca.

Vivimos nun tempo no que é preciso mudalo todo. Este sistema maniféstase cada vez máis cruel e inxusto, e a indignación que todos e todas sentimos temos que dirixila a construír un futuro diferente. Por iso, o BNG está a celebrar por todo o País Asembleas Abertas, para que todas aquelas persoas que o desexen poidan ter un espazo de participación, onde manifestar as súas opinións. Se queres compartir con nós as túas preocupacións e propostas, vén e participa na Asemblea Aberta de Barro.
–Xosé Manuel F. Abraldes

barro asamblea novo

 

Can desaparecido en San Antoniño, Barro. COMPARTIR!!!

CAN DESAPARECIDO EN SAN ANTONIÑO.
DESAPARECIDO O 12/10/2014
SE ALGUNHA PERSOA O ATOPA PODE POÑERSE EN CONTACTO CO SEGUINTE Nº DE TELÉFONO: 986711489
GRACIAS

CAN BARRO

AXUDAS BÁSICAS DE EMERXENCIA SOCIAL

axudas basicas deemerxencia social

Unha muller resulta ferida ao precipitarse o seu vehículo por un barranco na Portela

Un particular alertaba as 14:15 deste luns 13 ao servizo de Emerxencias do 112 da saída de vía dun vehículo que circulaba pola estrada entre Pontevedra e Vilagarcía de Arousa á altura da ITV  na estrada PO-531.

O vehículo lanzábase por un barranco caendo ao redor de 5 metros de altura entre os eucaliptos quedando envorcado nas proximidades dunha zona de maleza. Inicialmente temíase que tivesen que achegarse os bombeiros para excarcerar a condutora. Non obstante, segundo información facilitada polo 112, a muller puido saír do vehículo polo seu propio pé, a pesar do estado no que quedou o turismo.

Tamén foi necesaria a intervención do mantemento de estradas e alertouse ao concello de Pontevedra para avisar da rotura dun dos farois da estrada debido ao impacto.

Ata o lugar desprazouse a Garda Civil de Tráfico e unha unidade medicalizada de ambulancias para socorrer a vítima do accidente.

accidente

 

Alta Tensión no Camiño de Portugués

o veciño denfrente

A pesar das alegacións presentadas polos veciños no seu momento, a Deputación e FENOSA manteñen o trazado do abastecemento da alta tensión ó Polígono de Froiz polo medio dos núcleos de Güimil e Valbón.

Vaia por diante que, a efectos de saúde, tanto che ten que a liña pendure sobre a túa cabeza entre altas torres metálicas coma que vaia metro-e-medio por debaixo da túa casa… Xa sabedes: inocuo, supersano e, sen probas que indiquen o contrario: do melloriño para o colesterol… Imos morrer cunha pinta estupenda…

Pola súa parte, o Concello de Barro non ten nada que aportar: nin está nin se lle espera logo do lamentable espectáculo de ter que pagar con fondos do concello o transformador do edificio gris que hai ó lado da capilla de San Antoniño (ese que sobrevive no medio dun descampado sen urbanizar, pero que por algún motivo ten licencia).

Daquela ó concello non lle pareceu relevante facer a vista gorda cando Fenosa tirou un novo tendido aéreo entre o poste que hai na parcela do Tanatorio e o novo na parcela da Avícola. Deixáronlles facer.

Logo viñeron, en Agosto, os morritos de Landín porque Fenosa non lle quería retirar o tendido da rúa Areal para que se puidesen facer, por fin, as aceras (bueno, outro cacho, 60.000 euritos, que para todas as que faltan non hai cartos).

http://noticiasbarro.com/2014/08/13/barro-retirara-unha-lina-de-baixa-tension-ao-non-recibir-resposta-das-empresas-competentes/

Agora van aburatar polo medio e medio un tramo do Camiño Portugués, pero tranquilos que non se vai notar nada: volven asfaltar por riba e listo. Sentímolo polos Amigos do Camiño Portugués, que seguro que preferían aproveitar para poñer un pavimento máis axeitado ós peregrinos, ou mellorar a imaxe do Camiño. Non é que non haia cartos, e que pensar da moito traballo, e non é cousa de perder o tempo escollendo materiais agora que por fin demos vendido o xxxx polígono).

Consoládevos pensando que, sen dúbida, o magnetismo da liña atraerá novos peregrinos.

Pero o peor, dentro do pésimo, é que a pesar de aburatar polo medio e medio os dous lugares (Güimil e Valbón), a operación de excavación e reasfaltado non se vai aproveitar para meter outro tipo de conduccións (qué sei eu: auga, alcantarillado, telefonía e datos…).

¿Para qué? A xente vai ser feliz porque Froiz vai ser feliz. Beber e cagar poden seguir facéndoo nas fontes, nos pozos e nas cuadras.

¿Cánto mellor non vai a ser agora a auga, ionizada a alta tensión?

cables

1

2

3

Acoller a planta de compost pode supor 2,8 millóns en 30 anos

la voz

Acoller plántaa compost que impulsan o Concello e a Deputación pode chegar a supor para unha comunidade de montes uns ingresos duns 2,8 millóns de euros en 30 anos. Esa é, polo menos, a cifra prevista no borrador de convenio que se estaba negociando coa comunidade de montes de Campañó e que se frustrou cando se descubriu que os terreos ofrecidos -63.000 metros cadrados no monte da Tomba-, están afectados por captacións de auga.

O documento, ao que tivo acceso La Voz, detalla os compromisos económicos, e tomando como referencia a negociación con Campañó, pódese concluír que os propietarios dos terreos recibirán uns ingresos líquidos que no primeiro ano que poderían superar os 50.000 euros, e o resto de exercicios de vixencia do convenio (previsto a 30 anos), máis de 30.000, ademais doutras contraprestacións.

Canon fixo e variable

As cláusulas establecen que no momento da firma do acordo, a comunidade percibiría 20.000 euros en metálico. Proponse un canon fixo de 2.000 euros por hectárea (no caso de Campañó, ascendería a 12.600 euros anuais, 378.000 no período de vixencia do convenio) máis outro canon variable de 50 céntimos por cada tonelada de lixo que entre na planta. É dicir, que se se tratan 40.000 toneladas anuais, os propietarios dos terreos obterían uns ingresos de 20.000 euros cada ano.

Pero hai máis contrapartidas. Durante toda a vixencia do acordo, a comunidade de montes que albergue a planta poderá obter o compost que se produza na mesma a metade de prezo. É dicir, uns 15 euros por tonelada. No caso de Campañó calculábanse unhas 750 toneladas ano, polo que o aforro para os comuneiros chegaría aos 11.250 euros anuais.

Ademais, a parroquia beneficiaríase doutras contraprestacións en forma de investimentos. En Campañó, a máis destacada era a construción dun parque forestal tamén no monte da Tomba, cunha superficie de 67 hectáreas. Neste caso, a súa construción correría a cargo do Concello, e axudaríase ao seu mantemento durante os trinta anos do convenio, a razón duns 200 euros por hectárea e ano. Tamén se contemplaba unha achega de 22.500 euros anuais (675.000 en 30 anos) para labores de silvicultura e limpeza dos montes da parroquia.

Postos de traballo

Para rematar, tamén se prevé que a comunidade de montes participe co Concello e a Deputación na comisión de seguimento do convenio, o que podería dar lugar á posibilidade de obter outros beneficios en forma de postos de traballo para a parroquia tanto na construción como na xestión da planta.

Estes era os datos do convenio que se estaba pechando coa comunidade de montes de Campañó. Fuentes coñecedoras da negociación confirmaron que o acordo estaba practicamente pechado o 19 de agosto a falta de ratificarse por parte da asemblea da comunidade de montes e dos plenos do Concello e a Deputación. Pero xurdiu o problema das captacións de auga e a negociación rompeu a principios de setembro para frustración dos comuneiros, que habían posto gran empeño en sacar adiante o convenio.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2014/10/12/acoger-planta-compost-puede-suponer-28-millones-30-anos/0003_201410P12C1991.htm?idioma=galego

compos

O “CASTELO DO ALCALDE”: de disparate en distarate

boletín barro nº 19-outubro2014-WEB_Página_1

boletín barro nº 19-outubro2014-WEB_Página_2

boletín barro nº 19-outubro2014-WEB_Página_3

boletín barro nº 19-outubro2014-WEB_Página_4

pdf

boletín barro nº 19-outubro2014-WEB

I CONCURSO DE CURTAS CO MÓBIL “DE MEDO”

concurso de curtas

Francisco Bonet, convidado estrela da peña madridista As Capelas

Francisco Bonet, exxogador do Real Madrid, asiste hoxe aos actos de aniversario da pena madridista As Capelas, que celebrará unha comida-baile no seu local social, situado en Agudelo.

peña as capelas

A Banda de Música Xuvenil de Barro consegue o terceiro posto no Certame de bandas de música da Deputación

la voz

A Banda de Música Xuvenil de Silleda alzouse onte co primeiro premio do Certame de bandas de música da Deputación na segunda sección celebrada en Lalín competindo con seis agrupacións máis. O destacado concerto da agrupación silledense que dirixe Rafael Agulló repórtalle un premio de 3.500 euros en efectivo. Pero a bisbarra do Deza foi a estrela do certame ao atesourar tamén o segundo posto. Fíxose acredor deste a Banda de Música Municipal de Agolada que dirixe Nilo Jesús García Armas e que lle reporto un premio de 1.800 euros en efectivo. O terceiro premio recaeu na Banda de Música Xuvenil de Barro (1.250 euros en material instrumental). O certame tivo gran seguimento no auditorio e na entrega de premios participaron os alcaldes de Lalín, de Agolada e a alcaldesa de Melide, entre outros outros representantes municipais.

bxb

Civis Global fará a liña de alta tensión Tibo-Mourente ata a subestación de Barro-Meis

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou este venres aadxudicación á empresa Civis Global S.L. das obras de canalización da liña de Alta Tensión de 66 quilovatios, dende a liña Tibo-Mourente ata a subestación do complexo industrial de Barro-Meis.

Ao concurso para a execución destes traballospresentáronse 19 empresas e finalmente foi adxudicada en 1.060.937,68 euros. O prazo de execución das obras é de seis meses.

A liña discurrirá maioritariamente polo término municipal de Barro e as canalizacións irán soterradas baixo tubo formigonado en todo o percorrido, excepto nos cruzamentos coas vías do ferrocarril Santiago-Pontevedra, coas vías do AVE e coa AP-9, onde a canalización se realizará mediante perforación horizontal a 5,4 metros de profundidade.

http://pontevedraviva.com/xeral/15105/civis-global-alta-tension-tibo-mourente-subestacion-barro-meis-deputacion/

tension en barro

Perseguen e deteñen tres homes por un roubo nun almacén de Barro

Axentes da Policía Nacional daComisaría Provincial de Pontevedra identificaron e detiveron tres homes, de 34, 25 e 21 anos, con domicilio en Vigo e con antecedentes policiais como presuntos autores dun delito de roubo con forza nun almacén.

Na madrugada do xoves 9 de outubro, sobre as 04.30 horas da madrugada, recibíase na Comisaría de Policía unha chamada que alertaba dun roubo con forza nun almacén de Barro sinalando que os presuntos autores se deran á fuga nun vehículo.

As patrullas policiais dirixíronse inmediatamente á estrada de Santiago para establecer un dispositivo para tratar de interceptar o vehículo fuxido. Unha das patrullas localizou ao turismo circulando a gran velocidade pola avenida Domingo Fontán en dirección á gasolineira do Burgo.

A partir dese momento, os policías iniciaron un seguimento detrás do vehículo accedendo á autoestrada en dirección a Vigo. A patrulla activou os sinais luminosos e acústicos para intentar dar o alto pero os ocupantes do vehículo continuaron a gran velocidade pola AP-9. Á altura da saída Pontevedra sur cara a Marín, o coche perseguido realizou un cambio brusco, golpeando contra a mediana de formigón, para intentar despistar o vehículo ceta policial.

Ao achegarse os axentes ao vehículo accidentado, o condutor conseguiu saír do interior e precipitouse dende o alto da rotonda, dende unha altura de doce metros. O home sufriu lesións polo que tivo que ser atendido por persoal sanitario solicitado pola Policía e despois foi trasladado a un centro hospitalario. Os tres ocupantes foron detidos como presuntos autores dun delito de roubo con forza.

No interior do automóbil encontrábanse seis televisores, tres teléfonos móbiles, un mando a distancia e un cable de alimentación de televisión, dúas camisetas, un polo e dous cazadoras sen estrear, ademais dunha panquiña, unha chave inglesa, un desaparafusador, unha gorra, cinco pares de luvas, 75 euros e un DVD.

Un dos detidos conta con tres requisitorias xudiciais, unha delas por busca, detención e ingreso en prisión ditada polo Xulgado do Penal número 2 de Vigo por roubo con forza. Foron postos a disposición da Autoridade Xudicial tras pasar dous deles polas dependencias da Comisaría Provincial mentres o terceiro detido se encontra ingresado no hospital.

http://pontevedraviva.com/xeral/15096/perseguen-detenen-tres-homes-roubo-almacen-barro-policia/

roubo en barro