TEATRO NO CENTRO SOCIAL DE VALIÑAS (BARRO)

DOMINGO 18 DE XANEIRO AS 18:00

esperma

OMIX de Barro: Elección dos Cursos Activate 2015 en Barro

Deputación Provincial de Pontevedra, publicou o seu catálogo de cursos formativos do programa ACTIVATE 2015:

38 cursos relacionados coas:

–      NOVAS TECNOLOXÍAS
–      AGRICULTURA
–      ARTESANÍA EN PAPEL, COIRO, VIDRO E OUTROS MATERIAIS
–      ACTIVIDADES ARTÍSTICAS
–      REPARACIÓNS DOMÉSTICAS E BRICOLAXE NO FOGAR
–      RECICLAXE E BRICOLAXE ECOLÓXICA
–      ELABORACIÓNS ARTESANAIS
–      COCIÑA
–      SERVIZOS ÁS PERSOAS

As persoas interesadas en participar nalgún destes cursos poden pasar pola OMIX de Barro ou enviar un e-mail a omix@barro.es dende o mércores 14 ao xoves 29 de xaneiro, para escoller o curso a realizar no Concello de Barro (será mais votado do listado de 38 cursos)

– Poderán participar todos os mozos e mozas de 16 a 35 anos, ambos inclusive, preferentemente os que se atopan en situación de desemprego. E os maiores de 35 se non se cobren as prazas.

Mais información na Oficina Municipal de Información Xuvenil
Teléfono: 986714806
Horario: luns, mércores, venres e sábados de 9:00 a 14:00 h
 martes e xoves de 16:00 a 21:00 horas.
omix barro

O paro sobe un 4.83% durante decembro en Barro

paro 2paro 1

Boletin de emprego PONTEemprego nº 197 de data 14/01/2015

emprego logohttp://www.proxectoiles.eu/pONTEemprego/boletin/oferta_trabajo_empleo_formacion_curso_pontevedra_%20197_PONTEemprego_data_14-01-2015.pdf

ponteemprego

Desfile benéfico a favor da Fundación Amigos de Galicia no Pazo da Crega

desfile barroUn desfile de moda organizado pola Asociación Cultural Amigos da Fervenza de Barosa servirá para poñer o punto final á campaña de recollida de alimentos ‘3º Nadal Solidario en Barro’, que leva a cabo o colectivo.

O acto desenvolverase no Pazo da Crega en Barro o próximo 23 de xaneiro a partir das 20.00 horas. Aquelas persoas que queiran asistir terán que doar un quilo de azucre ou de cacao ou un litro de leite ou de aceite. O material recadado será trasladado á Fundación Amigos de Galicia, unha entidade que presta os seus servizos na bisbarra de Pontevedra.

O desfile contará coa participación de nove tendas de roupa de neno, home e muller, unha deseñadora de xoias e a colaboración de consultoras de beleza, ademais do gabinete de beleza Ana Barros de Pontevedra. As firmas ofrecerán descontos que poderán empregarse nas súas tendas a todas as persoas que asistan ao desfile.

http://pontevedraviva.com/xeral/17229/desfile-benefico-fundacion-amigos-galicia-fervenza-barosa/

 

D.E.P.JUAN CORREA BARBA

juan correa

Fervenza da Barosa mantén activa ata 23 de xaneiro a recollida de alimentos para familias de Barro

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

A Asociación Cultural Amigos da Fervenza da Barosa aínda non dá por pechada a campaña ‘Nadal Solidario en Barro’, posta en marcha durante o mes de decembro.

Esta iniciativa, que chega á súa terceira edición, seguirá recollendo alimentos non perecedoiros para as familias necesitadas do municipio ata o día 23 de xaneiro.

O obxectivo pasa por superar os 500 quilos de alimentos recadados o pasado ano, e para iso mantéñense habilitados diversos puntos de entrega: os supermercados Día e San Antoniño en Perdecanai, o Froiz de Curro, as igrexas parroquiais de Perdecanai, Valiñas, Agudelo, Portela e Curro, o centro de saúde, o colexio público Amor Ruibal, IES Público de Barro e locais como Casa Oubiña, a de Maruja, a de Rial e Café-Bar Lareira.

Todos os alimetos que se recollan serán entregados aos Servizos Sociais do Concello de Barro.

Como acción de remate da campaña, o dís 23 Fervenza da Barosa organizará un desfile benéfico.

http://pontevedraviva.com/xeral/17164/fervenza-barosa-manten-activa-ata-23-xaneiro-recollida-solidaria-alimentos/

fervenza barro

D.E.P. JUAN CARRO CASAS

Noticias de Barro

juan carro casas

Esteban Batallán colabora con “Manso e Amigos” que lanzan o seu primeiro disco tras anos de unión musical

Moncho, José Antonio, Olegario, “Manso”, Juan e Blas, ou o que é o mesmo “Manso e Amigos”, decidíronse a gravar un disco tras anos ofrecendo concertos e xuntándose a tocar e a cantar simplemente polo puro pracer de facelo. De feito, foi un das testemuñas desta traxectoria e fillo dun deles -aínda que musicalmente se sente “unpouco fillo de todos” – o que os animou a dar o paso. A presentación oficial terá lugar o día 4 no auditorio da Xuventude, ás 19 horas, pero o CD xa pode adquirirse polo prezo de 10 euros.
José Vilas acabouse dedicando á música tras tantos anos escoitando o seu proxenitor e tamén os seus compañeiros, e onte contábao mentres que a súa vásteza corricaba polo escenario daXuventude.
Temas
O músico compareceu xunto a todos os membros do grupo e o alcalde, Luis Aragunde, para presentar o concerto de presentación do disco. Este conta con 15 cancións, entre as que hai tres inéditas e ademais poemas musicados de Cabanillas como o “A ti meuCambados“, ademais dun pasodobre de tuna (Amante Albariño), entre outros, nos que a banda tamén contou coa colaboración do prestixioso trompetista Esteban Batallán. “Algúns xa imos maiores e queriamos deixar pegada da nosa música”, explicou Salvador Cores, “Manso”.
Segundo Vilas, a gravación e produción procede dun traballo iniciado hai un par de anos. “Comezou como algo doméstico e finalmente terminou cunha edición profesional que é unhacontribución máis á cultura musical desta vina, explicou. De feito, contou que non era a primeira vez que “Manso e Amigos” gravaban as súas interpretacións, aínda que a anterior “fíxose entre sarténs, era máis artesá“.
O grupo fixo unha tirada pensada no público comarcal e por agora xa pode adquirirse no videoclub da rúa Príncipe e en “A de Lupe“, por nomear algúns. O custo é de 10 euros e tamén estará á venda no concerto de presentación que terá lugar este sábado, ás 19 horas, no Auditorio dá Xuventude e con entrada gratuíta.
Pola súa banda, o rexedor municipal cambadés destacou que “é un orgullo” colaborar coa banda e recordou que ofreceron a súa colaboración “altruísta” en moitas ocasións.

esteban batallan

Fomento envía a Medio Ambiente o proxecto do trazado de Cerdedo para a súa avaliación

O Ministerio de Fomento activa o novo trámite de avaliación ambiental para o trazado ferroviario de alta velocidade entre Vigoe Ourense, a coñecida como variante de Cerdedo, que permitiría aos usuarios da área de influencia de Vigo poder viaxar a Madrid en AVE sen ter que dar un rodeo por Santiago de Compostela, o que incrementa os tempos de viaxe.

Durante unha entrevista á Cadea SER a ministra Ana Pastorexplicou o pasado luns que se remataron os estudos e dado instrucións de que se mande este mesmo mes de xaneiro a Medio para a tramitación ambiental” dun percorrido alternativo -cunha modificación entre Barro e Cerponzóns- ao de 2005.

Compromiso
Durante a entrevista, o titular de Fomento volveu mostrar o seu compromiso coa variante. “Creo que é unha infraestrutura moi importante que irá un pouquiño despois, pero haberá comunicación directa”, apuntou Pastor.
Segundo o calendario que manexa o propio Executivo central, o Eixe Atlántico de alta velocidade estará finalizado este mesmo ano e a conexión coa meseta, en 2018. A variante de Cerdedopermitiría á poboación do sur da provincia viaxar directamente dende Vigo a Ourense, en preto de 35 minutos, fronte aos actuais 90 minutos e os 75 que -estímase- supoñería cun rodeo previo porSantiago.

Exposición pública
A finais de 2013 iniciábase a exposición pública do proxecto básico de alta velocidade entre Ourense e Vigo coa variante de Cerdedo. Unha actuación que demostrou que a complexa actuación segue sobre a mesa a pesar da demora que acumula dende 2003, cando se empezou a falar do proxecto.

ave 3

D.E.P. MERCEDES FARIÑA RODIÑO

MERCEDES FARIÑA

Can abandoado en Baliñas ¡¡¡COMPARTIR!!!

can valiñas

Primeiro peregrin procedente da Angola da historia do albergue da Portela

Omte tivemos a visita do primeiro peregrin procedente da Angola da historia do albergue de A Portela

https://www.facebook.com/albergueperegrinosportela.barro?fref=nf

angola

CANS PERDIDOS ¡¡¡¡COMPARTIR!!!

O mércores 7 de Xaneiro ás 13.15 na estrada de Pontevedra á altura de Curro dous cans de raza Samoyedo (un adulto e outro aínda cachorro) encontrábanse no medio da estrada. Cando os vin parei o coche antes de que fosen case atropelados por un camión. Chameinos  para sacalos da estrada. Os cans debían de estar perdidos e asustados, son seguro dalgunha casa e extraviáronse, por que non dubidaron en vir correndo a xunto do meu e nada máis achegarse permitiron que os agarrase e melambieron as mans.
Preto de alí, uns metros máis adiante encontrábase unha patrulla da Garda Civil, chame aos cans para que me seguisen ata eles e fixérono sen dubidar. Cando cheguei a xunto dos axentes, moi amables, os ataron e chamaron á protectora de animais para que os fosen a buscar e fixésense cargo deles.

Esperamos que teñan o microchip e os seus donos poidan ser localizados.

Por favor, difundide isto por se os seus donos os están a buscar.

cans perdidos

D.E.P. HILDA CASTRO CHAN

hilda castro