Fomento envía a Medio Ambiente o proxecto do trazado de Cerdedo para a súa avaliación

O Ministerio de Fomento activa o novo trámite de avaliación ambiental para o trazado ferroviario de alta velocidade entre Vigoe Ourense, a coñecida como variante de Cerdedo, que permitiría aos usuarios da área de influencia de Vigo poder viaxar a Madrid en AVE sen ter que dar un rodeo por Santiago de Compostela, o que incrementa os tempos de viaxe.

Durante unha entrevista á Cadea SER a ministra Ana Pastorexplicou o pasado luns que se remataron os estudos e dado instrucións de que se mande este mesmo mes de xaneiro a Medio para a tramitación ambiental” dun percorrido alternativo -cunha modificación entre Barro e Cerponzóns- ao de 2005.

Compromiso
Durante a entrevista, o titular de Fomento volveu mostrar o seu compromiso coa variante. “Creo que é unha infraestrutura moi importante que irá un pouquiño despois, pero haberá comunicación directa”, apuntou Pastor.
Segundo o calendario que manexa o propio Executivo central, o Eixe Atlántico de alta velocidade estará finalizado este mesmo ano e a conexión coa meseta, en 2018. A variante de Cerdedopermitiría á poboación do sur da provincia viaxar directamente dende Vigo a Ourense, en preto de 35 minutos, fronte aos actuais 90 minutos e os 75 que -estímase- supoñería cun rodeo previo porSantiago.

Exposición pública
A finais de 2013 iniciábase a exposición pública do proxecto básico de alta velocidade entre Ourense e Vigo coa variante de Cerdedo. Unha actuación que demostrou que a complexa actuación segue sobre a mesa a pesar da demora que acumula dende 2003, cando se empezou a falar do proxecto.

ave 3

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s