SI FOCHES EMIGRANTE …

emigrante barro

Boletin de emprego PONTEemprego nº 198 de data 21/01/2015

emprego logohttp://www.proxectoiles.eu/pONTEemprego/boletin/oferta_trabajo_empleo_formacion_curso_pontevedra_%20198_PONTEemprego_data_21-01-2015.pdf

ponteemprego

A caída dunha árbore sobre a N-550 interrompe o tráfico en Barro

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

A caída dunha árbore sobre a calzada da estrada N-550, no concello pontevedrés de Barro, á altura do bar Maracaibo, interrompeu o tráfico provocando grandes retencións ao impedir a circulación rodada.

O suceso tivo lugar sobre as oito da tarde deste mércores, segundo informaron algúns condutores que se viron atrapados no atoamento.

O tráfico viuse afectado durante media hora, ata que os servizos de Conservación de Estradas conseguiron despexar a calzada. Mentres tanto moitos condutores que se dirixían en dirección á capital optaron por tomar estradas alternativas, desviándose pola Portela.

Afortunadamente non se produciron danos persoais.

http://pontevedraviva.com/xeral/17421/caida-arbol-n-550-interrumpe-trafico-barro-maracaibo/

arbore

O BNG pide que os veciños de Barro poidan utilizar o Centro de Servizos e Apoio Empresarial da Deputación

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

O BNG presentou unha moción para o seu debate no Pleno do Concello de Barro referente ao uso do auditorio do futuro Centro de Servizos e Apoio Empresarial por parte das entidades culturais e sociais de Barro.

Segundo explica o voceiro do Bloque, Xosé Manuel Fernández Abraldes, na actualidade Barro é dos poucos concellos da contorna que carece dun espazo minimamente digno para a realización de actividades culturais. Isto leva aos distintos e variados colectivos culturais que existen no municipio a realizar as súas actividades nunhas condicións de extrema precariedade.

O BNG presentou en numerosas ocasións mocións demandando a construción dun centro cultural no municipio que dea resposta ás necesidades dos colectivos sociais, “sen que desde o goberno municipal se tomase nunca en serio dotar a Barro dun equipamento cultural acorde aos tempos que vivimos e ás demandas veciñais”.

Recentemente a Deputación de Pontevedra vén de anunciar a construción dun futuro Centro de Servizos e Apoio Empresarial no polígono industrial de Barro Meis, que leva incluído un auditorio de 170 metros cadrados.

Este auditorio, con pequenas modificacións técnicas sobre o proxecto inicial, podería servir para albergar concertos, representacións teatrais e outras actividades impulsadas polas entidades culturais de Barro, mentres no concello non se constrúa un equipamento cultural axeitado.

Por todo isto, o grupo municipal do BNG solicita do Pleno da Corporación Municipal que se dirixa á Deputación para que realice as modificacións necesarias no proxecto para que o auditorio poida albergar concertos e representacións teatrais, e autorizar o uso do futuro auditorio aos colectivos culturais e sociais de Barro sempre e cando non colisionen coa programación da propia Deputación, ou das entidades que ocupen o citado centro.

http://pontevedraviva.com/xeral/17415/bng-pide-vecinos-barro-utilizar-centro-servicios-apoyo-empresarial-deputacion/

isabel

Landín súmase á polémica: «Non somos unha parroquia de Pontevedra»

diario_pontevedra.750

A idea de Agustín Fernández de que a planta de compostaxe se sitúe no polígono BarroMeis levantou unha poeira que parece difícil de extinguir. Onte, tras un fin de semana cheo de polémica nas redes sociais, foi o alcalde, José Antonio Landín (PP), o que saíu ao paso dos comentarios. «Cada pau que aguante a súa vela» pide o alcalde, nunha versión (realmente edulcorada) do seu «cada can que resgue os seus carrachos», frase que soltou no espazo de Facebook de la Alcaldía a mediados de 2014, cando o debate pola planta de compost estaba en pendes e apuntouse, por primeira vez, ao polígono Barro-Meis como posible situación.
«O grupo de Goberno quere facer un chamamento aos veciños, así como aos que se lían en dispoñer do seu territorio ou as súas instalacións. Como se manifestou noutras ocasións, Barro ten Concello propio, con personalidade xurídica e competencias,» recorda, para engadir que sabemos moi ben o que beneficia ou prexudica aos nosos veciños, concretamente ao polígono Barro-Meis».
Por último, Landín recorda que se noutros tempos «algún conselleiro se empeñaba en situar Ence e Elnosa neste polígono e hoxe en día outras forzas políticas queren facer o mesmo coa planta de compost, a uns e outros lles dicimos que non somos unha parroquia de Pontevedra e traballamos noutra dirección».

Tamén se desmarcou da idea, por enésima vez, o voceiro do PSOE de Barro, José Sanmartín, quen recorda que xa en 2014 publicaron unha carta rexeitando a idea. Nas redes sociais, os seus seguidores recomendábanlle aclarar posturas con Agustín Fernández, algo que, ao parecer, puido facer a responsable comarcal da agrupación.

landin louzan

A chapuza da rúa Areal

INTERÉSACHE O TEATRO?

Interésache o teatro? Fixeche teatro algunha vez e queres volver a andar entre bambalinas? Nunca o fixeche pero gustaríache probar? Pois chégate o venres 20 de febreiro polo local da AC Barosa para coñercenos tod@s e ver cant@s queremos pasalo ben.

Dependendo do grupo que sexamos e en función de se hai experiencia ou non, veremos que é o que máis lle convén ao grupo (horarios de ensaio, grupos etc.)

O prezo dependerá do número de persoas anotadas.

Día: venres 20 de febreiro
Hora: 20:00h
Lugar: Local da AC Barosa (Estación da Portela, Nº 20)
Profesor: Juanma Rego

https://www.facebook.com/barosa.ac?fref=ts

teatro

O BNG de Barro reclama aos socialistas que ´deixen de alarmar´ coa localización nese municipio

PORTADA faro-de-vigo

Non é un rexeitamento explícito á hipotética localización da planta de compostaxe no polígono de Barro-Meis pero paréceselle. E chega precisamente desde o BNG, o mesmo partido que defende a inocuidad deste tipo de instalacións e propón o seu emprazamento en Canicouva. Os nacionalistas de Barro emprazaron onte o PSOE pontevedrés, en especial ao seu secretario xeral local e candidato á Alcaldía, Agustín Fernández, a “deixar de alarmar” coa súa insistencia en propor o polígono de Barro-Meis para albergar o citado recinto en lugar da Fracha.

O BNG reprocha aos socialistas que “faga declaracións alarmistas nas que considera que unha instalación desas características é moi nociva e molesta para os veciños de Pontevedra pero apropiada para os de Barro, ao propor que se instale no polígono” que a Deputación posúe entre este municipio e o de Meis. Por iso, ademais de pedir que “deixe alarmar”, o BNG de Barro pide ao PSOE que “respecte aos veciños” do municipio.

Tras este implícito desacordo con albergar a planta de compostaxe no seu territorio, os nacionalistas de Barro lembra que “o proceso para elixir os terreos incluíu unha convocatoria para que comunidades de montes ou particulares con terreos adecuados ofrecésenos ao Concello de Pontevedra. Ningunha parroquia de Barro -asegura- ofreceu terreos, pero si o fixeron varias pontevedresas, decantándose o Concello pola de Canicouva, por reunir as mellores condicións técnicas”.

Tras marcar distancias con este plan concreto, o BNG cualifica a compostaxe como “o tratamento máis racional e ecolóxico para os residuos orgánico” e engade que “sería bo que o PSOE se aclare e deixe de enredar con este tema; se se está en contra da incineración dos residuos e se no Parlamento presentáronse iniciativas para apostar pola compostaxe, non se debe alarmar á cidadanía cando hai administracións que tentan levalo a cabo”.

http://galego.farodevigo.es/portada-pontevedra/2015/01/20/bng-barro-reclama-socialistas-dejen/1168615.html

Conto de Pavor

o veciño denfrente

Os catarros eran constantes. Elas sacaban a roupa co medo no corpo, coa pel de galiña de serie. O sanador notaba os efectos no incremento de gasto en kleenex. Xa non era quen de repoñerlles os corpos. No pasado quedaran as antes habituais sonrisas de orella a orella ó sair. Os consecuentes e molestos estornudos eran agora o anticipo dunha marcha forzada, dun interruptus…

Algunhas das ovellas comezaban a visitar un práctico máis xoven e con estufa de biomasa.

As queixas facíanse cada vez máis difíciles de acalar, de xeito que non quedou outra que tomar a determinación de invertir a metade dos cartos que había no peto para aquel ano  (o que quedaba) en reformar de novo o edificio que, con agarimo, levaba tantísimos anos deseñando a cabeza pensante.

Decisións superiores impoñían certa prisa que se levou por diante algunhas cuestións referentes á calidade. Houbo que cambiar a idea inicial de xardín por un asfaltado completo (xa non hai quen sache).

O prazo concedido para rematar o asunto tiña que dar marxe -eso sí- para facerlle forma á nova poltrona que chegou, por fin, hoxe, para tranquilidade de todos en xeral e do comisario político de zona en particular.

Chegou discretamente nunha furgoneta de pan: ergonómica, de pel natural (denominación de orixe Ribeira do Umia), con rodas e, por suposto, reclinable. O operario descargouna sen moito agarimo, sen decatarse da potencia do instrumento que tiña nas mans.

Agora quedaba o verdadeiramente complicado: darlle forma, domesticala… apoltronarse nela… Non se podía arriscar a unha mala decisión da veciñanza. A sentencia do presidente da confederación resonaba na súa cabeza. “Ten tino: un paso en falso e estas bestas danche unha patada no cú e antes de que te des conta hai un médico novo no teu sitio”.

No delirio da incertidume (os soños da mala conciencia son traicioneiros), consolábase pensando que así, no peor dos casos, “o novo” non aturaría nunha poltrona incómoda, feita a medida dun cú máis noble, doutra talla e, irremediablemente, máis cedo que tarde, remataría por devolverlle o cetro nun final feliz con bágoas e carteis en (oníricas) rotondas: “nosotros somos contigentes, pero tú eres necesario”.

Quedábanlle tres meses tres para que todos visen que controlaba a situación. Que o redil volvía a estar quentiño, que todo cheiraba a novo… que as ovellas podían volver a espirse confiadas, sen preocuparse por quén carda a lá.

Nas próximas semanas iríaas chamando unha a unha para deslumbralas coa austera maxestuosidade do (seu) novo trono.

Entrementres, sen máis cartos que invertir, como medida sanitaria urxente, aprobou que no vetusto centro de saúde colgaran o cartel de “próximo derrubo – non pasar”.

“Maio chega pronto. Que aguanten sen morrer tres meses…”

esta ben claro

CURSOS ACTIVATE EN BARRO

CURSOS ACTIVATE

CONFECCIÓN DE TRAXE E ACCESORIOS PARA ENTROIDO NA OMIX

actividades omix barro

Outro accidente na N-550 en Cerponzóns sáldase cun ferido tras unha saída de vía

PORTADA faro-de-vigo

A estrada N-550 ao seu paso pola parroquia de Cerponzóns sumou onte un novo accidente á xa longa lista de sinistros que se rexistran desde hai tempo no tramo entre esta localidade pontevedresa e o municipio de Barro. O accidente de onte consistiu nunha espectacular saída de vía ocorrida ás 13.00 horas. O condutor do Mercedes implicado resultou ferido e foi evacuado en ambulancia. Ata o lugar acudiron efectivos da Garda Civil e a Policía Nacional, así como un guindastre para retirar o coche.

Este tramo acumula xa un alto índice de sinistralidade. Hai un ano faleceu unha persoa nun accidente múltiple e son varias as voces que reclaman unha mellora da seguridade nese punto e en toda a N-550.

Por outra banda, a Policía Local sufocou ás 10.00 horas un incendio que se orixinaba nun vehículo estacionado nas inmediacións da avenida de Buenos Aires.

http://galego.farodevigo.es/portada-pontevedra/2015/01/19/accidente-n-550-cerponzons-salda/1168008.html

accidente-n

O BNG DE BARRO PIDELLE AO PSOE RESPECTO POLOS VECIÑOS E VECIÑAS DE CURRO, E QUE DEIXE DE ALARMAR SOBRE A UBICACIÓNDA PLANTA DE COMPOSTAXE

bng barroO PSOE no seu pronunciamento contra a construción dunha planta de compostaxe para un tratamento sustentábel dos residuos orgánicos está facendo declaracións alarmistas nas que considera unha instalación desas características moi nociva e molesta para os veciños de Pontevedra, pero apropiada para as veciñas e veciños de Barro, ao propor que se instale no polígono de Barro-Meis.

A ubicación xa está decidida.

O proceso de escolla de terreos para instalar esa planta consistiu en que as comunidades de montes ou particulares con terreos adecuados para a mesma llos ofertaran ao Concello de Pontevedra. Ningunha parroquia de Barro ofertou terreos para a mesma, pero si o fixeron varias parroquias do Concello de Pontevedra, decantándose este pola oferta da parroquia da Canicouva, por reunir as mellores condicións técnicas.

A compostaxe dos residuos orgánicos é o tratamento máis racional e ecolóxico dos mesmos, tanto polo aproveitamento do compós que se produce, para a súa reutilización como abono, como ao ser o máis respectuoso co medio ambiente ao evitar a súa incineración, é por iso que o BNG ten demandado no concello ese tratamento para os residuos orgánicos.

Sería bo que o PSOE se aclare e deixe de enredar con este tema. Se se está contra a incineración dos residuos e se no Parlamento se presentaron iniciativas para apostar pola compostaxe non se debe alarmar a cidadanía cando hai administracións que intentan levalo a cabo.

No BNG sempre defendemos un tratamento sostíbel para os residuos urbanos defendendo a reciclaxe e a compostaxe, dándolle así un tratamento ecolóxico e acaído ao século XXI. É por iso que valoramos positivamente os esforzos daquelas administracións que buscan conquerir eses obxectivos.

O PSOE avoga por utilizar o polígono de Barro-Meis para instalar a planta de compost, ´ propiedade da Deputación ´

PORTADA faro-de-vigo

O PSOE pontevedrés xa se decantou definitivamente pola localización que, ao seu xuízo, debe psoe-barroelixirse para a planta de compostaxe que proxecta o BNG de Pontevedra en colaboración coa Deputación: o polígono de Barro-Meis, que precisamente é propiedade” da institución provincial, “o que abarataría os custos”.

Agustín Fernández, concelleiro de Educación e Deportes e aspirante socialista á Alcaldía, mostrou onte as súas dúbidas sobre o interese que, segundo o alcalde, Miguel Fernández Lores, albergan as adegas da bisbarra do Salnés polo futuro compost que se poida fabricar na planta de Canicouva. “Se o sector vinícola ten interese en utilizar aboamento realizado a partir dos residuos sólidos urbanos, non ten que agardar á materialización dun proxecto virtual. Só ten que adquirilo nas plantas de Nostián e Lousame, onde hai moitas toneladas dispoñibles esperando comprador,”. O edil socialista engade que “seguro que as concesionarias destas dúas plantas, que acumulan importantes perdas anuais por falta de saída do seu produto, agradecen a chamada de Louzán“. E é que Fernández sitúa o presidente da Deputación como “impulsor” dese “interese” no Salnés.

Por iso, o edil do PSOE sostén que “a fabricación de compost no polígono de Barro-Meis abarataría os custos de transporte ás viñas desa bisbarra, minimizaría o impacto económico e ademais incrementaría a viabilidade económica, na medida que a Deputación é propietaria dos terreos”.

Fernández tamén fai referencia ás queixas do alcalde polo “cambio de opinión” dalgúns colectivos con respecto ao proxecto, algo que considera “comprensible a medida que vai aparecendo máis información sobre unha iniciativa totalmente falta de transparencia”.

http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2015/01/18/psoe-aboga-utilizar-poligono-barro/1167610.html

Barro e Campo Lameiro, os únicos sen ningún lume

PORTADA faro-de-vigo

O pasado ano deuse mesmo unha situación que non se produciu en 2013, cando todos os concellos viron como perdían hectáreas de monte polos incendios. Barro e Campo Lameiro non rexistraron nin un só incendio forestal, nin tan sequera un conato que requirise a mobilización dos servizos de extinción da Consellería de Medio Rural e do Mar. Son os únicos municipios da bisbarra que pechan o ano sen ningún lume e no distrito forestal XIX no que está encravada a bisbarra de Pontevedra xunto Ao Salnés e O Morrazo, tan só Cangas e Moaña completaron o pasado exercicio en branco.

Outro caso curioso é o de Sanxenxo. Alí en 2013 a actividade incendiaria foi bastante elevada con 19 incendios declarados. A resposta foi rápida, dado que só arderon 3,20 hectáreas. Este ano tan só rexistrouse un incendio con 0,18 hectáreas queimadas. O Pladiga deste ano (o plan de intervención da Xunta contra os incendios forestais) sinalaba tres parroquias de alta actividade incendiaria, en Saiar (Caldas), San Xoán de Poio e Xesta na Lama. En Poio o número de incendios baixou de 8 a 2, na Lama pasou de 8 a 6 e en Caldas de Reis de 25 a 9, sendo o municipio que máis lumes rexistrou de todo o distrito forestal.

Recuperación

Esta baixa afectación por parte dos incendios forestais en 2014 tamén permitiu continuar recuperando os terreos danados en 2013, como é o caso de ponte Caldelas, onde se utilizou o pavoroso incendio de Barbudo para experimentar co depósito de palla nos montes calcinados. As técnicas de “helimulching” para evitar a erosión foron bastante efectivas pero aínda queda moito por facer para recuperar o monte.

http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2015/01/18/barro-campo-lameiro-unicos-fuego/1167615.html

lume 2