¿Estamos ante un alcalde especial?

diario_pontevedra.750

  • 1 mar. 2015
  • Diario de Pontevedra
  • CLARA ALDÁN

Estamos ante un alcalde especial. No lo digo yo, lo dice el presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que el viernes acudió a la inauguración del consistorio de Barro y protagonizó unos cuantos momentos jocosos junto con José Antonio Landín, ya saben, ese al que los de La Sexta bautizaron como Blandín hace una semana. El primero de los momentitos no sé si le haría gracia al «amigo Alberto», como le llamó Landín, puesto que el regidor aprovechó para echar la vista atrás y agradecer las inversiones recibidas por la Xunta en los últimos años, como es protocolario, y también agradeció las ‘no recibidas’ como la construcción del agresivo proyecto de la carretera de Alba a Curro. Eso sí, apostilló, ahora que el proyecto está modificado, va siendo hora de que se ejecute. El alcalde lo pidió con educación, pero con insistencia, hasta el punto de reconocer que se estaba poniendo «pesado». El presidente cogió el guante con elegancia, pero no se cortó, y, al término de su discurso dijo que Landín era «un alcalde especial, porque é médico. E os médicos dan as peores e as mellores noticias, non coma os políticos, que as damos malas ou menos malas». El alcalde sonrió ante sus convecinos, hasta que Feijóo le preguntó «cónstame que é un bó médico: traumatólogo, ¿non?». El alcalde contestó: «era cirurxán, pero xubiláchesme», provocando la carcajada general e insinuando que, si por él fuese, seguiría dándole al bisturí con gusto. El acto fue festivo y alegre, pese al intercambio accidentado de piropos, y en él se pudo ver al alcalde de Cotobade,

Jorge Cubela, que incluso se quedó a los pinchos, y eso que era el día de su cumpleaños. 26 años. ¡Menudo chavalito! . También estaban el alcalde de Meis, José Luis Pérez Estévez, muy elegante; el de

Portas, Roberto Vázquez, y la de Moraña, mi querida Luisa Piñeiro, que llegó algo tarde.

landin

Carta aberta ao alcalde de Barro

diario_pontevedra.750

  • 28 feb. 2015
  • Diario de Pontevedra

Son unha veciña do concello de Barro que, me diríxo ó alcalde deste concello, logo da emisión do programa da Sexta TV do pasado venres. Só pretendo manifestarlle ó sr. Landín a miña perplexidade pola actitude que amosou diante das cámaras nun programa de ámbito nacional, ó ser preguntado pola problemática da feira de Barro. De verdade, señor Sr. Alcalde, resulta bochornoso e imposible de asumir a súa actuación sen intuír que detrás se agachen intereses particulares. Senón, cómo explica vostede esa benévola actitude e xenerosidade cos cartos dos cidadáns dun concello endebedado ata as orellas? Por que segue facendo vista gorda cara a mafia qué controla o mercado? Non nos tome máis por parvos e explíquenos dunha vez qué é o que ocorre entre vostede e quen “administra” a feira. E. V. Barro

landin sexta 1

Construcciones Abal fará o Centro de Servizos de Barro-Meis por 706.141 euros

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

A Deputación de Pontevedra adxudicou este venres, na súa xunta de goberno, a construcción dun Centro de Servizos e Apoio Empresarial no polígono industrial de Barro-Meis á empresa Construcciones Abal en 706.141 euros e un prazo de execución de 9 meses.

Ao concurso presentaronse 25 empresas e pasaron o corte 14. A obra, que será levantada nunha parcela de 5.136 metros cadrados, foi adxudicada cun 21% de baixa pois a licitación era de 898.641 euros e as melloras ofertadas pola empresa son de 70.000 euros.

Unha vez adxudicado o Viveiro de Empresas que acollerá no parque industrial a novos emprendedores, e unha vez que o polígono acadou unha porcentaxe de ocupación de máis do 50% a Deputación quere complementar o desenvolvemento urbanístico do parque cun Centro de Servizos e Apoio ás empresas instaladas que, ao tempo, proporcione novos espazos para a celebración de reunións, oficiñas, salas, auditorio, servizo de restauración, cafetería e outros.

O novo Centro será un edificio de planta baixa, primeira e baixo cuberta. Na planta baixa albergaráse unha cafetería, servizos e oficiñas. Na primeira, un espazo para Auditorio e salas multiusos ademáis de almacéns e outras dependencias. No baixo cuberta, irán os cuartos preciso para o funcionamento e ubicación das instalacións.

A edificación terá unha forma baseada en volumes ortogonais, cunha superficie útil próxima aos 1.200 metros cadrados.

http://pontevedraviva.com/xeral/18257/construcciones-abal-centro-servizos-barro-meis-706141-euros/

barro meis

Barro, co rabo entre as pernas

o veciño denfrente
Ós veciños de Arbo levan meses en armas contra un tendido de alta tensión que lles queren pasar por entre as súas casas.
 
Movilízanse, disfrázanse, patalean… porque saben que teñen moito que perder.
1
Non digades que non contrasta co que pasa en Barro: a Diputación vai pasar a línea de alta tensión para Froiz polo medio das casas de Valbón e Güimil, por debaixo do Camiño Portugués, e os veciños e o concello nin pío…
 
 
Que non é cousa de opoñerse ó progreso, pero por un puñado de euros máis que costa desvialo por detrás das casas en vez de polo medio, o que gastades en tubo igual volo aforrades en medicamentos e tratamentos.
 
Eu teño claro que, no caso de Barro, prima a reducción de coste para a Diputación, sen máis consideracións.
 
Pensade que, cos cartos que aforran, asfaltan esa media calle que lle falta a Landín diante da capilla. Así que, por un acceso digno o tanatorio, seguide calados.
 
(O dito:vémonos no tanatorio)

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2015/2016.

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2015/2016.

CALENDARIO
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN.
Do 1 ao 20 de Marzo , ambos incluídos.
LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO.
Antes do 25 de Abril de 2015.
PRAZO DE RECLAMACIÓNS.
5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.
LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO.
Antes so 15 de maio de 2015
FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA.
Do 20 ao 30 de xuño de 2015 (Educación Infantil e Primaria)

http://www.edu.xunta.es/web/node/14293

Mais información no Colexio Público Amor Ruibal de Barro Teléfono: 986 711 249.

AMOR RUIBAL

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE MÓVILES

O Concello de Barro colabora con esta iniciativa. Tendes caixas contedoras na Biblioteca, no IES e no concello. Próximamente informaremos de novas localizacións.

fundame

Inauguración do novo concello

la voz

Os veciños de Barro luciron onte as súas mellores galas para a posta de longo da súa nova casa consistorial. Os arredores do número 11 de Santo Antoniño foron testemuñas de excepción dun festexo que non quixo perderse ninguén. Todo estaba preparado: música, viño, refrescos, empanada, xamón e demais tapas condimentaron a celebración posterior á inauguración, que alcanzou a súa máxima expresión pasadas as oito da tarde, cando o alcalde José Landín, acompañado por Alberto Nuñez Feijoo eRafael Louzán, deu a benvida a todos os veciños no salón de plenos: «Sodes parte desta casa».

Sobre as prestacións que ofrece a nova sede, o alcalde considera clave unha calidade que marca a diferenza co antigo concello, a accesibilidade. Landín fixo constar no seu discurso o importante que é que calquera veciño poida acudir á casa de todos osbarrenses, á casa do concello. «Agora acceder ao salón de plenos é posible para calquera veciño, antes unha persoa en cadeira de rodas tíñao moi difícil», explicou Landín.

Antes de ceder a palabra ao presidente da Xunta, o rexedor local referiuse directamente a el para eloxiar a súa xestión e aproveitar a ocasión para pedir, insistentemente, a mellora dunha estrada, «señor presidente, a PO-531 necesita unha mellora», comentoulle en repetidas ocasións.

Antes de invitar os veciños alí presentes a coñecer as novas instalacións, tomou a palabra o presidente da Xunta, afirmando que «é unha honra estar en Barro para inaugurar á casa de 3.500persoas». Así mesmo, gabou a xestión do alcalde Landín, «cada vez que me atopo co alcalde, me fala dunha cousa, do concellode Barro». Tamén Rafael Louzán dedicou unhas palabras á sociedade local: «Barro é un municipio cheo de oportunidades», exclamaba o presidente da Deputación referíndose aos proxectos que están en marcha no municipio, como o polígono de Barro-Meis, ou a recén aprobada modificación do PXOM.

Falar do novo concello chea de orgullo ao rexedor, que define a nova sede como «un edificio austero e moi digno», ademais de engadir que o pobo sae gañando con este cambio, ao dispoñer de maior espazo para as oficinas municipais, incluídos os servizos sociais, «que cada día teñen máis demanda. Situaranse próximos ao resto de oficinas e contan cunha sala de espera para maior comodidade e intimidade», puntualizou. A segunda planta do edificio é «perfecta para actos culturais e usos colectivos», rematou o alcalde.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/barro/2015/02/28/barro-estrena-nuevo-concello-amplio-accesible-vecinos/0003_201502P28C8991.htm

concello

Condenado por dar unha labazada no velorio da súa nai unha muller que ía á feira

la voz

Un veciño de Barro acaba de ser condenado pola labazada que, na tarde do 3 de novembro do 2013, propinou a unha muller que acudía á feira que se celebraba nesta localidade pontevedresa. Deste modo, impuxéronselle seis días de localización permanente e o aboamento dunha indemnización de noventa días polas lesións causadas e o tempo investido no seu sanación.

Segundo refire a sentenza, que é firme, a vítima viaxaba de ocupante dun turismo cuxo condutor se desprazou ata o aparcadoiro do tanatorio de Barro para estacionar o seu vehículo. Nesas estaban cando o acusado, «que estaba a velar a súa nai», se lles aproximou e lles preguntou se a súa intención era acudir ao mercado ou ao tanatorio.

Contestáronlle que, non que ían á feira, ao que o veciño de Barrolles indicou que alí non podían aparcar, que estaba reservado para os familiares dos defuntos». Todo parece indicar que a resposta dos seus interlocutores non lle debeu gustar, xa que este reaccionou propinándolle a labazada á denunciante na cara, que lle provocou unha contusión que unicamente requiriu dunha primeira asistencia facultativa, sen tratamento médico e sen que lle quedasen secuelas.

Neste punto, e malia que se considera probado que a muller permaneceu de baixa laboral dende o día seguinte desta agresión ata o 7 de xaneiro do ano seguinte, na resolución refírese que «non» consta acreditada a relación causal» entre esta circunstancia e o golpe recibido.

Tal extremo non foi compartido pola acusación particular, que reclamou o aboamento dunha indemnización de case mil euros.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2015/02/28/condenado-abofetear-velatoria-madre-mujer-iba-feria/0003_201502P28C5991.htm

tanatorio barro

Boletin de emprego PONTEemprego nº 203

emprego logohttp://www.proxectoiles.eu/pONTEemprego/boletin/oferta_trabajo_empleo_formacion_curso_pontevedra_%20203_PONTEemprego_data_25-02-2015.pdf

 

ponteeemprego

 

 

Entramos no obradoiro de Francisco Remiseiro

Mon Santiso visita o obradoiro do escultor Francisco Remiseiro, natural de Barro (Pontevedra). Trátase dunha obra figurativa e realista que procura as emocións e que xa viaxou polo Canadá, Dinamarca, Polonia, Siria e España.

remiseiro

http://www.crtvg.es/flow3/flowplayer.commercial.swf

Inocentes señorías: pasen e vexan

o veciño denfrente

Disque o mellor para encubrir ilegalidades é facelas á vista de todos. Sen rubores sospeitosos.1

Tampouco vai mal o de implicar a cantos máis mellor para compartir responsabilidades en caso de emerxencia.

Hai moitos exemplos deste tipo de estratexias neste país, e por eso o que vai a suceder hoxe en Barro non merecerá entidade de noticia.

Hoxe os implicados en plan inocente-indecente serán dous presidentes (non había máis a quen chamar). Un deles por sorpresa, así que haberá que esperar a que descorran a cortina para ver se o incluiron na inscripción (a placa que levaba montada varias semanas só mencionaba a Louzán).

Veñen inaugurar as novas dependencias do Concello nese anacrónico baluarte que retrata tan nítida coma impúdicamente a influencia medieval nos modos de gobernar en Barro.

Ninguén lles vai mencionar, claro, que o que veñen a inaugurar é unha obra denunciada por ilegal. Como tampouco lles van dicir o que leva costado porque, sinxelamente, nin teñen nin idea nin lles importa (a precio de Gaiás, para entendernos).

https://novasdebarro.com/2014/12/03/pazo-de-familia/

…Seguramente por eso o procedemento escollido para a inauguración será o de “correr un tupido velo”…

Pensade tamén que, a estas alturas, o das tesoiras resulta políticamente incorrecto de todo punto. Os do PP teñen prohibido dende hai xa tres anos o de fotografiarse con tesoiras.

Pero debe andar moi mal a cousa nas enquisas para que Feijoo-Don-Limpio, con tesoiras ou sen 2elas, se atreva a deixarse fotografiar neste edificio. Sobre todo logo do que vimos o outro día na Sexta…

En todo caso: estades invitados todos os veciños ó evento. Viño supoño que haberá, e algo de tortilla escoitei que encargaran. A TVG por descontado. Non volo perder. Va a acudir lo mejorcito de Barro (disque forma parte do ceremonial propio da nobleza esto de tomar unos canapieses antes de convidarse “a los enlaces nupciales”).

En fin… contribuíntes e votantes de Barro: pasen (a rendir pleitesía) e vexan…

PP

CEIP de Barro: ENTROIDO 2015. Video dos carnavales do colexio.

Jueves 26 de Febrero 17.00 horas en la Biblioteca de Barro. Clase de cuidado de la piel y automaquillaje.

Jueves 26 de Febrero 17.00 horas en la Biblioteca de Barro. Clase de cuidado de la piel y automaquillaje.

automaquillaje barro

O Concello de Barro fai cambios nos números de teléfono das oficinas.

Actualizacion telef CONC BARRO

Venres 27 de febreiro ás 20 horas. Inauguración do novo edificio do Concello de Barro.

Bando INAUGURACION CONC BARRO