Gratitude, veciños, polo éxito acadado

o veciño denfrente

O veciño denfrente quérevos agradecer o apoio e interés amosado por vos estes meses de insistente existencia.

Por eso coido que é importante celebrar este pequeno gran éxito que vimos de acadar:

http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/barro/2015/03/10/barro-mejora-biblioteca-campo-futbol-humaniza-calle-areal/0003_201503P10C8992.htm

Entre todos, en catro meses, conseguimos que o Concello se decida, por fin, a acometer as obras de remate das beirarrúas.

Xa sei que non é así como o vende a nota de prensa. Eles chámanle “humanización” porque entenden que vai deixar de ser para os cans e pasará a ser para as persoas. En realidade enrevésano máis:

“O plan máis destacado, dado que suporá un importante cambio na fisionomía da vía, é a humanización e pavimentación da rúa Areal e da contorna do tanatorio. Un obra que consistirá na implantación dun novo chan, tanto na calzada como nas beirarrúas; e na eliminación de barreiras arquitectónicas, creando un espazo propicio para o esparexemento das persoas.

Non pensedes que é un regalo, ou froito dun delirio pre-electoral: É o que se vos debía, porque a lei di que as urbanizacións non se poden recibir por parte dun concello ata que están completamente rematados os seus elemento públicos (mirade o que está pasando en Pontevedra coa de Tafisa).

Pero tamén é un roubo, porque esa intervención debería ser pagada con fondos do propio proceso urbanístico que é ese delirio inacabado que hai entre a nacional e o tanatorio.

Os 250.000€ que se van enterrar ahí son cartos furtados a outras intervencións máis necesarias que poderían servir para “humanizar” os núcleos (saneamento, traída de auga, internet…), para baixar taxas e impostos ou para ofrecer mellores servicios.

Claro que que teñades auga e alcantarillado só lle importa a cada un na súa casa, e pola feira dos domingos pasades todos.

O dito: esparexédevos, persoas humanizables…

PD.- Tamén vai no lote (non hai por qué desmerecelo) conectar os radiadores da biblioteca cos do concello, para cando Louzán veña inaugurar a caldeira de biomasa que viña de regalo de promoción co césped artificial.

 

 

Boletin de emprego PONTEemprego nº 205 de data 11/03/2015

emprego logohttp://www.proxectoiles.eu/pONTEemprego/boletin/oferta_trabajo_empleo_formacion_curso_pontevedra_%20205_PONTEemprego_data_11-03-2015.pdf

ponteemprego

O goberno local mellora a biblioteca, o campo de fútbol e humaniza a rúa Areal

la voz

A humanización da rúa Areal, a instalación de calefacción na biblioteca ou a reforma das bancadaspromesas e vestiarios do campo de fútbol de Outeiro, son algúns dos proxectos aprobados polo goberno local de Barro no último pleno, que comezarán a converterse en realidade durante este mes de marzo e que supoñen un investimento superior aos 350.000 euros.

O plan máis destacado, dado que suporá un importante cambio na fisionomía da vía, é a humanización e pavimentación da rúa Areal e da contorna do tanatorio. Un obra que consistirá na implantación dun novo chan, tanto na calzada como nas beirarrúas; e na eliminación de barreiras arquitectónicas, creando un espazo propicio para o esparexemento das persoas. Así mesmo, o proxecto completarase coa colocación de mobiliario urbano. Nos arredores do tanatorio, aplicarase o mesmo tratamento. O orzamento reservado para este plan é de 250.000 euros, financiados entre a Deputación e o Concello.

Tamén encamiñado a mellorar a calidade de vida dos veciños é o plan para dotar de calefacción á biblioteca municipal, a través dunha rede de tubaxes que conectarán co sistema de caldeiras da nova casa consistorial. O comezo destas obras está supeditado á adxudicación do proxecto, que se producirá, con total seguridade, dentro deste mes.

Adxudicados xa se atopan os traballos do campo de fútbol que, cun orzamento de 100.000 euros achegados pola Deputación, servirán para conectar o recinto ás liñas eléctricas, así como para modernizar os vestiarios e as bancadas.

No mesmo pleno acordouse tamén a reforma da marquesiña do pavillón polideportivo da praza de San Antoniño, a mellora de diversas estradas e a ampliación da rede de sumidoiros en Curro .

http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/barro/2015/03/10/barro-mejora-biblioteca-campo-futbol-humaniza-calle-areal/0003_201503P10C8992.htm

 

Viveiros de empresas de toda Europa intercambiarán experiencias en Pontevedra

la voz

Medio milleiro de viveiros de empresas de toda Europa intercambiarán en Pontevedra as súas experiencias sobre creación de pequenas e medianas firmas. O encontro foi organizado pola Fundación Incyde, que financia tamén o viveiro do polígono industrial de Barro-Meis, e celebrarase en maio na cidade. O que se busca é un intercambio de información sobre experiencias empresariais exitosas, especialmente enfocadas ás pequenas e medianas empresas.

Pero non se pretende só que sexa un puro intercambio de información, senón que se incidirá en que os participantes creen unha rede que lles permita atopar novas oportunidades de negocio froito dos contactos que uns e outros se faciliten na cita.

A Deputación de Pontevedra, que colabora con Incyde na experiencia, adiantou onte que o congreso internacional porá especial atención en «sectores estratéxicos» para as Rías Baixas. O encontro contará coas experiencias de membros da rede de viveiros de Incyde, con 96 xa en marcha e 15 en proxecto, entre eles os de Barro-Meis e Lalín, que pon en marcha en colaboración coa Deputación de Pontevedra.

Miles de microempresas

«Dende o 2002 -explican desde la Diputación-, a Fundación Incyde creou 2.800 micropemes en colaboración coas Cámaras de Comercio e distintas institucións. Iso foi unha das razóns polas que recibiu recentemente o Premio de Boas Prácticas, de mans dos Fondos Feder e da Comisión Europea».

No horizonte da fundación está que estas microempresas viren cara a un crecemento «intelixente e innovador». O obxectivo é que a rede que sexan capaces de crear os responsables destas pequenas e medianas empresas poida «reforzar ou tecido produtivo de cada país e recuperar ou talento emigrado».

Isto xa se advertía nun informe encargado pola Deputación no 2013 co gallo da creación do viveiro de Barro-Meis. Na área de Pontevedra e O Salnés dedícanse á formación, só en cursos, 4,7 millóns de euros ao ano. Búscase que ese coñecemento reverta logo nas empresas locais de forma duradeira. E achega outro dato: o 80 % de firmas que nacen nun viveiro de empresas sobreviven.

http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/meis/2015/03/10/viveros-empresas-europa-intercambiaran-experiencias-pontevedra/0003_201503P10C4991.htm

viveiros

 

Pontevedra recupera en febreiro o seu ritmo de creación de empresas

la voz

A área de influencia de Pontevedra parece estar recuperando o seu tecido empresarial, retomando o ritmo de creación de sociedades mercantís que viña mantendo durante os últimos tres anos. Faino tras derrubarse as cifras ata case a metade ao comezo do ano.

O número total de novas firmas que viron a luz desde que comezou o 2015 ascende, así, a 42 en toda a zona relacionada economicamente coa cidade do Lérez; é dicir, non só na comarca propiamente dita -onde foron 34-, senón no conxunto que tamén engloba os municipios de Caldas de Reis, Marín, Bueu, Cuntis, Moraña e Portas.

Febreiro recuperaba así o ritmo que lograra manter desde o 2012. Pontevedra, a capital, volveu ser a que concentrou maior número de novas firmas (18), seguida de Sanxenxo (6), Caldas (3), Poio, Vilaboa, Ponte Caldelas, Portas, Marín (1 cada un), e Bueu, Moraña, Cuntis, Barro, Campo Lameiro, Cotobade e A Lama, onde non se deu ningunha.

Unha de cada seis

Estes datos significan que a zona de influencia de Pontevedra concentrou algo menos dunha sexta parte de toda a actividade empresarial de nova creación da provincia o pasado mes, que ascendeu a 139. Nos últimos tres anos, os resultados apenas sufriron variacións de consideración. Así, no mesmo período do 2014 foron 29, en lugar das 26 deste ano, e o exercicio anterior, no 2013, foron 23; no precedente, o 2012, foron 30.

Febreiro axudaba, desta forma, a corrixir os datos de xaneiro, mes no que o número de nacemento de firmas derrubouse ata practicamente a metade, non só de febreiro, senón do mesmo mes de anos anteriores.

En xaneiro, case a metade

Xaneiro deixou así tras de si dezaseis novas sociedades mercantís, cifra que contrasta coas 26 constituídas o pasado mes e as 30 rexistradas, por exemplo, no 2013. A caída lidéraa, do mesmo xeito que o aumento de febreiro, a capital, que tan só viu nacer 9 sociedades mercantís durante os primeiros 31 días do ano. No 2014 só na cidade do Lérez viron a luz 16 novas firmas, mentres no 2013 fixérono 11 e no 2012, 15.

Pero a tendencia non se viu reflectida unicamente no municipio que dá nome á provincia. O resto de concellos próximos tamén notaron a caída. Así, na comarca constituíronse 13 -moi por baixo dos 21 de febreiro-, en Sanxenxo 3 -a metade-, en Caldas 1 -unha terceira parte que o seguinte mes-, do mesmo xeito que en Bueu, Marín, Barro, Campo Lameiro, Poio e Vilaboa. Para rematar, tanto en Ponte Caldelas como na Lama, Cotobade, Portas, Cuntis e Moraña o saldo ascendeu a cero.

O cómputo global dos dous primeiros meses do ano tamén reflicte o derrubamento das cifras de xaneiro. Mentres o ano pasado a estas alturas xa se crearon 59 novas empresas -do total de 317 que acumulou durante todo o exercicio-, o 2015 espertou sendo testemuña de como 42 firmas acaban de iniciar a súa andaina.

Provincia: 139

Un sexto

A área de influencia de Pontevedra logrou volver concentrar case un sexto do total, 26.

Xaneiro: 16

Xeneralizado

Case todos os municipios da contorna de Pontevedra sufriron unha caída o primeiro mes.

http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/marin/2015/03/10/pontevedra-recupera-febrero-ritmo-creacion-empresas/0003_201503P10C2993.htm

José Sanmartín encabeza a lista do PSOE en Barro con cinco novidades

PORTADA faro-de-vigo

José Sanmartín, candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Barro, presentou onte nun restaurante da localidade a lista que lle acompañará co obxectivo de gobernar o municipio a partir do próximo 24 de maio. A lista inclúe cinco novidades, entre os eles os postos 2, 3 e 4 ocupados por Lea Rodríguez, Rocío Touriño e Celestino Piñeiro. Acompáñanlle Margarita Canay, Luis Miguel Castro, José Miguel Coejo, Rubén Vilar, Irene Gómez, Silvia Torres e Dores Domínguez. Trátase, indicou Sanmartín, de “unha lista moi renovada coa única misión de ser útiles aos veciños de Barro”.

http://galego.farodevigo.es/portada-pontevedra/2015/03/08/jose-sanmartin-encabeza-lista-psoe/1197951.html

socialistas de barro

7Setenta en concerto

7 setenta

cafe bar lourdes

Oito de marzo día internacional da muller, parabens a todas

O Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo e recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e de facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade, é festa recoñecida nalgúns países, e tradicionalmente grupos e asociacións de mulleres militantes no feminismo ou no movemento obreiro preparan manifestacións, por veces utilizando o nome orixinal, por todo o mundo, para facer ver as súas reinvindicacións para mellorar as condicións da muller, e festexar os avances e loitar pola superación dos atrancos.

MULLER

“Moitas maravillas hai no mundo, pero a obra mestra é o corazon materno” (BERSOT)

“Todo home xenial é en certa medida home, muller e neno ó mesmo tempo” (Henry Havelock Ellis)

“A muller é o raio da luz divina” (Djalai Al-Din Rumi)

“Os deuses non fixeron máis que dúas cousas perfectas: a muller e a rosa” (Solón)

“O teu sorriso, muller, é a música da fonte da vida” (Tagore)

“A muller é a luz da vida”. (Juan)

“Muller, encarnación do sorriso de Deus” (Sully Prudhomme, premio nobel 1901)

“Sen a muller, a vida é pura prosa” (Rubén Darío)

mulleres galegas

Boletin de emprego PONTEemprego nº 204 de data 04/03/2015

emprego logohttp://www.proxectoiles.eu/pONTEemprego/boletin/oferta_trabajo_empleo_formacion_curso_pontevedra_%20204_PONTEemprego_data_04-03-2015.pdf

ponteemprego

Dous mozos pontevedreses detidos por roubar gasóleo no polígono de Barro Meis

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

A Garda Civil detivo a M.S.P., de 22 anos de idade e a I.B.F., de 21, os dous veciños de Pontevedra, como supostos autores dun delito de roubo de gasóleo no polígono industrial de Barro-Meis.

Segundo informan fontes oficiais do Instituto Armado, os feitos sucederon na noite do pasado día 2 do actual, cando unha patrulla da Garda Civil de Caldas de Reis sorprende un dos detidos no interior do recinto dunhas obras de construción dunha nave no devandito polígono industrial, mentres o outro se fuxiu.

Estes dous mozos previamente romperan o valo perimetral e do depósito dunha pa mixta subtraeran combustible para unha garrafa duns 20 litros.

Pouco máis tarde procedeuse á detención do fuxido sendo os dous conducidos ás dependencias oficiais para a instrución das correspondentes dilixencias.

Os detidos, que carecen de antecedentes policiais, foron postos a disposición do Xulgado de Instrución número dous dos de Caldas de Reis.

http://pontevedraviva.com/xeral/18381/guardia-civil-barro-meis-robo-gasoleo-jovenes-pontevedra/

poligono barro

Unha moza resulta ferida nun accidente entre tres vehículos en Barro

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

Tres vehículos víronse implicados nunha colisióncando circulaban durante a tarde deste martes 3 de marzo pola estrada N-550, metros antes do cruzamento de Porráns, no concello de Barro, segundo o servizo de emerxencias do 112 Galicia.

Unha muller nova resultou ferida debido ao impacto e foi trasladada ao Hospital Domínguez de Pontevedra. Varios particulares alertaron ao 112 Galicia do accidente. Ata o lugar trasladáronse unha ambulancia de Urxencias Médicas, a Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Barro.

O choque entre os turismos produciuse, segundo os primeiros indicios, por alcance.

ENVORCA UN CAMIÓN DA BRILAT

Por outra parte, un camión militar protagonizou un aparatoso accidente de tráfico este martes en Pontevedra. O sinistro produciuse arredor das 11.00 horas na zona do Marco, cando o vehículo articulado circulaba pola estrada O Pino-Bora e, por motivos que se descoñecen, o remolque do camión envorcou á altura dunha rotonda.

Fontes militares indicaron que no momento do sinistro ían a bordo do camión dous militares da Brigada de Infantaría Lixeira (Brilat). Ambos os dous resultaron ilesos, de modo que non houbo danos persoais, pero si materiais. O remolque ía baleiro e quedou envorcado no medio da calzada. Foi retirado por efectivos militares con medios propios.

accidente barro

accidente barro 2

TALLER: INCUBADORA DE PROXECTOS

ESTE SÁBADO DÍA 7 DE MARZO NA OMIX DE BARRO.
TALLER: INCUBADORA DE PROXECTOS

incubadora de proxectos

URXENTE: Gato perdido en San Amaro, Portela. COMPARTIR.

gato

Conversa con Xosé Manuel F. Abraldes

Conversa con Xosé Manuel Fernández Abraldes, onde nos explica que quere dicir cando di que Barro é un concello de primeira e impostos e de terceira en servizos, que será o primeiro que faga cando sexa alcalde ou cales son as necesidades máis urxentes que ten Barro hoxe. Non o perdas.

Tras as pegadas do urbanismo desaforado

PORTADA faro-de-vigo

Un proxecto impulsado por tres enxeñeiros e un arquitecto recolle na web “nacionrotonda.com” case 700 imaxes coa pegada que deixaron no campo español os macroproxectos urbanísticos que se impulsaron en tempos de bonanza e que despois a crise retardou, paralizou ou afundiu. A golpe de Google Earth mostran algúns dos que causaron un maior impacto no ámbito. Cinco deles enPontevedra, urbanizacións que non acaban de callar como a daGranxa en Sanxenxo ou Valdecorvos, polígonos industriais como o de Nantes ou Barro-Meis, así como grandes infraestruturas como o nó de Curro.
Embriagada pola euforia que desataba un crecemento económico sen precedentes, España lanzouse entre a década de 1997 e 2007 a un urbanismo desaforado que rematou por cambiar a paisaxe que nos rodea para sempre. Proxectáronse grandes urbanizacións, macropolígonos industriais e amplas infraestruturas para comunicalos. O estalido da burbulla inmobiliaria e a chegada da crise fixo que se baixase de golpe a “borracheira” urbanística na que vivía unha España que agora fai balance dos danos.
Un dos proxectos que máis está a chamar a atención á hora de analizar as consecuencias daquela etapa impúlsano os enxeñeirosMiguel Álvarez, Esteban García e Rafael Trapiello; así como o arquitecto Guillermo Trapiello. A través dunha páxina web, “nacionrotonda.com“, levan xa publicadas case 700 imaxes coas pegadas que deixou este urbanismo desaforado. É, como eles din, un inventario visual do cambio de uso no territorio durante os últimos 15 anos. A golpe de “Google Earth” mostran as cicatrices que deixaron no campo español proxectos que logo a crise retardou, actuacións demasiado ambiciosas que nunca chegaron a ter os resultados que se esperaban. O seu traballo chamou a atención dos principais medios de comunicación nacionais e tamén estranxeiros, como The Guardian.

A busca dalgúns destes macroproxectos urbanísticos no Google Earth tróuxoos ata a bisbarra de Pontevedra. “Nacionrotonda.com” recolle ata cinco casos na área de Pontevedra nos que esta expansión urbanística deixou unha profunda pegada no ámbito. Tres deles están en Sanxenxo.

O primeiro é o parque industrial de Nantes. De iniciativa privada, este gran polígono duns 600.000 metros cadrados tería que terse enchido en 2006, non obstante, as súas parcelas seguen na súa maior parte baleiras e sufrindo roubos do material eléctrico instalado nesta urbanización fantasma. Un dos grandes proxectos residenciais en Pontevedra, o polígono de Valdecorvos, é outra das imaxes que recollen. Só un terzo das vivendas previstas construíronse tras a urbanización dos terreos. O polígono de Barro-Meis, que agora parece arrancar grazas a Froiz, e a macrorrotonda de Curro tamén aparecen neste listado de proxectos, así como a polémica urbanización en primeira liña de costa que se proxectou na Granxa, Sanxenxo. Natureza costeira que foi substituída por asfalto, formigón e soares baleiros con espléndidas vistas á ría. O quinto caso refírese ao desenvolvemento de Vilalonga.

poligono barro meis