Unha moza resulta ferida nun accidente entre tres vehículos en Barro

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

Tres vehículos víronse implicados nunha colisióncando circulaban durante a tarde deste martes 3 de marzo pola estrada N-550, metros antes do cruzamento de Porráns, no concello de Barro, segundo o servizo de emerxencias do 112 Galicia.

Unha muller nova resultou ferida debido ao impacto e foi trasladada ao Hospital Domínguez de Pontevedra. Varios particulares alertaron ao 112 Galicia do accidente. Ata o lugar trasladáronse unha ambulancia de Urxencias Médicas, a Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Barro.

O choque entre os turismos produciuse, segundo os primeiros indicios, por alcance.

ENVORCA UN CAMIÓN DA BRILAT

Por outra parte, un camión militar protagonizou un aparatoso accidente de tráfico este martes en Pontevedra. O sinistro produciuse arredor das 11.00 horas na zona do Marco, cando o vehículo articulado circulaba pola estrada O Pino-Bora e, por motivos que se descoñecen, o remolque do camión envorcou á altura dunha rotonda.

Fontes militares indicaron que no momento do sinistro ían a bordo do camión dous militares da Brigada de Infantaría Lixeira (Brilat). Ambos os dous resultaron ilesos, de modo que non houbo danos persoais, pero si materiais. O remolque ía baleiro e quedou envorcado no medio da calzada. Foi retirado por efectivos militares con medios propios.

accidente barro

accidente barro 2

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s