Arrincan as visitas didácticas de colexios aos muíños de Barosa

faro de vigo

O próximo día 27 arrinca a actividade das visitas didácticas de centros educativos para este ano aos muíños de Barosa. O primeiro colectivo en visitar a zona será o CEIP A Laxe, de Marín. O pasado ano pasaron por Barosa máis de 3.000 nenos desde infantil ata a ESO de colexios das provincias de Pontevedra e A Coruña. Os nenos aprenden a historia dos muíños e como se facía o pan e ademais poden gozar dunha fermosa paraxe.

http://galego.farodevigo.es/portada-pontevedra/2015/02/25/arrancan-visitas-didacticas-colegios-molinos/1190909.html

barosa

Y decidieron llamarle Blandín

diario pontevedra

blandin

O catrastrazo aprobado polo PP e o Psoe: a medida máis dura contra os veciños de Barro

catastro barro

Fai clic para acceder a boletc3adn-barro-nc2ba20.pdf

O BNG tilda de despilfarro dedicar a ofcinas municipais o que ía ser Casa da Cultura e Edifcio Multiusos

bng barro Na xestión municipal o uso que se lle debe dar tanto aos cartos como aos edificios e equipamentos públicos é aquel ao que se lle saque maior proveito social e máis posibilidades de uso por parte dos veciños e veciñas.

Por iso no BNG non estamos de acordo co traslado das oficinas municipais para o que ía ser Casa da Cultura e edificio multiusos. Ese edificio, que se leva construíndo case 20 anos, xa naceu mal. Sen proxecto e sen orzamento previo, foi un saco sen fondo de gastar diñeiro. Houbo que reformalo internamente varias veces e, ao final, o goberno do PP, ao ser incapaz de conquerir as dotacións necesarias para os fins sociais, decidíu destinalo para o que non estaba previsto.

Xa fai catro anos que se investíu outro medio millón de euros en acondicionar o primeiro andar co obxectivo de trasladar para alí a oficina de servizos sociais e a biblioteca municipal, un traslado que o BNG apoiou xa que estaban nunhas condicións lamentábeis. O que non estaba previsto é o uso que agora decidíu o PP: trasladar a oficina de servizos sociais e todas as oficinas municipais, esquecéndose da biblioteca e a Casa da Cultura.

Barro ten unha carencia absoluta de equipamentos socio-culturais. Por iso dedicar este edificio a oficinas municipais é un verdadeiro despilfarro de cartos públicos.

Barro a 24 de febreiro de 2015

centro-social-barro castillo ayuntamiento

A Biblioteca honra a Rosalía coa lectura dos seus poemas

la voz

A Biblioteca Municipal de Barro celebra esta tarde o 178ª aniversario do nacemento de Rosalía de Castro cunha lectura pública de poemas da histórica poeta galega.

Para acompañar a escoita dos emotivos versos da escritora compostelá, aos asistentes ao acto ofreceráselles a oportunidade de saborear un café ou un té para aderezar as conmovedoras palabras das composicións de Rosalía.

O acceso ao acto, gratuíto para todos os públicos, abrirase a partir das 17.00 horas e a oficina municipal de información xuvenil de Barro anima a todos os interesados a participar, a gozar e a descubrir cos poemas de Rosalía de Castro a historia e o sufrimento de moitos galegos que vivían no século XIX.

http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2015/02/24/biblioteca-honra-rosalia-lectura-poemas/0003_201502P24C8993.htm

rosalia

 

 

Intervidos na feira de Barro case 30.000 euros en pezas falsificadas

la voz

Unha inspección da Garda Civil de Pontevedra no mercadillo de Barro permitiu intervir este domingo preto de trinta mil euros en pezas falsificadas de recoñecidas marcas comerciais. Segundo puxeron onte de manifesto fontes xudiciais, unha muller, Gladys C. C., foi imputada como autora dun suposto delito contra a propiedade industrial e deberá comparecer ante o xuíz de Caldas cando sexa requirida para facelo.

A inspección que deu pé a este comiso estivo precedida dun control que axentes do Servizo Fiscal do instituto armado habilitaron na estrada N-550, no tramo comprendido entre Caldas e Barro en dirección a este segundo municipio. Os funcionarios da Garda Civil, aparentemente, requiriron que detivesen a marcha algúns dos ambulantes que se dirixían á citada feira.

Deste xeito, foron moitos os que tiveron que botarse ao carón da estrada e estacionar na chaira da estación de servizo en desuso. Entre outras cuestións, os axentes comprobaron que os documentos relativos á mercancía estaban correctos, así como que o que se expuña nos papeis tiña a súa correspondencia co que os vendedores transportaban, polo que non dubidaron en inspeccionar a totalidade dos vehículos.

Control de patentes

En calquera caso, as fontes xudiciais consultadas precisaron que o comiso non tivo lugar no transcurso deste operativo, senón durante un control das marcas e patentes que se expuñan á súa venda ao público nos diferentes postos do mercadillo. Aparentemente, os axentes decatáronse de que unha das ambulantes ofertaba unha serie de pezas de vestir que, xa non só polo prezo, senón por manufactúraa, daban a impresión de ser meras falsificacións das marcas comerciais orixinais.

En concreto, e así foron entregadas ao xulgado de garda de Caldas, interviñéronse un centenar de chándales da marca Adidas, así como 192 sudaderas que aparentaban ser das casas Monster Energy, Obey ou Vans.

http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/pontevedra/2015/02/24/intervenidos-feria-barro-30000-euros-prendas-falsificadas/0003_201502P24C8992.htm?idioma=galego

FEIRA

CLASES DE INTERPRETACIÓN GRATUITAS NA OMIX

NOVAS DE BARRO

TEATRO OMIX BARRO

IV XANTAR DOS SOCIALISTAS DE BARRO

XANTAR SOCIALISTAS DE BARRO

CAMPAÑA DOAZÓN DE SANGUE EN BARRO ¡¡¡COMPARTIR!!!

O vindeiro Luns, 23, todos os/as veciños/as que poidan  e  desexen doar sangue,donar  sabede que a unidade mobil encontrarase frente o centro de saúde, no San Antoniño, das 16:15-21:00.

Moitas grazas, lembrade que só 10 minutos salvan vidas.

Mais información no 900 100 828.

doazon en barro

DEP. CELSO RUIBAL CARAMES

celso ruibal carames

Novas de Barro propón á “Asociacion Cultural Barosa” para o VII premio MIMI

Outra vez recibimos unha carta que nos fixo moita ilusión. Trátase dunha invitación dos alumnos demimi 5º de primaria do CEIP Amor Ruibal para que presentemos un candidato@ para o VII Premio “MIMI“ ao personaxe do ano”.

A súa finalidade é recoñecer e premiar a aqueles personaxes da comunidade que na súa vida utilicen e fomenten o idioma galego e a súa cultura.

O premio MIMI consiste nunha figura en madeira realizada polo artista local Francisco José Rodríguez Remiseiro co logotipo do CEIP “Amor Ruibal”, e seralle entregado ao/á gañador/a en maio do 2015 no marco da celebración das Letras Galegas.

Dende Novas de Barro propoñemos á “ASOCIACIÓN CULTURAL BAROSA”. Proposta que xa se fixo no 2014 despois de facer unha enquisa na que resultou a opción máis votada, pero debido a diversas causas, a candidatura foi presentada “fóra de prazo” e non se pudo cubrir a investigación por parte do alumnado.

Premiados en anos anteriores:

VI PREMIO MIMI: A cantautora coruñesa Mª Xosé Silvar “SÉS”.

V PREMIO MIMI: A rapeira viguesa AÍD

IV PREMIO MIMI: Pili, a educadora social do Concello de Barro.

III PREMIO MIMI: Cantereiras de Ardebullo,

II PREMIO MIMI: Xabarin club

I PREMIO MIMI: Ezequiel Mosquera .

Candidatos VI Premio MIMI ao Persoeiro do Ano

CARTA MIMI BARRO

BBBB

D.E.P. CELSO RUIBAL CARAMÉS

celso ruibal carames

“Jose Antonio Blandín, alcalde de Barro”

o veciño denfrente

Onte, na Sexta:

landin sexta 1

Feira de Barro a partir do minuto 20:39
Sanmartín a partir do minuto 22:50
Landín a partir do minuto 24:01
A modo de balance urxente, sinalarei que quedei gratamente sorprendido por unha decisión, firmeza e presencia que non contaba: a de Sanmartín, quen (para min) dou máis talla de alcalde que Landín.
sanmartin sexta
Tamén sorprende a ausencia de Abraldes: ¿Debemos interpretalo coma unha abstención ou é que non o avisaron?
 
En canto ó Alcalde, o que en principio semellaba unha errata converteuse no titular: Blandiño, moooi blandiño… tanto que se lle cae a careta: para a historia quedará o acojone que revelan, cara o final da entrevista, a insistencia en matizar o de “mafia” e as prisas por quitarse o micro.
landin sexta 2

Pero non temades os acólitos, que esto foi sólo un bache (“te juro cariño que es la primera vez que me pasa”): Estou seguro de que en canto se lle pase o tembleque fará chamar un abogado contratado polo concello para que redacte unha carta de enérxica reclamación á Sexta polo da errata. Pensade que é unha errata cometida contra a autoridade representante dos veciños de Barro. É inexcusable facelo. Por vos e pola vosa dignidade reclamará que lle abran o oportuno expediente disciplinario á pobre da entrevistadora (por eso e por chegar sen avisar).
 
Eu, non obstante, quédome co desconcerto balbuceante de non dar xustificado cun mínimo de credibilidade ter deixado pasar tantos anos sen cobrar as tasas municipais. Agora xa sabemos por qué as aceras do mercadillo non teñen baldosas: non había cartos.
 
Resumindo: triple sorpresa.

Boletín Municipal do BNG de Barro. Febreiro 2015

Boletín Municipal do BNG de Barro. Febreiro 2015

pdfhttps://novasdebarro.com/wp-content/uploads/2015/02/boletc3adn-barro-nc2ba20.pdf

boletin bng barro

boletín barro-nº20

“Noras de Barro”

o veciño denfrente

romina pintos

Uf!… vaia preguntiña (teño os pelos coma escarpias)…
Percibo nela, e tamén na falta de puntuación, a forza do lado escuro… (serán as ansias de ser primeira dama en lugar da primeira dama).
Imágenes integradas 3
Un consello que lin nunha web que me recomendaron o outro día nunha festa gastronómica (http://bodegavinequalia.com/pausa.html):
“En nuestro día a día, donde las prisas y el estrés se convierten en algo habitual, es importante parar y tomarse una PAUSA para disfrutar de aquello que realmente es importante”.
Respecto ó do tanatorio,e xa que o mencionas: a un con licencia, que non fose construido ás agachadas sobre solo rústico posteriormente recalificado como zona verde…