Por non poder atendelo, alúgase ou véndese señorial pazo, amueblado (http://wp.me/pa6QU-4jX) y -asfaltadito-hasta-la-puerta, recén remodelado por empresas de confianza (Abal é Nosa). Excelentes acabados.
656.948,20€ (cento dez millóns de pesetas) investidos dende o ano 2010 sobre o que se ve por fora(180€ por habitante). (Sabemos que con eses cartos pódeste facer un edificio novo, cómodo e moderno, xa: pero sen almenas).
Moi versátil (multiusos).
Sen necesidade de mercar un cabalo, poseelo transformarate en todo un cabaleiro
. Pasa unha noite de lúa chea nel e sentiraste con dereito de pernada…
Non perdas a oportunidade de ofrecerlles ós teus servos o castelo que merecen. Sé coherente coa túa ideoloxía medieval. Puxas ata o 24 de Maio de 2015*
. * RIESGO DE LA CATEGORÍA SEGÚN CRITERIOS DE LA CNMV: MEDIO. LICENCIA Y TASAS POR CUENTA DEL ADJUDICATARIO.