Xoves do Viño

xoves do viño

PRIMEIRA RECEPCIÓN DO NOVO ALCALDE

facebook alcalde de barro abraldes
A miña primeira recepción oficial foi aos rapaces e rapazas de sexto de primaria do noso colexio. Agardo que marcharan contentos, porque para min foi unha alegría inmensa que foran eles os primeiros, e tomei boa nota do que farían en caso de ser alcaldes ou alcaldesas.
1
2

Catas, música e deporte para a Festa do Viño

la voz

. A trixésimo sexta edición comeza o xoves con actividades para nenos e péchase o domingo cunha entrega de premios. 

Todo listo para o comezo da XXXVI Festa do Viño de Barro que arrinca o xoves con actividades deportivas e de lecer para nenos. O programa inclúe tamén un certame de viños con denominación de orixe Rías Baixas e de colleiteiros particulares, así como un concurso de pintura rápida e de fotografía. Outro atractivo da festa recae sobre a concentración de vespas, lambrettas e motos clásicas do domingo pola mañá. O protagonismo recaerá nesta edición nos viticultores particulares do municipio, dando a oportunidade aos veciños de probar os caldos locais e premiar á mellor colleita. O centro neurálxico dos festexos será a contorna do Pazo dá Crega.

A primeira xornada festiva inicia ás 18.00 horas con inchables gratuítos para nenos diante do pavillón municipal. No interior, disputaranse dous partidos dos nenos do Varro Cf. O espectáculo cómico Operación Tri-unfo do Pazo dá Crega servirá para clausurar a festa infantil e dar paso á sesión adulta coa celebración do Xoves do Viño que incluirá a actuación musical de Son dás tabernas e os monólogos de Quico Cadaval a partir das 22.30 horas na contorna do pazo.

Á noitiña do venres renóvanse os actos festivos coa inauguración do X Certame de Viños da denominación de orixe Rías Baixas, que estará precedida pola pronuncia do pregón a cargo do actor Miro Magariños ás 21.00 horas. De amenizar a velada encargaranse o grupo tradicional Airiños dá Fracha e as orquestras Solara e A Fórmula.

O sábado pola mañá no local anexo ao pazo ábrese a exposición das fotografías do concurso «Imaxes de Barro». Pola tarde está prevista a disputa das finais do torneo infantil e sénior de tenis, seguidos da actuación da Coral Polifónica de Barro e da compañía teatral Piollo Teatro coa súa obra «Dous por Dous». Pola noite, verbena a cargo dos Satélites e Royal.

O día grande será o domingo, que se abre coa concentración e paseo de motos clásicas. A media mañá haberá catas de viños, actuacións de música e danza, unha sardiñada gratuíta. Pola tarde entregaranse os premios aos gañadores do certame de pintura, cuxos participantes se moverán por todo o municipio buscando a imaxe máis pintoresca. A orquestra Anduriña pechará a festa.

http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2015/06/16/catas-musica-deporte-festa-do-vino-barro/0003_201506P16C6991.htm

festa do viño de barro

XXXVI FESTA DO VIÑO DE BARRO

¿Quen foi Castor Castro Cancela?

O recén investido alcalde, que non puido reprimir as bágoas ao aceptar o cargo, tivo un sentido recordo nada máis empezar o seu discurso a Castor Castro, alcalde de Barro durante a República, un home “represaliado polas súas ideas e a defensa da liberdade”.

Moitos veciños preguntábanse hoxe quen é Castor, aquí quédavos algunha información sobre Castor Castro Cancela….. o derradeiro alcalde republicano de Barro.

Castor Castro Cancela, nado en Portela (Barro) e finado no mesmo concello en 1974, foi un político galego.

Fillo de Jose Castro e Manuela Cancela Bua. Casou con Jesusa Nieto Mourente. En 1918 participou na constitución dunha sociedade de oficios varios en Barro.

O 16 de maio dese ano presidiu un mitin agrarista celebrado na parroquia de Curro no que participaron Ramón Abal, de Barro, Salvador Novo de Moraña, Samuel Blanco de Paradela, Marcelino Fernández de Vilaxoán e Manuel Alvarez de Vilagarcía. Na Segunda República foi elixido alcalde de Barro en 1936. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 estivo fuxido polas ameazas e acoso falanxista.

Foi detido pola Garda Civil e os falanxistas a mediados de setembro. Xulgado en Consello de Guerra en marzo de 1937 en Pontevedra, foi condenado a pena de prisión de 15 anos. Ingresou na penitenciaria da illa de San Simón e despois foi trasladado á cadea de Astorga.

Xosé Collazo Castro Nas actas dixitalizadas do Concelho de Barro, nos anos 30 podemos ver referencias a Castor e aos seus companheiros de corporación e do seu trabalho municipal e no “Bolido”, que era o medio de comunicación que tinhan na época anterior ao período republicano, que nos deixou fotografar un médico de Moraña, co que se puxo en contacto meu irmán Alejandro, hai algunha info do trabalho do noso avó ná época. Alén do que dixen anteriormente, temos algunha información máis..

Non tenho agora moito tempo, mais déixovos algo máis: A lembranza da nosa nai Mercedes e da nosa tia Melania, sumadas ás testemunhas de vecinhos maiores, mesmo do noso pai ou de Guillermo Vidal, era case o único que tinhamos deste aspecto da súa vida (a represión que sufriu Castor, pois el mesmo case non falou con nós diso..) e así até fai uns 15 ou 16 anos era pouca, case ningunha a documentación importante que tinhamos diso..Pouco a pouco nos puxemos á obra e atopamos nunha importante biblioteca o libro “Galicia y el Movimiento Nacional” do cura (coengo) fascista Silva Ferreiro que fala, desde a súa optica, do trabalho militante de Castor na comarca de Barro e Moraña. Mais nesta laboura foron importantes as achegas de amigos e amigas que trabalhaban na recuperación da memoria, especialmente o contributo de Roberto Rivas Reboredo, na altura presidente da Asociación Cultural Barosa e concelheiro do BNG, que achegou algunha info e conseguiu saber por medio dunha información alambicada onde estaban os documentos do Conselho de Guerra ao que foi sometido (É incríbel que a estas alturas ainda haxa que proceder de modo tan detectivesco pra conseguir saber da nosa historia e dos nosos mortos e represaliados!..). Con Roberto me despracei a Ferrol e, alí, nun antigo cuartel militar conseguimos entre os dous ver o seu expediente do xuizo, do que fotocopiamos a maior parte con unha fotocopiadora de mala morte que os militares que alí estaban nos deixaron usar amablemente. Despois foi importantísima tamén a axuda e recuperación documental que nos prestou o secretario do noso Concelho de Barro Xesús R. Castro, por medio do que conseguimos ter moita máis información [Desculpar acolocación desta puntuación..pois este trebelho facebook non me deixa por puntos e aparte..). Deixo aquí unha información que publiquei no facebook, hai 3 anos, que resumia parte disto:https://www.facebook.com/photo.php?fbid=3091023689595…

Neste enlace tedes unha entrevista con unha veciña de 95 anos de Saians  Moraña na que na ultima parte sin acordarse do seu nome fala de Castor Castro Cancela…o derradeiro alcalde republicano de Barro.

O tempo da Guerra, Inés de Saiáns (Moraña)

http://movimientoengalicia.blogspot.com.es/2010/07/morana.html?m=1

http://gl.m.wikipedia.org/wiki/Castor_Castro_Cancela

http://vitimas.nomesevoces.net/gl/ficha/430/

Memoria Histórica

http://vitimas.nomesevoces.net/gl/buscar/?nome=&apelidos=&sexo=0&natural=75&vecinanza=&filiacion=&suceso=&profesion=&morte=

liacollazo castro

 

castor fotogrande-ret

castor+jesusa

D.E.P. Dº GERMÁN RODRÍGUEZ FURELOS

german

XXXVI FESTA DO VIÑO DE BARRO

XXXVI FESTA DO VIÑO DE BARRO

Análise Postelectoral

o veciño denfrente

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán visitou este mércores o inicio das obras do centro de servizos e apoio empresarial que se constrúe no polígono industrial de Barro-Meis, “queatenderá ás demandas dos novos emprendedores do viveiro de empresas que aquí se instalen e das empresas que xa funcionan no polígono”, segundo manifestou.

A empresa Construccións Abal é a encargada de executar a obra cuxo orzamento é de 898.641euros e ten un prazo de execución de 9 meses.

O novo edificio disporá dunha superficie útil de 1.200 metros cuadrados distribuída en tres andares. A planta baixa albergará unha cafetería, os servizos e varias oficinas, mentres que a primeira planta vaise a reserva un espazo para auditorio e salas multiusos ademais de almacéns e outras dependencias.  No baixo cuberta instalaranse os cuartos de servizo para o funcionamento da instalación.

Rafael Louzán destacou que esta segunda fase da obra completa o desenvolvemento urbanístico do parque e sinalou que se están a cumprir os prazos previstos para esta segunda fase da obra que complementa a construción do novo viveiro de empresas.

O presidente da Deputación destacou  que “estamos indo en tempo razonable para que a primeiros de ano, aproximadamente, teñamos dispoñible os dous edificios que darán servizo a todos os empresarios xa instalados no polígono e a decena de novos emprendedores que virán ao viveiro”.

VIVEIRO DE EMPRESAS

Rafael Louzán tamén inspeccionou a evolución das obras de construción do viveiro empresarial que facilitará a labor dos novos emprendedores ofrecéndolles espazos e servizos axeitados para a posta en marcha das súas iniciativas.Funcionará como unha estrutura  de acollida temporal no que as novas empresas poidan dar os seus primeiros pasos á vez que reciben un asesoramento especializado das súas necesidades e con vantaxes económicas.

Durante os dous primeiro anos, as novas empresas poderán instalaranse de balde soportando unicamente os gastos xerais de mantemento das dependencias.

A posta en marcha deste viveiro, financiado  con Fondos Feder nun 80% e da Deputación nun 20%, é froito dun acordo coa Fundación Incyde para impulsar o emprendemento empresarial e a promoción económica da provincia.

http://pontevedraviva.com/xeral/20663/edificio-servizos-apoyo-empresarial-barro-meis-funcionamento-2016/

landin louzan

Sábado 13 de Xuño ás 12.00 horas elección do novo alcalde/sa e toma de posesión dos novos concelleiros de Barro.

landin

PROGRAMA XXXVI FESTA DO VIÑO DE BARRO 19, 20 e 21 de xuño de 2015.

festa viño barro 2015

A renda familiar derrúbase na provincia en apenas tres anos

Desde que a crise económica empezase a facer das súas alá polo ano 2008, a situación financeira de miles e miles de familias da provincia de Pontevedra non deixou de deteriorarse mes tras mes. Así o acredita un minucioso informe elaborado pola consultora AIS, que analizou en detalle distintas variables sobre o escenario ao que se enfrontan a día de hoxe os fogares. A conclusión respecto dos ingresos que perciben os pontevedreses é contundente: apenas seis municipios manteñen a día de hoxe nas comarcas de Pontevedra e Arousa unha renda familiar similar á que tiñan no 2011.

Trátase de Sanxenxo, O Grove, Poio, Meaño, Cotobade e Catoira, onde os ingresos das familias oscilan entre os 1.800 e os 2.200 euros ao mes de media, ao mesmo nivel que fai tres anos, de acordo co avanzado polo informe de AIS. A consultora utiliza distintas fontes oficiais para analizar a evolución: Instituto Nacional de Estatística (INE), Ministerio de Facenda…

Sete municipios incrementan a súa débeda

A masiva deterioración da situación financeira das familias que constata o informe de AIS non desatou unha tendencia similar nos consistorios das comarcas de Pontevedra e Arousa. Moi ao contrario, a maioría dos rexedores pontevedreses asumiron nestes tres anos que o que tocaba era apertarse o cinto e son moitos os que se aplicaron a iso para conter a débeda das institucións que lles tocaba gobernar. A costa iso si, en moitos casos, de sufrir o seu para prestar os servizos que demandaban os seus veciños.

Hai no entanto algunhas excepcións. O informe sostén que sete concellos destas comarcas elevaron a súa débeda entre o 2011 e o 2014. Son Vilanova, Portas, Meis, Barro, Catoira, Caldas de Reis e Sanxenxo.

O repunte máis cuantioso é deste último, tendo en conta que o estudo precisa que o Concello turístico elevou os seus números vermellos en máis de dous millóns durante o período analizado.

Os concellos de cabeceira de ambas as comarcas, en contraposición, presentan un comportamento moi positivo neste sentido pois lograron conter os seus números vermellos neses tres anos. Pontevedra, por exemplo, pasou de soportar unha débeda de 290 euros por habitante no 2011 a 230 no 2014, mentres que en Vilagarcía o recorte foi algo máis modesto, pero en todo caso importante: de 513 euros por veciño no 2011 a 499 treses anos máis tarde.

O estudo deixa constancia para rematar dun dato curioso: a existencia de seis concellos que non soportaban ao peche do 2014 ningún tipo de débeda. Trátase dos consistorios de Ribadumia, Meaño, Valga , Pontecesures, Cotobade e Campo Lameiro.

Contención

En todos eles, a contención orzamentaria executada polos seus respectivos gobernos locais estaría detrás dun dato de xeito evidente rechamante.

http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/poio/2015/06/08/renta-familiar-desploma-provincia-apenas-tres-anos/0003_201506P8C1991.htm

baladas barro

XANTAR DA FESTA DO VIÑO

xantar festa viño barro

SEGUNDO ANIVERSARIO DO ALBERGUE DE PEREGRINOS DA PORTELA

No Albergue de Peregrinos de A Portela, estamos de segundo aniversario. Para os que non o saibades, A Portela e unha parroquia do Concello de Barro, situado entre Pontevedra e Caldas de Reis.
O longo destes dous anos, pasaron, e compartiron con nos as súas vivenzas persoas de máis de 50 paises.
Xente de todo o Planeta. Habitantes da fría Groenlandia e do caluroso Iran. Xente da Siberia e da Amazonía Brasileira. De multitude de países do rico norte Europeo e xente da África pobre.
Xente de outras culturas do lonxano Oriente.
Xente de pequenas aldeas de Sudamérica e xente da Metrópoli de Tokio.
Xente de multitude de islas de todos os océanos e xente da América profunda.
Xente da tranquila Oceanía e xente cos seus paises en guerra como Siria.
Xente aparerntemente rica e xente que levaba todas as suas pertenzas en unha mochila.
Xente que veu con bebés de meses e xente con máis de 80 anos.
Xente que camiñaba durante o inverno en zapatillas de andar pola casa.
Xente que camiñaba sóla e xente que camiñaba en familia durante máis de un mes.
Xente que falaba multitude de idiomas.
Xente con gañas de falar e xente introspectiva.
Blancos, negros, amarelos…
Tivemos a sorte de poder compartir unhas horas con multitude de xente que nos levou de viaxe astral o seu pobo, a sua cidade, o seu país.
Xente que nos fixo reir e algún que nos fixo chorar.
Foron miles os seres humanos que pasaron polo albergue de A Portela estes dous anos e todos e cada un deles nos deixou algo da súa enerxía. E creemos que unha boa parte deles levaron A Portela no seu corazón para a sua aldea, para sua casa.
Sentimonos orgullosos e agradecidos por poder seguir traballando en un lugar que é coma unha ventá aberta o mundo. Cada día coñecemos xente nova, de algún sitio do Planeta que nos aporta algo.
Cada mañan cando chegamos o Albergue o primeiro que miramos e o noso libro de visitas onde nos escriben cousas tan fermosas coma esta pequena mostra que vos mostramos.
Por moitos anos.

Albergue Peregrinos da Portela – Barro Tf. 655952805 Jorge López

FACEBOOK

https://www.facebook.com/albergueperegrinosportela.barro

PAXINA:

http://www.alberguedaportela.es/

ALBERGUE DA PORTELA

Xosé Manuel Fernández Abraldes novo Alcalde do Concello de Barro

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

pleno

Un emocionado Xosé Manuel Fernández Abraldes converteuse este sábado no novo alcalde de Barro. Despois de 32 anos de goberno do popular José Antonio Landín Eirín -só interrompidos por sete anos nos que, ao estar inhabilitado, cedeu o cargo á súa esposa-, o municipio terá un goberno de esquerdas. O líder do BNG recibiu o apoio dos seus outros tres compañeiros e dos dous concelleiros do PSdeG-PSOE.

Abraldes, que non puido reprimir as bágoas ao aceptar o cargo, tivo un sentido recordo nada máis empezar o seu discurso a Castor Castro, alcalde de Barro durante a República, un home “represaliado polas súas ideas e a defensa da liberdade”. Tras iso, o recén investido alcalde quixo agradecer o apoio dos edís nacionalistas e socialistas e aos veciños “que nos votaron para conseguir esta alcaldía”.

A partir de agora, dixo,“intentaremos gobernar para todos os veciños, independentemente da súa ideoloxía, modo de pensar ou opinión,”. A súa prioridade será poder paliar “na medida do posible” a situación que están a atravesar moita xente “polo momento que estamos a vivir” e para iso pediu “o apoio de todos”, porque o seu será, reiterou, un concello “aberto á participación de todo o mundo”.

Xosé Manuel Fernández Abraldes recibiu o apoio dos outros tres concelleiros do BNG, Roberto Rivas, Amelia Cancela e Antonio Giráldez -que prometeron o seu cargo coa súa man enriba dun exemplar de Sempre en Galiza de Castelao-, e dos dous edís electos do PSdeG-PSOE, Lía Rodríguez e o seu cabeza de lista, José Sanmartín, con quen Abraldes se fundiu nun abrazo nada máis tomar posesión como alcalde.

Foi o único candidato que se presentou para ser elixido alcalde, xa que o popular Landín Eirín anunciou que o seu grupo se abstería antes de comezar a votación, que se produciu a man alzada tras o acordo alcanzado entre os tres partidos. Xunto ao exalcalde, o Partido Popular estará representado na nova corporación por María Teresa Roig, Jesús Manuel Moreira, María Dolores Martiñán e Emilio Ucha.

O LUNS 22, REUNIÓN PARA PECHAR O PACTO

Xosé Manuel Fernández Abraldes explicou que, unha vez lograda a investidura, que xa estaba asegurada dende o día das eleccións porque “PSOE e BNG tiñamos a vontade de investir un alcalde alternativo a Landín”, ambas as dúas formacións retomarán as conversacións para pechar un pacto de goberno estable e “pechar os flecos que quedan”. Será, explicou, un goberno “solidario” no que participarán os seis concelleiros electos por ambas as dúas partes.

Este encontro non se producirá antes porque a partir do xoves se celebra a Festa do Viño de Barro, un evento que ambos os dous partidos tiveron que organizar “sen ter cargo para poder facelo”. Desta festa quedan “ultimar un par de recados”, polo que “esperaremos que pase esta semana” para conformar o novo goberno e todo o funcionamento interno do concello.

http://pontevedraviva.com/xeral/20726/pleno-historico-barro-abraldes-bng-novo-alcalde-tras-32-anos-goberno-landin-eirin/

landin barro

Xosé Manuel Fernández Abraldes - copia

 

“Festa” dá Familia en Praceres e charla de Anxo Carracedo no IES de Barro

PORTADA faro-de-vigo

O colexio Sacro Corazón de Praceres celebrou na tarde de onte a “Festa dá Familia” á que rapazas bailandoasistiu a comunidade educativa a unha xornada lúdica e de convivencia. Ao catro da tarde comezaron as funcións no salón de actos e posteriormente tivo lugar unha serie de actividades no patio para os nenos, desde talleres de maquillaxe, clases de zumba, zancudos, globoflexia, inchables, e ata un concurso de tortas. Como colofón os nenos divertíronse coa festa da espuma. Por outra banda, o instituto de Barro contou coa presenza do científico Anxo Carracedo quen impartiu unha interesante aos alumnos do centro. O relator é profesor da Universidade de Santiago e investigador que desempeña o seu labor no campo da xenética molecular e o ADN. Tamén participou a escritora Loli Beloso

http://galego.farodevigo.es/portada-pontevedra/2015/06/06/festa-da-familia-placeres-charla/1254728.html

Un condutor sen carné foxe da Garda Civil e a Policía a toda velocidade entre O Vao e A Lanzada

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

Dez axentes da Garda Civil de Tráfico e a Policía Nacionalde Pontevedra lograron dar alcance este venres a un vehículo que protagonizou unha espectacular fuga pola autovía do Salnés a gran velocidade e facendo manobras moi peligrosas. Ademais, conseguiron deter os seus tres ocupantes, todos con antecedentes policiais.

O condutor non tiña permiso de conducir e rematou detido por condución temeraria e por un delito de desobediencia á autoridade e resistencia. Os outros dous ocupantes foron detidos polo segundo delito por resistirse cando as patrullas da Policía Nacional e Tráfico lograron dalo o alto, segundo puido saber PontevedraViva.

Todo comezou nas inmediacións do poboado chabolista do Vao. O vehículo en cuestión fuxiu dunha patrulla da Policía Nacional en dirección á estrada de Vilagarcía, de modo que comezou unha persecución na que, á altura de Curro (termo municipal de Barro) se incorporou a Garda Civil de Tráfico.

A fuga seguiu en dirección ao Grove pola autovía do Salnés. Durante todo o percorrido, o condutor circulou a velocidades moi elevadas e realizou manobras manifestamente temerarias que puxeron en perigo a integridade do resto de condutores que utilizaban a vía. As Forzas de Seguridade conseguiron darlle o alto nas inmediacións da Lanzada.

O operativo implicou catro axentes da Policía Nacional e seis axentes de Tráfico e, segundo resaltaron dende a Comandancia da Garda Civil, a coordinación entre todos eles permitiu a detención dos tres ocupantes. Os tres serán postos a disposición do Xulgado de Instrución número 1 de Cambados, en funcións de Guardia este venres.

http://pontevedraviva.com/xeral/20583/un-conductor-permiso-huye-guardia-civil-policia-velocidad-vao-lanzada/

guardia civil trafico