O colexio Sacro Corazón de Praceres celebrou na tarde de onte a “Festa dá Familia” á que
asistiu a comunidade educativa a unha xornada lúdica e de convivencia. Ao catro da tarde comezaron as funcións no salón de actos e posteriormente tivo lugar unha serie de actividades no patio para os nenos, desde talleres de maquillaxe, clases de zumba, zancudos, globoflexia, inchables, e ata un concurso de tortas. Como colofón os nenos divertíronse coa festa da espuma. Por outra banda, o instituto de Barro contou coa presenza do científico Anxo Carracedo quen impartiu unha interesante aos alumnos do centro. O relator é profesor da Universidade de Santiago e investigador que desempeña o seu labor no campo da xenética molecular e o ADN. Tamén participou a escritora Loli Beloso
