SEGUNDO ANIVERSARIO DO ALBERGUE DE PEREGRINOS DA PORTELA

No Albergue de Peregrinos de A Portela, estamos de segundo aniversario. Para os que non o saibades, A Portela e unha parroquia do Concello de Barro, situado entre Pontevedra e Caldas de Reis.
O longo destes dous anos, pasaron, e compartiron con nos as súas vivenzas persoas de máis de 50 paises.
Xente de todo o Planeta. Habitantes da fría Groenlandia e do caluroso Iran. Xente da Siberia e da Amazonía Brasileira. De multitude de países do rico norte Europeo e xente da África pobre.
Xente de outras culturas do lonxano Oriente.
Xente de pequenas aldeas de Sudamérica e xente da Metrópoli de Tokio.
Xente de multitude de islas de todos os océanos e xente da América profunda.
Xente da tranquila Oceanía e xente cos seus paises en guerra como Siria.
Xente aparerntemente rica e xente que levaba todas as suas pertenzas en unha mochila.
Xente que veu con bebés de meses e xente con máis de 80 anos.
Xente que camiñaba durante o inverno en zapatillas de andar pola casa.
Xente que camiñaba sóla e xente que camiñaba en familia durante máis de un mes.
Xente que falaba multitude de idiomas.
Xente con gañas de falar e xente introspectiva.
Blancos, negros, amarelos…
Tivemos a sorte de poder compartir unhas horas con multitude de xente que nos levou de viaxe astral o seu pobo, a sua cidade, o seu país.
Xente que nos fixo reir e algún que nos fixo chorar.
Foron miles os seres humanos que pasaron polo albergue de A Portela estes dous anos e todos e cada un deles nos deixou algo da súa enerxía. E creemos que unha boa parte deles levaron A Portela no seu corazón para a sua aldea, para sua casa.
Sentimonos orgullosos e agradecidos por poder seguir traballando en un lugar que é coma unha ventá aberta o mundo. Cada día coñecemos xente nova, de algún sitio do Planeta que nos aporta algo.
Cada mañan cando chegamos o Albergue o primeiro que miramos e o noso libro de visitas onde nos escriben cousas tan fermosas coma esta pequena mostra que vos mostramos.
Por moitos anos.

Albergue Peregrinos da Portela – Barro Tf. 655952805 Jorge López

FACEBOOK

https://www.facebook.com/albergueperegrinosportela.barro

PAXINA:

http://www.alberguedaportela.es/

ALBERGUE DA PORTELA

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s