¿Quen foi Castor Castro Cancela?

O recén investido alcalde, que non puido reprimir as bágoas ao aceptar o cargo, tivo un sentido recordo nada máis empezar o seu discurso a Castor Castro, alcalde de Barro durante a República, un home “represaliado polas súas ideas e a defensa da liberdade”.

Moitos veciños preguntábanse hoxe quen é Castor, aquí quédavos algunha información sobre Castor Castro Cancela….. o derradeiro alcalde republicano de Barro.

Castor Castro Cancela, nado en Portela (Barro) e finado no mesmo concello en 1974, foi un político galego.

Fillo de Jose Castro e Manuela Cancela Bua. Casou con Jesusa Nieto Mourente. En 1918 participou na constitución dunha sociedade de oficios varios en Barro.

O 16 de maio dese ano presidiu un mitin agrarista celebrado na parroquia de Curro no que participaron Ramón Abal, de Barro, Salvador Novo de Moraña, Samuel Blanco de Paradela, Marcelino Fernández de Vilaxoán e Manuel Alvarez de Vilagarcía. Na Segunda República foi elixido alcalde de Barro en 1936. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 estivo fuxido polas ameazas e acoso falanxista.

Foi detido pola Garda Civil e os falanxistas a mediados de setembro. Xulgado en Consello de Guerra en marzo de 1937 en Pontevedra, foi condenado a pena de prisión de 15 anos. Ingresou na penitenciaria da illa de San Simón e despois foi trasladado á cadea de Astorga.

Xosé Collazo Castro Nas actas dixitalizadas do Concelho de Barro, nos anos 30 podemos ver referencias a Castor e aos seus companheiros de corporación e do seu trabalho municipal e no “Bolido”, que era o medio de comunicación que tinhan na época anterior ao período republicano, que nos deixou fotografar un médico de Moraña, co que se puxo en contacto meu irmán Alejandro, hai algunha info do trabalho do noso avó ná época. Alén do que dixen anteriormente, temos algunha información máis..

Non tenho agora moito tempo, mais déixovos algo máis: A lembranza da nosa nai Mercedes e da nosa tia Melania, sumadas ás testemunhas de vecinhos maiores, mesmo do noso pai ou de Guillermo Vidal, era case o único que tinhamos deste aspecto da súa vida (a represión que sufriu Castor, pois el mesmo case non falou con nós diso..) e así até fai uns 15 ou 16 anos era pouca, case ningunha a documentación importante que tinhamos diso..Pouco a pouco nos puxemos á obra e atopamos nunha importante biblioteca o libro “Galicia y el Movimiento Nacional” do cura (coengo) fascista Silva Ferreiro que fala, desde a súa optica, do trabalho militante de Castor na comarca de Barro e Moraña. Mais nesta laboura foron importantes as achegas de amigos e amigas que trabalhaban na recuperación da memoria, especialmente o contributo de Roberto Rivas Reboredo, na altura presidente da Asociación Cultural Barosa e concelheiro do BNG, que achegou algunha info e conseguiu saber por medio dunha información alambicada onde estaban os documentos do Conselho de Guerra ao que foi sometido (É incríbel que a estas alturas ainda haxa que proceder de modo tan detectivesco pra conseguir saber da nosa historia e dos nosos mortos e represaliados!..). Con Roberto me despracei a Ferrol e, alí, nun antigo cuartel militar conseguimos entre os dous ver o seu expediente do xuizo, do que fotocopiamos a maior parte con unha fotocopiadora de mala morte que os militares que alí estaban nos deixaron usar amablemente. Despois foi importantísima tamén a axuda e recuperación documental que nos prestou o secretario do noso Concelho de Barro Xesús R. Castro, por medio do que conseguimos ter moita máis información [Desculpar acolocación desta puntuación..pois este trebelho facebook non me deixa por puntos e aparte..). Deixo aquí unha información que publiquei no facebook, hai 3 anos, que resumia parte disto:https://www.facebook.com/photo.php?fbid=3091023689595…

Neste enlace tedes unha entrevista con unha veciña de 95 anos de Saians  Moraña na que na ultima parte sin acordarse do seu nome fala de Castor Castro Cancela…o derradeiro alcalde republicano de Barro.

https://quinteirodoumia.wordpress.com/2012/11/21/o-tempo-da-guerra-ines-de-saians-morana/

http://movimientoengalicia.blogspot.com.es/2010/07/morana.html?m=1

http://gl.m.wikipedia.org/wiki/Castor_Castro_Cancela

http://vitimas.nomesevoces.net/gl/ficha/430/

https://novasdebarro.com/memoria-historica/

http://vitimas.nomesevoces.net/gl/buscar/?nome=&apelidos=&sexo=0&natural=75&vecinanza=&filiacion=&suceso=&profesion=&morte=

liacollazo castro

 

castor fotogrande-ret

castor+jesusa

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s