Barro pechou 2017 cun superávit de máis de 400.000 euros

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

Despois de ter investido máis de 750.000 euros, o Concello de Barro pechou o exercicio económico de 2017 cun superávit de 432.492 euros no remanente de tesourería, que agora se destinará á realización de novas obras e proxectos municipais.

Segundo os datos sobre a liquidación do orzamento municipal que o goberno local levou ao pleno ordinario da corporación, executáronse a totalidade dos investimentos previstos nas contas de 2017, aos que se sumaron outros proxectos financiados con 300.000 euros do remanente do ano anterior.

Para o alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, as cifras tanto do superávit como da execución dos investimentos son o resultado dun traballo “serio e eficaz”, tanto na xestión económica coma na tramitación e execución de moitos proxectos que serviron para a mellora dos servizos e os equipamentos, dos que a veciñanza xa pode disfrutar.

Unha “política económica rigorosa na xestión”, un método de contratación “transparente” e unha “política de aforro” no gasto corrente fan que as contas do Concello vaian mellorando pouco a pouco e aseguren a liquidez das arcas municipais, o que permite que o pago aos provedores municipais se realice cunha media de 17 días, moi por debaixo dos 30 que marca a lei.

De cara a este ano 2018, o goberno local comprométese a seguir coa mesma política económica, que lles permite “sacarlle o maior rendemento posible aos cartos públicos” e seguir mellorando os servizos e equipamentos municipais.

O remanente de 2017 dedicarase a obras e proxectos “financieiramente sostibles” que se adapten ás “condicións restritivas” que impón o goberno do Estado.

http://pontevedraviva.com/xeral/43104/barro-cerro-2017-superavit-mas-400000-euros/

ABRALDES BARRO

 

Unha empresa de Barro porá luz ao Entroido de Pontevedra

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

O Entroido da cidade de Pontevedra contará coa iluminación dunha empresa da comarca. Trátase de Iluminaciones Pintos, unha compañía especializada de Barro, que foi contratada polo Concello ante o atraso da nova adxudicación.

Esta empresa cobrará 8.974,80 euros máis IVE.

O encargo do goberno municipal inclúe a instalación de iluminación en Michelena, Benito Corbal, Praza de España, Praza da Ferrería, Praza Curros Enríquez, Praza da Verdura, Praza de Ourense e Loureiro Crespo.

Mentres tanto, os técnicos municipais seguen tramitando o novo contrato de iluminación para o Entroido, as Festas da Peregrina e o nadal.

Sairá a licitación por dous anos nas mesmas condicións que o contrato actual.

http://pontevedraviva.com/xeral/43105/empresa-barro-pondra-luz-entroido-pontevedra/

 

ILUMINACION BARRO

 

 

Un condutor ferido en Barro tras bater contra a mediana da AP-9

ACCIDENTEUn accidente na autoestrada AP-9, á altura da Portela (Barro), mobilizou onte á noite aos servizos de emerxencia. Un condutor resultou ferido despois de que o seu coche chocase contra a mediana

Segundo informou o 112 Galicia, o sinistro produciuse ás 20.30 horas no quilómetro 119 da AP-9.

Como consecuencia do impacto, o condutor sufriu unha forte conmoción e foi trasladado nunha ambulancia do 061 a un centro hospitalario de Pontevedra.

Non foi necesaria a intervención dos Bombeiros do Salnés para excarceralo, a pesar de que varias persoas que acudiron a auxiliar ao ferido tiveron dificultades para abrir as portas do coche.

O accidente produciu bastantes danos na autoestrada. Restos do coche mesmo chegaron a exceder a mediana e acabaron nos carrís de circulación en dirección a Pontevedra.

Axentes da Garda Civil de Tráfico trasladáronse ao lugar para coordinar a circulación ata que os operarios de mantemento de Audasa puideron limpar a zona e retirar os restos do coche sinistrado.

http://pontevedraviva.com/xeral/43132/conductor-herido-barro-tras-chocar-contra-mediana-autopista-ap9/

 

 

ASAMBLEAS INFORMATIVAS DO GOBERNO MUNICIPAL

FB_IMG_1517434083254

A becerra que «toleou» en Barro

 

D.E.P.D MANUEL BARREIRO TOURIÑO

_20180131_172634

ENTROIDO 2018

Estas son as datas do Entroido en Barro.
O 11 de febreiro, domingo de Entroido, Corrida do Galo en todas as parroquias e Baile no centro Cívico.
O sábado 17, Festival de Entroido no Pavillón de Deportes.

FB_IMG_1517256679318

 

OFERTA DE EMPREGO EN BARRO

_20180129_210056

¿QUERES FORMAR PARTE DA CORAL POLIFÓNICA DE BARRO?

_20180129_205433

A NECROSIA AO LOBO APARECIDO EN BARRO REVELA QUE MORREU POR SARNA

_20180128_160127

A patronal local urge a gratuidad da AP-9 a Curro para “compensar” o aumento de peaxes

Barro reclama que tamén se eleminen os peaxes nos tramos da AP-9 na comarca

CAMPAÑA DE DINAMIZACIÓN DO COMERCIO LOCAL

FB_IMG_1516977730708

DESTAPA O ENTROIDO “RUTA DE TAPAS”

FB_IMG_1516977723795

EXPOSICIÓN IMAXES NO TEMPO

FB_IMG_1516977869142