QUERÉS SER FIGURANTE NA CABALGATA DE REIS

Os que queirades ir na Cabalgata de Reis de Barro podedes vir pola OMIX a inscribirvos ata as 14.00h do martes día 2 de xaneiro. Mais información no 690722812.

FB_IMG_1514551559094

CONCERTO DO GRUPO DE PANDEIRETAS E DE FELIPE REA

Concerto do grupo de Pandeiretas da Asociación Pañaflor e de Felipe Rea.

asociacion peñaflor

CONCERTO DOS COROS DE CURRO E PORTELA E DE AMIGOS DO ACORDEÓN RÍAS BAIXAS

Hoxe, ás 20:00h., concerto dos Coros de Curro e Portela e de Amigos do Acordeón Rías Baixas

coro portela curro

85 veciños de Barro, Cotobade e Moraña participarán nos obradorios de “Tecendo lazos”

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

A Deputación de Pontevedra pon en marcha este martes 26 de decembro novos obradoiros do programa “Tecendo Lazos”, promovido polo servizo de Cohesión Social e Xuventude da institución provincial, nos concellos de Barro, Cotobade e Moraña.

En total, 85 persoas destes tres concellos beneficiaranse desta iniciativa que ten por obxectivo fomentar o envellecemento activo das persoas maiores e impulsar as habilidades sociais e a empatía das máis novas a través dunha serie de obradoiros interxeracionais de lecer e tempo libre.

Máis polo miúdo, en Barro participarán 32 persoas nun obradoiro de “Bailes de Romería” que alongarase ata o 9 de xaneiro e terá lugar no salón de actos da Biblioteca Municipal.

MAIS INFORMACIÓN.

http://pontevedraviva.com/xeral/42273/85-vecinos-barro-cotobade-morana-participaran-obradorios-tecendo-lazos/

5a4123830b-xuntadegobernof01

 

D.E.P.DOÑA MARIA DEL CARMEN OUTEDA SANCHEZ

_20171225_195344

O EQUIPO DA PORTELA GAÑA O V CAMPIONATO INTERPARROQUIAL

V torneo Interparroquial.
Campion. Portela.
Subcampión. Curro.

Torneo menudo.
Campión. Curro.
Subcampión. Agudelo.
Solteiras – Casadas .
Ganaron ás solteiras.

_20171225_105547

_20171225_105616

D.E.P. D. BENEDICTO BUCETA BARROS

_20171224_201736

PREMIADOS NO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL ¡¡NORABOA!!

O sábado 23 ás 18:30 no Pazo da Crega inauguración da EXPOSICIÓN coas 220 postais participantes.

CONCURSO POSTAIS

CONCERTO LÍRICO

FB_IMG_1514130435027

CONCERTOS DE NADAL

 

banda xuvenil de barro

A aldea do Nadal á que todos os nenos quererían ir está á beira de Pontevedra

Última xornada do V Torneo Interparroquial

O Barro C.F celebra este domingo pola mañá a última xornada do V Torneo Interparroquial que quedou aplazada debido ao temporal do pasado día 10.

O campo de futbol de Outeiro acollerá a partir das 10 da mañá as dúas semifinais entre os equipos de Portela-Agudelo e Curro-Perdecanai, e as 13.40 horas terá lugar a gran final.

Ademáis, ás 12 horas terá lugar o encontro de fútbol feminino solteiras-casadas e tamén se xogará a final do I Torneo Menudo, ás 12.30 horas, entre Agudelo e Curro.

O Torneo Interparroquial é unha actividade promovida polo Barro C.F como forma de incentivar a relación entre os veciños do municipio a través do deporte.

Este ano, como novidade, púsose tamén en marcha, con gran acollida, o Torneo Menudo dirixido aos nenos de entre 6 e 14 anos, coa intención de que prosiga en vindeiras edicións.

Xunto co Torneo Interparroquial, o Barro C.F pensa xa na organización da III RaxoFesta, unha actividade gastronómica que se está consolidando no calendario do clube.
A edición deste ano, pese a quedar nun só día debido ás inclemencias meteorolóxicas, tivo un gran éxito xa que se consumiron os máis de 200 kilos de raxo previstos para as dúas xornadas de degustacións.
Numerosas persoas acudiron a II RaxoFesta, que, ademáis, este ano tivo canción propia: “Felices en Barro”, unha versión dos Páramo Pictures, pregoeiros da celebración.

41 persoas doaron o seu sangue de forma altruísta onte en Barro

Na doazon de sangue realizada onte en Barro houbo 41 doazóns en total, das cales unha correspondíase cunha persoa que doaba por vez primeira. Moitas grazas.

FB_IMG_1513873879208

BOLETIN PONTEemprego nº 252 de data 20/12/2017

pdfPONTEEMPREGO


Fai clic para acceder a oferta_trabajo_empleo_formacion_curso_pontevedra_PONTEemprego_Alerta_252_20-12-2017.pdf

 

PROGRAMACIÓN DE NADAL NO PAZO

FB_IMG_1513540484676