JOSE SANMARTIN E ROCÍO TOURIÑO REPITEN COMO SECRETARIO XERAL E DE ORGANIZACIÓN DO PSOE DE BARRO MENTRES QUE O HISTÓRICO JOSÉ LUIS ABAL É O NOVO PRESIDENTE DA AGRUPACIÓN.

José Sanmartín e Rocío Touriño foron reelexidos como Secretario Xeral e Secretaria de Organización, respectivamente, no Congreso Local que designou a nova Comisión Executiva Municipal

A única candidatura, presentada polo actual tenente de alcalde de Barro,  foi aprobada por unanimidade e tamén elexiu ao histórico José Luis Abal como novo Presidente da Agrupación.

José Sanmartín continúa como secretario xeral e tamén dirixirá as áreas de Política Municipal e Acción Electoral, mentres que Rocío Touriño repite como secretaria de Organización e asume ademáis as áreas de Formación e Administración.

A Comisión Executiva complétase con Luis Miguel Castro na Secretaría de Urbanismo, Silvia Torres en Educacion e Cultura, Celestino Piñeiro na área de Deporte, Margarita Canay Pintos en Sanidade e Igualdade, Miguel Coejo e Julio César Constenla comparten as áreas de Medio Rural e Medio Ambiente e Irene Gómez Señoráns asume a secretaría de Servizos Sociais.

Asimesmo, intégranse nos órganos executivos: Francisco José Pérez Vázquez na Secretaría de Economía e Facenda, Lía Digna Rodríguez Barros en Promocion Económica, Turismo e Emprego, Silvia Sabarís en Acción Social e Pury González na área de Comunicación e Redes Sociais.

Ademáis, o Congreso Local aprobou o informe de xestión da dirección saínte destacando a consecución do goberno local en coalición, quedando só a 23 votos de obter a terceira acta de concelleiro , e o notable crecemento da militancia.

A nova Executiva Socialista de Barro seguirá traballando para mellorar a vida dos veciños e aumentar o número de concelleiros nas próximas elección municipais.

A asemblea do Congreso Local socialista de Barro contou tamén coa presencia da vicesecretaria provincial, Paula Fernández, que clausurou a asemblea.

_20180124_220050

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s