Barro pechou 2017 cun superávit de máis de 400.000 euros

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

Despois de ter investido máis de 750.000 euros, o Concello de Barro pechou o exercicio económico de 2017 cun superávit de 432.492 euros no remanente de tesourería, que agora se destinará á realización de novas obras e proxectos municipais.

Segundo os datos sobre a liquidación do orzamento municipal que o goberno local levou ao pleno ordinario da corporación, executáronse a totalidade dos investimentos previstos nas contas de 2017, aos que se sumaron outros proxectos financiados con 300.000 euros do remanente do ano anterior.

Para o alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, as cifras tanto do superávit como da execución dos investimentos son o resultado dun traballo “serio e eficaz”, tanto na xestión económica coma na tramitación e execución de moitos proxectos que serviron para a mellora dos servizos e os equipamentos, dos que a veciñanza xa pode disfrutar.

Unha “política económica rigorosa na xestión”, un método de contratación “transparente” e unha “política de aforro” no gasto corrente fan que as contas do Concello vaian mellorando pouco a pouco e aseguren a liquidez das arcas municipais, o que permite que o pago aos provedores municipais se realice cunha media de 17 días, moi por debaixo dos 30 que marca a lei.

De cara a este ano 2018, o goberno local comprométese a seguir coa mesma política económica, que lles permite “sacarlle o maior rendemento posible aos cartos públicos” e seguir mellorando os servizos e equipamentos municipais.

O remanente de 2017 dedicarase a obras e proxectos “financieiramente sostibles” que se adapten ás “condicións restritivas” que impón o goberno do Estado.

http://pontevedraviva.com/xeral/43104/barro-cerro-2017-superavit-mas-400000-euros/

ABRALDES BARRO

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s