A Deputación cede o uso dunha nova oficina no viveiro de empresas de Barro

A Deputación de Pontevedra aprobou hoxe a cesión dunha oficina de 18 metros cadrados do viveiro de empresas de Barro a unha nova empresa de servizos da propiedade inmobiliaria. A comisión de seguimento do viveiro, que estivo presidida polo deputado, Carlos López Font e a deputada Eva Vilaverde, e que contou coa presenza do alcalde Barro, Xosé Manuel Abraldes, aprobou hoxe esta nova incorporación, ademais da prórroga da ocupación de tres naves e dúas oficinas de 25 metros cadrados.

A comisión aprobou a cesión dun espazo á empresa “Buscavivenda SL”, dunha oficina de 18 metros cadrados e as prórrogas de ocupación doutra oficina e dunha nave para Eurotec Inspección S.L. e das naves das empresas de Jose Manuel Camba e Jesús Manuel Moreira, e a oficina de Juan Aurelio Padín.

Segundo informou o deputado, Carlos López Font, neste intre a ocupación do viveiro de empresas e dun cen por cen nas naves e do oitenta e tres por cento das oficinas. De feito, so quedan dispoñibles tres oficinas de 18 metros cadrados e unha de vintecinco metros cadrados. Tamén están dispoñibles tres espazos de coworking de trinta e sete metros cadrados. Incluso unha das empresas que ten en concesión unha oficina de 25 metros cadrados está en lista de espera para optar a algunha das naves en caso de quedar libre.

O viveiro de empresas de Barro-Meis conta con 16 naves, 24 oficinas e 3 espazos de coworking con capacidade para 12 postos de traballo. Nel tamén están instalados os servizos de SmartPeme da comarca.

 

Barro pechou 2017 cun superávit de máis de 400.000 euros

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

Despois de ter investido máis de 750.000 euros, o Concello de Barro pechou o exercicio económico de 2017 cun superávit de 432.492 euros no remanente de tesourería, que agora se destinará á realización de novas obras e proxectos municipais.

Segundo os datos sobre a liquidación do orzamento municipal que o goberno local levou ao pleno ordinario da corporación, executáronse a totalidade dos investimentos previstos nas contas de 2017, aos que se sumaron outros proxectos financiados con 300.000 euros do remanente do ano anterior.

Para o alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, as cifras tanto do superávit como da execución dos investimentos son o resultado dun traballo “serio e eficaz”, tanto na xestión económica coma na tramitación e execución de moitos proxectos que serviron para a mellora dos servizos e os equipamentos, dos que a veciñanza xa pode disfrutar.

Unha “política económica rigorosa na xestión”, un método de contratación “transparente” e unha “política de aforro” no gasto corrente fan que as contas do Concello vaian mellorando pouco a pouco e aseguren a liquidez das arcas municipais, o que permite que o pago aos provedores municipais se realice cunha media de 17 días, moi por debaixo dos 30 que marca a lei.

De cara a este ano 2018, o goberno local comprométese a seguir coa mesma política económica, que lles permite “sacarlle o maior rendemento posible aos cartos públicos” e seguir mellorando os servizos e equipamentos municipais.

O remanente de 2017 dedicarase a obras e proxectos “financieiramente sostibles” que se adapten ás “condicións restritivas” que impón o goberno do Estado.

http://pontevedraviva.com/xeral/43104/barro-cerro-2017-superavit-mas-400000-euros/

ABRALDES BARRO

 

Medio millón de persoas visitaron a provincia no primeiro semestre

Os datos do crecemento turístico mostran que no primeiro semestre deste ano visitaron a provincia de Pontevedra un total de medio millón de turistas, experimetando un crecemento desl 12’6%respecto de 2016. Así o manifestaba a directora xeral de Turismo de Galicia, Nava Castro, durante a sinatura do convenio anual coa Mancomunidade de Terras de Pontevedra, o organismo que potencia a actividade turística na comarca e que está presidido polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.

O convenio contempla un investimento de 100.000 euros para potenciar propostas que fomenten as visitas á comarca, con investimento dun 60% por parte da Xunta e 40% dos diferentes Concellos que integran a Mancomunidade.

MAIS INFORMACIÓN PREME NO ENLACE:

http://pontevedraviva.com/xeral/39069/turismo-terras-de-pontevedra-sinatura-convenio-anual-potenciar/

convenio terras de pontevedra

Barro mellorará o seu alumeado exterior en varios puntos da parroquia

A Concello de Barro vén de iniciar as obras relacionadas coa mellora do alumeado público exterior de varios puntos da parroquia.

Concretamente, as zonas que gozarán da nova instalación son aquelas nas que existen vivendas que aínda non contan con este servizo.

O proxecto foi adxudicado a Elecnor SA cun orzamento total de 21.893,39 euros.

_20170829_123835

 

O Concello remata as obras de mellora de seguridade en viais de San Amaro e Lardoeira

O Concello de Barro remata as obras de Mellora de Seguridade de Viais en San Amaro e Lardoeira. Ditas obras consistiron na construción de muros de contención para asegurar os viais e, ao mesmo tempo, conseguir unha ampliación dos mesmos.

FB_IMG_1504002125401

É unha prioridade para nós un novo centro de saúde

la voz

No ecuador do seu mandato, o alcalde de Barro, o nacionalista Xosé Manuel Fernández Abraldes, fixo onte balance destes dous anos para remarcar que «é unha prioridade para nós un novo centro de saúde». Remarcou que o actual «non cumpre un mínimo estándar» a todos os niveis.

Neste punto, sinalou que está disposto a dar «unha marxe de confianza» ao novo xerente da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Pontevedra e O Salnés, José Ramón Gómez. Neste sentido, destacou que este último está «preparando un plan de actuacións na súa área» no que se contemplan distintas actuacións por orden de prioridade e, entre elas, atoparíase o novo centro de saúde.

Á hora de botar a vista atrás, Abraldes fai unha valoración positiva destes dous anos. A súa filosofía: «Optamos por non facer grandes obras e centrarmos nos problemas pequenos da xente». Mentres que o obxectivo último, que «a xente estea contenta e orgullosa de vivir en Barro».

O polígono e as infraestruturas son outras das súas grandes apostas. Mentres que o parque empresarial de Barro-Meis «está indo ben», a seguridade da PO-531 e da N-550, así como a construción da A-57 son os seus quebradeiros de cabeza. De feito, onte tiña previsto manter unha reunión cos veciños de Curro para analizar este último proxecto.

De igual modo, amosou a súa preocupación pola seguridade dos peregrinos que diariamente atravesan o seu concello.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/barro/2017/07/19/span-langgle-unha-prioridade-nos-novo-centro-saudespan/0003_201707P19C4992.htm

abraldes