Máis de 200 persoas arrouparán a presentación da candidatura do BNG-Asembleas Abertas de Barro

bng barroO vindeiro sábado 25 de abril ás 21:30 h. o BNG celebrará unha multitudinaria cea de máis de 200 persoas na Finca da Crega para presentar a súa candidatura á alcaldía de Barro, encabezada por Xosé Manuel Fernández Abraldes.

A grande cantidade de veciños e veciñas que asistirán a este acto do BNG-Asembleas Abertas reflicte as ganas de cambio cada vez máis palpábel na veciñanza de Barro , e que ven no BNG a única forza capaz de sustentar este cambio de políticas.

Porque depende de nós, de cada un e cada unha de nós, que Barro mude, que Barro avance, que Barro sexa, dunha vez por todas, un concello aberto á participación dos veciños e veciñas.

Porque depende de nós reiniciar Barro, que o noso concello salga da parálise na que se atopa, que poidamos conseguir uns servizos axeitados, que toda a enerxía e creatividade dos nosos mozos e mozas teña espazos nos que se expresar, que os nosos maiores conten con instalacións acordes ás súas necesidades, e que todos e todas nos poidamos sentir orgullosos de vivir en Barro.

Porque de nós depente que valoremos o noso, a nosa historia, a nosa paisaxe, os nosos valores. E como depende de nós temos que optar, e só hai dúas alternativas reais: apoiar ao PP e continuar co declive que está a sofrer o noso Concello ou apostar polo BNG, a única forza política con traxectoria, capacidade e ideas para mudar a política actual e comezar un novo rumbo.

Aválanos o noso traballo institucional, defendendo sempre aos veciños e veciñas, plantexando iniciativas e opoñéndonos radicalmente ás políticas anti-populares do PP. Pero tamén nos avala o traballo dos homes e mulleres que forman parte da nosa candidatura, veciños e veciñas de Barro comprometidos e cun gran traballo social.

CEA BNG BARRO

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s