Unha nova chapuza que acabamos pagando todos os veciños de Barro

bng barroAs veciñas e veciños de Barro xa nos estamos malacostumando a, dun ou outro xeito, pagar as chapuzas que unha e outra vez cometen o alcalde e o goberno do PP en Barro.

Ao longo dos máis de 30 de goberno do PP en Barro son moitos os casos nos que distintas administracións e xulgados ditaminaron que actuacións levadas a cabo polo goberno municipal eran ilegais, o que levou acarreado multas e perder os cartos que se investiron nelas.

O caso da ponte de Valbón non é novo. Xa o concello pagou miles de euros en multas por construila sin ningún permiso e de forma ilegal.

Agora a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, organismo dependente da Xunta de Galiza, (tamén gobernada polo PP, para que o alcalde non fale de persecución) ven de ordear a sua demolición, por ser construída sen ningún tipo de tramitación administrativa e en terreo rústico.

Que autoridade pode ter o alcalde para obligar aos veciños do concello a cumprir coa legalidade urbanistica, e pagar os impostos derivados das obras que queiran realizar, co exemplo que él lles dá?

O informe da Axencia é demoledor, calificando de ilegalizábel a ponte e afirmando que é incompatíbel co ordenamento urbanístico, co que compromete o intento do PP de legalizala a traves dunha modificación do planeamento.

Esta nova chapuza do PP saelle cara aos veciños, xa que o gastos que implica saen dos orzamentos municipais. A brutal subida de impostos que acordou o PP nos últimos anos están sendo utilizados precisamente parapagar as deudas acumuladas ao longo de moito tempo, e o que é máis inaceptabel, para pagar as chapuzas e caprichos dun alcalde incapaz de dar resposta ás necesidades dos veciños e veciñas.

Barro a 20 de novembro de 2014

Asdo: Xosé Manuel Fdez. Abraldes.

ponte

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s