- Participarán máis de 300 alumnos do IES de Barro e do CEIP Amor Ruibal.
- As clases estarán impartidas polos profesores do clube BTroula de Meis dirixido polo mestre Breogán Pérez.
- Esta actividade programada en Barro pola AC Fervenza da Barosa e BTroula forma parte da divulgación do baile deportivo
Esta actividade inclúese dentro do programa de divulgación do baile deportivo que BTroula e Fervenza da Barosa acordaron e que culminará coa celebración do” I TROFEO VAL DO SALNÉS” que se celebrará o día 4 de maio, e que organizan conxuntamente o clube BTroula de Meis e a Asociación Cultural “Amigos da Fervenza da Barosa” de Barro.
Cabe sinalar que o derradeiro ano, o “I Trofeo AC Fervenza da Barosa” de baile deportivo, congregou en Barro a máis de 70 parellas de baile e máis de 1500 asistentes. Nesta modalidade de baile deportivo destacan en tódalas competicións nacionais e internacionais os veciños e bailaríns de Barro, Santi Sabarís e Alba Triñanes Corredoira, donde acadan de xeito regular os primeiros postos.
