O desfile BarroFashion Solidario pechará o 5º Nadal Solidario en Barro que iníciase esta semana organizado pola A.C. Amigos da Fervenza da Barosa

A Asociación Cultural “Amigos da Fervenza da Barosa” de Barro, está organizando un novo “Nadal Solidario en Barro” na súa 5ª edición ,que é unha Campaña de Recollida de Alimentos Non perecedeiros para familias de Barro. Esta campaña desenrolase durante todo o Nadal ata despois da festividade de Reis, en Xaneiro de 2016, e pretende recoller a colaboración dos veciños de Barro coas persoas máis necesitadas do noso Concello. Dende a AC Fervenza da Barosa imos implicar a outras entidades públicas ou privadas para facilitar dita recollida e acadar o máximo número de kilos de alimentos, coa pretensión de superar os máis de 600 kg recollidos o ano pasado. Para unha maior eficiencia na recollida dúas persoas da directiva actuarán como Coordinadores da mesma, participando o resto da directiva da AC e os socios. Tódolos alimentos recollidos serán entregados aos Servizos Sociais do Concello de Barro, para que dentro do seu programa de reparto de alimentos llo fagan chegar de maneira anónima a quen corresponde. Dende a Asociación queremos facer un chamamento á colaboración, necesaria e urxente, e ao respecto desta actividade e non descartamos algunhas actuacións adicionais para a consecución dun éxito maior, que iremos comunicando a medida que avancen algunhas xestións que estamos realizando.

Xa como remate desta acción estase organízando para o vindeiro Xaneiro un desfile benéfico #BarroFashion solidario que pretende recoller en concreto alimentos como azucre, cacao ou aceite.

nadal-solidario-en-barro5

I Show Motor Barro 2014

motor clasicos

Showcookings con produtos galegos e catas as actividades principais da #BarroCervexaFest deste domingo

Mañá 16 de novembro no Pazo da Crega en Barro, celébrase a II #BarroCervexaFest coa participación das fábricas Saramagal de Barro, ademais de Menduiña de Cangas, Dama Alaricana de Allaríz,De Lago de Vigo, Cervexa Nós de Mos, Galponbier de Vilanova de Arousa, Suevia de Vilagarcía, Cervexa Meiga de Poio, Cervexa Áncora de Ourense e a fábrica de Sidra Ribela da Estrada.

Dende as 12.00 horas ata as 20.00 as persoas que acudan ao recinto interior e cuberto do Pazo da Crega poderán degustar estas elaboracións artesanais dende 2€/caña.

Para acompañar as cervexas e sidra estará Facendo O Agro co seuburguerGaleguesa“, elaborada con carne 100% natural, unha carne de vacún, moída, prensada e adobada unicamente con especias naturais que chega dende Celanova.

Haberá dúas catas de cervexa/sidra artesá ás 13.30 e as 17.00 horas onde os asistentes poderán degustar 5 tipos distintos de cervexa/sidra e a elaboración da galeguesa. O prezo é de 20 € por persoa cun máximo de 20 prazas dispoñibles en cada quenda.

Tamén haberá dous showcooking que fará a blogger e cociñeiraRocío Garrido de Rocío Cocina de Mércores Avó e membro de Galicia Gastro, onde elaborará receitas con cervexa artesá e fabasda IXP de Lourenzá, os queixos DOMINGO Arzúa-Ulloa e Tetiña dePazo de Anzuxao e o Galo de Mós de MercaMós.

O evento poderá seguirse na redes sociais a través do hastag#BarroCervexaFest e contará coa colaboración especial do equipo de bloggers de Galicia Gastro.

O evento como na anterior edición está organizado pola Asociación Cultural “Amigos dá FervenzaBarosa” de Barro.

Horario e actividades dá #BarroCervexaFest non PazoCrega en #Barro (zona cuberta e interior)

12.00 Inicio dá #BarroCervexaFest
12.15 Showcooking de Rocio Cocina Demiabuelo e cervexa artesá.3€/persoa (máximo 20 persoas)
13.30 Cata de 5 cervexas/sidra artesanas+hamburguesagaleguesa. 20€/persoa (máximo 20 persoas)
14.00 Música
16.30 Música
17.00 Cata de 5 cervexas/sidra artesanas+hamburguesagaleguesa. 20€/persoa (máximo 20 persoas)
18.00 Showcooking de Rocio Cocina Demiabuelo e cervexa artesá.3€/persoa (máximo 20 persoas)
20.00 Peche dá #BarroCervexaFest

cervezafest

O clube BTroula impartirá clases gratuitas de baile aos alumn@s dos IES e Colexio de Barro dentro das actividades programadas pola AC Fervenza da Barosa

  • Participarán máis de 300 alumnos do IES de Barro e do CEIP Amor Ruibal.
  • As clases estarán impartidas polos profesores do clube BTroula de Meis dirixido polo mestre Breogán Pérez.
  • Esta actividade programada en Barro pola AC Fervenza da Barosa e BTroula forma parte da divulgación do baile deportivo
Durante a vindeira semana, do luns 31de marzo ao venres 4 de abril, máis de 300 alumnos dos colexios de primaria e secundaria de Barro, terán a oportunidade de disfrutar de clases gratuitas de baile de salón e baile deportivo impartidas polos profesores do clube BTROULA de Meis, e dirixidas polo director desta asociación Breogán Pérez.

As materias que se tratarán e o método das clases variarán en función da idade dos participantes ( dende os 3 anos aos 17).

Esta actividade inclúese dentro do programa de divulgación do baile deportivo que BTroula e Fervenza da Barosa acordaron e que culminará coa celebración do” I TROFEO VAL DO SALNÉS” que se celebrará o día 4 de maio, e que organizan conxuntamente o clube BTroula de Meis e a Asociación Cultural “Amigos da Fervenza da Barosa” de Barro.

Cabe sinalar que o derradeiro ano, o “I Trofeo AC Fervenza da Barosa” de baile deportivo, congregou en Barro a máis de 70 parellas de baile e máis de 1500 asistentes. Nesta modalidade de baile deportivo destacan en tódalas competicións nacionais e internacionais os veciños e bailaríns de Barro, Santi Sabarís e Alba Triñanes Corredoira, donde acadan de xeito regular os primeiros postos.

BAILE

I TALLER DE FOTOGRAFIA “XOAN ARCO DA VELLA”

FOTOGRAFIA

CATA ALBARIÑO

CATA ALBARIÑO BARRO

Volve Barro de Tapas, con 16 establecementos apuntados na súa segunda edición

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

Preparen os padais. Barro volverá converterse en todo un paraíso para os amantes da boa gastronomía. Será grazas á II edición do certamen Barro de Tapas, actividade organizada pola Asociación Cultural Fervenza da Barosa que se celebrará entre o 15 e o 24 de marzo. Con ela, preténdese dinamizar as empresas, o turismo e a gastronomía do municipio.

En total, participarán 16 bares e restaurantes situados no Concello de Barro. Seis deles son de Portela, Parrillada As Brasas, Abuelo Pintos, Mesón Don Pulpo, Restaurante Porteliña, Café-Bar Maracaibo e Restaurante Casa Florita; catro de Curro, Café-Bar Parada, Café-Bar New York, Restaurante Casa do Porto e Taberna O Labrego; tres de Barro, Café Bar Breixo, Barosa Gastronatural e O Muiño de Valerio; un de Agudelo, Mesón A Eira; un de Perdecanai, Bar O Rincon Do Coxo e outro de Valiñas, Bar O Rial

Trátase da “práctica totalidade”, segundo os seus organizadores, dos establecementos hostaleiros do municipio, xa que por motivos persoais caéronse dous deles, Restaurante Meli e Café-Bar Lourdes, “cos que esperamos contar en próximas edicións”, sinalan.

En Barro de Tapas poderase degustar, xunto con cada unha das tapas, viño albariño das bodegas Viña Moraima e Pazo da Bouciña ou ben cervexa artesanal elaborada pola firma Saramagal. Todo iso a un prezo conxunto de 2,50 euros.

Nesta segunda edición de Barro de Tapas aumentarase o número de premios para os participantes. Sortearanse tres ceas gastronómicas en restaurantes da ruta e tamén unha estancia cea spa no Hotel Quinta de San Amaro (Meaño).

Máis información:

http://pontevedraviva.com/xeral/3494/volve-barro-de-tapas-con-16-establecementos-apuntados-na-sua-segunda-edicion/?lang=gl

DON PULPO

Cartel definitivo do Barro de Tapas 2ª Edición

barro de tapas 2

Máis de cen quilos de alimentos para a colecta de AC Barosa

O establecemento “Swinger”, (de intercambio de parellas) de Barro, que fixo unha recolleita de alimentos para Cruz Vermella, axudará ao colectivo AC Barosa. Os socios aportarán cen quilos de alimentos para veciños de Barro en urxencia social.

lacasadebarro

“Barro de Tapas, 1ª Edición” acada un resultado de 800 tapas vendidas nunha fin de semana

A “AC Amigos da Fervenza da Barosa”, como entidade organizadora, DATOS BARRO DE TAPASconsidera un éxito que en tres días, os 19 locais participantes no “Barro de Tapas, 1ª Edición” lograsen unha venta total de máis de 800 tapas.

A pasada fin de semana 19 locais de hostelería de Barro uníronse á ruta do “Barro de Tapas, 1ª Edición” que promovía a degustación de tapas caseiras elaboradas e a degustación de albariños Rías Baixas da D.O.

A pesares do mal tempo,que fixo que o local de Barosa Gastronatural non puidese participar por unha inundación na fermosa paraxe natural da Ría de Barosa, o resto de locais completaron con éxito esta primeira edición logrando unha venta total en conxunto de 800 tapas, o que para ser a primeira edición supón un éxito importante ademáis dun revulsivo para a hostelería local, segundo se deseñou dende a organización do evento.

O impacto económico directo polas tapas foi de 2.000 € aos locais, se ben hai constancia de que moitas persoas quedaron a cear ou picar algo polos locales de Barro, polo que os réditos económicos estimados poderían achegarse aos 3.500 € como cifra global para a hostelería.

Tamén cabe salientar o impacto nas redes sociais, nas que durante toda a fin de semana, acadáronse cifras dunha media de 112 persoas consultando de maneira contínua o web de facebook e chegouse de maneira directa a case que 2400 persoas. Outro dato significativo foi a consulta da ruta no google maps, que acadou as 1250 visitas ata o pasado domingo.

Unha vez rematada esta edición, o sentir xeral da hostelería implicada, que así lle transmitiu á organización, é que a duración do “Barro de Tapas” ten que ser maior, así como incorporar ademáis do viño albariño, cervexa ou refrescos, e como non, que se celebre outra edición, que terá lugar na primavera do 2013.

Dende a AC xa se está a traballar na vindeira edición que será a 2ª, co ánimo de dar resposta ás inquedanzas transmitidas e tamén en mellorar o evento incorporando máis premios e facendo rutas máis curtas e accesibles.

BARRO DE TAPAS

“Nadal Solidario en Barro” Campaña de Recollida de Alimentos

A Asociación Cultural “Amigos da Fervenza da Barosa” de Barro, organiza “Nadal Solidario en Barro”, que é unha Campaña de Recollida de Alimentos Non perecedeiros para familias de Barro.

Esta campaña que se desenrolará en dúas fases de recollida a primeira ata o 24 de Decembro e a segunda ata o 5 de Xaneiro de 2012, pretende recoller a colaboración dos veciños de Barro coas persoas máis necesitadas do noso Concello.

Dende a AC Fervenza da Barosa imos implicar a outras entidades públicas ou privadas para facilitar dita recollida e acadar o máximo número de kilos de alimentos.

Para unha maior eficiencia na recollida vaise contar con dúas persoas que actuarán como Coordinadores da mesma, que serán Elena Porta e Faustino Batallán, participando o resto da directiva da AC e os socios.
Existen dous teléfonos de contacto para calquera suxestión que serán o 668.853.863 e o 668.878.958

Tódolos alimentos recollidos serán entregados aos Servizos Sociais do Concello de Barro, para que dentro do seu programa de reparto de alimentos llo fagan chegar de maneira anónima a quen corresponde.

A día de hoxe, os puntos de recollida habilitados son:

SUPERMERCADO DÍA (SAN ANTONIÑO-PERDECANAI)
SUPERMERCADO TANDY-FROIZ (SAN ANTONIÑO-PERDECANAI)
CENTRO DE SAUDE DE BARRO (SAN ANTONIÑO-PERDECANAI)
COLEXIO PUBLICO AMOR RUIBAL (SAN ANTONIÑO-PERDECANAI)
IES PÚBLICO DE BARRO (OUTEIRO-PERDECANAI)
CASA OUBIÑA(GÁNDARA-PERDECANAI)
IGREXA PARROQUIAL (PERDECANAI)

IGREXA PARROQUIAL (BARRO)
A DE MARUJA (BARRO)

A DE RIAL (VALIÑAS)
IGREXA PARROQUIAL (VALIÑAS)

IGREXA PARROQUIAL (AGUDELO)

IGREXA PARROQUIAL (PORTELA)
SUPER ESTACIÓN DA PORTELA

IGREXA PARROQUIAL(CURRO)
SUPERMERCADO MOLDES(FONTE DE CURRO)

Dende a Asociación queremos facer un chamamento á colaboración, necesaria e urxente, e ao respecto desta actividade non descartamos algunhas actuacións adicionais para a consecución dun éxito maior, que iremos comunicando a medida que avancen algunhas negociacións abertas.

solidario

Entrevista na RG a Faustino Batallán sobre o I Barro de Tapas

FAUSTINO