Viña Moraima de Barro acode a “España Select” en Bruxelas, un evento internacional de venda de produtos españois de calidade

. Moraima de Barro é a única adega que participará da D.O. RíasBaixas, representada por Gonzalo Reboredo.
. “España Select reune a un grupo selecto de produtores que colaboran en proxectos conxuntos de promoción e venda dos seus produtos alimenticios e bebidas mantendo unha exclusividade para a súa clase de produtos por CC.AA.
. O evento “España Select” forma parte da accións de promoción exterior da “Marca España”.
. Ademais o recoñecido “Leonor” incluído na Guía Michelin e restaurante español de referencia en Bruxelas, decidiu incluír a Moraima na súa carta de viños.

Bruxelas, 29 de Marzo de 2014. O albariño D.O. Rías Baixas participa no evento internacional “España Select” representado pola adega de Barro, Viña Moraima, que estes días se celebra na capital belga de Bruxelas.

“España Select reune a un grupo selecto de produtores que colaboranMORAIMA2 en proxectos conxuntos de promoción e venda dos seus produtos alimenticios e bebidas mantendo unha exclusividade para a súa clase de produtos por CC.AA. “España Select pretende servir como centro de coordinación de vendas a nivel mundial na comercialización de viños, aceites, carnes ou queixos, entre outros produtos

Gonzalo Reboredo que representa a Moraima neste certame internacional, quixo destacar a “oportunidade de que unha adega como Moraima que basea a elaboración dos seus viños na máxima calidade poida participar no maior proxecto de venda de produtos españois e galegos de calidade” en Bruxelas.

Para Moraima,”España Select“, supón un novo reto de promoción e MORAIMA3imaxe de marca, que vén potenciando con accións de mercadotecnia en todo o territorio nacional e internacional a través de eventos como Fòrum Gastronomic, na Feira do Viño e Alimentación Mediterránea ou Xantar Internacional ou eventos en locais da xeografía española con Diego Gallegos do “Sollo Restaurant, con Mercedes González de MEmbajadora ou Manuela Romeralo e Quique Dacosta en Vuelve Carolina.

Ademais grazas á estanza en “España Select“, o recoñecido “Leonor“MORAIMA incluído na Guía Michelin e restaurante español de referencia en Bruxelas, decidiu incluír a Moraima na súa carta de viños.

Para máis información sobre esta noticia contacten con:

Gonzalo Reboredo

Viña Moraima.
gonzalo.reboredo@adegamoraima.com
+34.607.330951

MORAIMA1

Deixar un comentario