25 ANOS DA ASOCIACIÓN CULTURAL BAROSA

barosa

Este sábado, día 23, ás 20:30 h. no noso local da Estación da Portela nº 20 vai ter lugar un acto de conmemoración dos primeiros 25 anos Asociación Cultural Barosa.

25 anos de dinamización da vida social e cultural de Barro, a través de innumerábeis actividades: concertos, exposicións, excursións, cursos, xornadas micolóxicas, magostos, festa do cabalo, actividades de animación para nenos, recuperación da nosa memoria, protección e posta en valor do noso patrimonio, recuperación do fondo fotográfico de Reinaldo a través do proxecto Barro en Imaxes, etc.

Este sábado non só imos celebrar os 25 anos de existencia da asociación, facendo un repaso somero das actividades realizadas ao longo de todo este tempo, senón que agradeceremos o compromiso de todos aqueles veciños e veciñas que co seu traballo desinteresado ou coa súa participación nas actividades fixeron posíbel chegarmos a cumprir un cuarto de século. Queremos que esta celebración sirva tamén para abrirmos unha nova e ilusionante etapa, que terá continuidade co feito até agora, mais tamén servirá para acometer novos proxectos de futuro.

Imos aproveitar tamén este acto para inaugurar a nosa biblioteca e presentar publicamente a nova directiva da asociación, presidida por Iván Bello Ferreiro, que vén coller o relevo de Roberto Rivas Reboredo, que a presidíu ao longo dos últimos anos.

barosa barro

barosa

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s