As demandas da vaxina

diario_pontevedra

A blogueira e guionista pontevedresa Diana López Varela debuta no mundo do teatro coa obra ‘No es país para coños’, unha comedia delirante sobre o universo feminino

Consulta dun xinecólogo. Tres mulleres falan das súas vidas e dos seus xeitos de pensar sobre o sexo, as relacións e a maternidade. É o punto de partida da obra ‘No es país para coños’, coa que debuta no teatro, “en realidade no microteatro”, a blogueira, guionista e xornalista pontevedresa Diana López Varela.

“A creadora, que xa participara na adaptación do guión de ‘Pulp Fiction’ para unha lectura dramatizada en Madrid, dirixida por Carlos Vermut, achégase agora en solitario á escena como autora e directora desta montaxe, que se estrea este venres en Pontevedra e que tamén se verá en Barro e en Vigo.

“Métome neste proxecto por culpa dunha das actrices, Arantxa, coa que coincidín no Boom! Film & Comic! de Vigo. Conectamos moi ben e propúxome que lle escribise algo para elas”. Porque Arantxa Treus e a pontevedresa Rocío Romero teñen un grupo de teatro que se chama Falabaratas co que fan cousas para cativos e teatro de rúa. A elas dúas sumouse neste proxecto Déborah Vukusic, ourensana afincada en Vigo. “Diana prendoume porque está pirada. E como nós estamos zumbadas tamén, pois iso”, confesa Treus.

Para ‘No es país para coños’, a creadora di que pensou nun sitio pequeno, con pouco atrezzo, no que tres mulleres puideran falar. “Leveino ao meu terreo e introducín os temas que me interesan: o aborto, a sexualidade, a promiscuidade… Todo cun punto moi divertido. Isto é unha comedia delirante”, di a autora. Treus xa contaba con que López Varela tirase polos seus temas fetiche. “Era exactamente o que quería, que saíse algo para mulleres. Estamos un pouco fartas de ser as mulleres de, as secretarias de, as conas benditas de… Estamos aquí. Escoitádenos! A nós tamén nos gusta follar, moitas veces máis que aos homes”. Rocío Romero concorda: “O bo desta obra é que fala das cousas que nos pasan cunha linguaxe directa”. Marca da casa de López Varela. “Xa é hora de que alguén fale do que nos sucede. Somos a metade. Ben o merecemos”.

As tres protagonistas da obra son tres mulleres con tres tipos de vida moi distintos. “Unha, que ten moi claro que non quere ter fillos. Outra, embarazada. E a terceira ansiosa por casar e ter fillos antes dos 30”, explica a autora. “Aínda que é unha parodia, son tres tipos de mulleres coas que eu convivo. O que fago na obra é deixalas falar, que expoñan as razóns que teñen para pensar como pensan. No fondo, do que se trata é de lanzarlle ao espectador a mensaxe de que ningunha é mellor ca outra e que o único que hai que facer é respectar os dereitos individuais”.

A proposta de López Varela tamén xoga a romper tabús e rachar con tópicos. “Como o da embarazada feliz. Feliz por decreto e non hai máis que falar, cando soen ser experiencias duras física e mentalmente. Ao final o que hai é un gran descoñecemento sobre moitas experiencias femininas”.

Segundo din as actrices, moito do que se representa promove o debate. “Incluso pode que firamos algunha sensibilidade. E seguro que hai quen nos chame ‘feminazis’ sen razón. Contamos con iso. Pero é interesante levar á xente fóra da súa zona de confort”. López Varela pensa que é hora de que as cousas cambien. “Cando unha película está dirixida por un home e protagonizada por homes ninguén pensa que é só para eles, sobreenténdese que é para todos. Neste caso non é unha obra para mulleres. É unha obra de teatro. Punto”. As actrices apóiana. “Por agora non será país para coños, pero con nós vai empezar a selo”.

Entrada libre e gratuíta

11 de setembro. Pontevedra. El Pequeño. 22.00 e 22.45 horas. Entrada libre.

13 de setembro. Barro. ‘Barosa líquida’. 20.00 e 21.30 horas. Entrada libre.

18 de setembro. Vigo. Sala Charentón. 21.00 e 23.00 horas. Entrada libre.

http://diariodepontevedra.galiciae.com/noticia/437667/demandas-da-vaxina

diana lopez varela

BAROSA LÍQUIDA 2015

BAROSA LIQUIDA 2015

David Amor móllase en Barosa

David Amor é un actor, humorista, presentador de televisión, balonmanista e modelo.

David Amor Club de la Comedia

BAROSA LÍQUIDA 2014

BAROSA LÍQUIDA 2014

Cartel do Barosa líquida 2014. Os días 11, 12 e 13 de xullo no Parque Natural de Barosa. Concertos, instalacións artísticas, poesía, rutas e pinic colectivo… Vente a disfrutar dun entorno natural que estará cheo de arte.

cartel2014 (2)

BAROSA LIQUÍDA 2014

Rutas gratuítas o 12 de xullo, ás 12.00h e ás 18.00h. O tesouro da sostenibilidade. Barosa interxeneracional. Anótate antes do 11 de xullo no teléfono 679 996 162. Particípa!!

rutas

BAROSA LÍQUIDA 2014

picnic (1)

BAROSA LIQUIDA 2014 

CURSO DE RISOTERAPIA

Volvemos ter risoterapia!

A risoterapia é unha técnica psicoterapéutica para producir beneficios mentais e emocionais a través da risa. Para participar só hai que cumprir un requisito imprescindíbel: saber rir.

Alén dos teléfonos, podes anotarte no mail barosa.ac@gmail.com ou contactar a través do facebook.

RISOTERAPIA

TALLER DE MEMORIA

BAROSA.[TALLER DE MEMORIA]
Como tod@s sabemos, a memoria é unha das principais funcións cognitivas que se vai deteriorando coa idade. Sen embargo, é posíbel frear ese desgaste a través do exercicio desta. Posto que moitas persoas maiores, e non tan maiores, se queixan dos seus frecuentes esqueceentos e despistes, pomos en marcha un taller de prevención da pérdida de memoria.

O taller está orientado a persoas maiores de 60 anos, mais poden ir persoas de calquera idade. Será impartido por unha psicóloga especialista nesta área.

Alén dos teléfonos indicados, podes anotarte no mail barosa.ac@gmail.com ou a través de facebook.

taller de memoria

A A. C. Barosa celebrou as súas vodas de prata con Barro

diario-pontevedra
Integrantes dá Asociación Cultural Barosa, veciños e amigos celebraron  cos membros deste colectivo os actos preparados polo XXV aniversario do mesmo, unha cerimonia na que houbo un sitio para repasar as actividades máis destacadas de difusión cultural e participación e reivindicación veciñal e na que se deu substitución na directiva dá asociación.
Roberto Rivas e ou seu equipo déixanlle paso a Iván Belo Ferreiro coa esperanza de que esta nova singradura achegue novidades refrescantes ao panorama cultural do municipio e dea continuidade a un traballo que foi loubado por todos preséntes  no encontro. A Asociación Cultural Barosa foi fundada non 1987 e é un dous colectivos máis senlleiros que perviven non municipio de Barro.
barosa

25 ANOS DA ASOCIACIÓN CULTURAL BAROSA

barosa

Este sábado, día 23, ás 20:30 h. no noso local da Estación da Portela nº 20 vai ter lugar un acto de conmemoración dos primeiros 25 anos Asociación Cultural Barosa.

25 anos de dinamización da vida social e cultural de Barro, a través de innumerábeis actividades: concertos, exposicións, excursións, cursos, xornadas micolóxicas, magostos, festa do cabalo, actividades de animación para nenos, recuperación da nosa memoria, protección e posta en valor do noso patrimonio, recuperación do fondo fotográfico de Reinaldo a través do proxecto Barro en Imaxes, etc.

Este sábado non só imos celebrar os 25 anos de existencia da asociación, facendo un repaso somero das actividades realizadas ao longo de todo este tempo, senón que agradeceremos o compromiso de todos aqueles veciños e veciñas que co seu traballo desinteresado ou coa súa participación nas actividades fixeron posíbel chegarmos a cumprir un cuarto de século. Queremos que esta celebración sirva tamén para abrirmos unha nova e ilusionante etapa, que terá continuidade co feito até agora, mais tamén servirá para acometer novos proxectos de futuro.

Imos aproveitar tamén este acto para inaugurar a nosa biblioteca e presentar publicamente a nova directiva da asociación, presidida por Iván Bello Ferreiro, que vén coller o relevo de Roberto Rivas Reboredo, que a presidíu ao longo dos últimos anos.

barosa barro

barosa

A REVISTA BAROSA EN PDF

barosa

A REVISTA BAROSA EN PDF

Nº 2 ANO 1990revistabarosanº2

BAROSA2

Nº 5 ANO 1997 revistabarosa5

BAROSA5

DIA DOS COGUMELOS EN BAROSA

Os Augardenteiros, unha profesión de antaño.

En Galicia, tradicionalmente, os cañeiros ou augardenteiros eran as persoas que se encargaban da produción da augardente, obtendo con iso ingresos extras dentro da súa economía. Era un traballo estacional (de novembro a decembro) e ambulante, pois ían de aldea en aldea co alambique onde se preparaba a destilación.

Na actualidade a produción tradicional está en recesión, e foi substituída pola produción industrial. Existe unha denominación de orixe que recolle as variedades de augardente galegas, e que se denomina Orujo de Galicia.

A AUGARDENTE

A augardente, tamén chamado “caña” en moitas partes de Galicia é un licor obtido da destilación dos restos da uva que quedan logo de elabora-lo viño, chamado bagazo. É un licor transparente, cunha gradación de alcol superior aos 50 graos.

Variedades

Augardente branca: de cor transparente

Augardentde de herbas: engade distintas herbas aromáticas durante o seu proceso de destilado e é de cor dourada.

Augardente torrada: de cor marrón clara.

A augardente é a base alcólica da queimada, e mais tamén doutros licores como o licor café ou o licor de guindas. Tómase tamén soa e frecuentemente acompañando o café.

http://www.galiciaespallada.com.ar/o_augardente.htm

Segundo as parroquias de Barro, e a época, houbo moitos  aguardenteiros;  neste artigo centrarémosnos en dous deles.

Comezamos por o Sr. Daniel, falecido xa hai uns anos. Era veciño da Portela, concretamente do lugar de San Amaro, vivía moi preto da capela, xustamente fronte a ela, actualmente a súa casa encontrase en ruinas.

Alén de aguardenteiro, tamén exercía como sancristán da capela. Os que o coñoceron din del que era un home moi divertido, amigo de contar historias a carón do alambique e tomar unha cunca de viño co seu pitillo na boca, tal e como podedes ver na foto.

O seu relevo, por dominalo así, foi o Sr. Argenor, natural de Monforte de Lemos e actualmente xubilado. Aínda que vive en Monforte, ocasionalmente, pasa algunhas tempadas de vacacións na Portela, máis concretamente no lugar do Piñeiro. Moitos veciños aínda recordamos as historias da súa etapa de emigrante á Inglaterra que tanto lle gustaba contar.

Como estes homes houbo outros que, seguramente algún dos que estades a ler este artigo, coñecestes, e se non, seguro que vosos pais ou avós coñecen ou coñeceron.

Agradecería que se é así, nos remitírades informacion, tanto escrita como visual, e así colaborar a coñecer máis desta profesión tan dura á vez que interesante.

Moitas grazas.

novasdebarro@gmail.com

img152

img153

img154

ENTREVISTA PUBLICADA NA REVISTA BAROSA NO ANO 1990

http://www.orujodegalicia.org/que.php

http://gl.wikipedia.org/wiki/Augardente

SON DAS TABERNAS EN BAROSA