«¿Frío? Que vou ter eu frío aquí se traballei alá na Antártida»

la voz

Lo decía ayer un urbanita con cierta ironía, pero acertaba con su frase: tendría que venir la mayor ola polar del mundo para que algunas mujeres, habitualmente del rural, se vistiesen una prenda de abrigo encima de esos míticos mandilones de cuadros, flores o rayas que parecen proteger tanto del frío en invierno como del calor en verano. Y lo mismo podría decirse de los caballeros, poco dados a ponerse anoraks o cazadores encima de los monos de trabajo azul. Efectivamente, ayer por la mañana, con el mercurio por los suelos -Meteogalicia indica que en Pontevedra la temperatura bajó hasta los -2,7 grados- y la helada bien visible en los campos, en el rural pontevedrés había mujeres por doquier con mandilón y listo y hombres que salían a podar la viña casi, casi en mangas de camisa.

La primera que llamaba la atención era Carmen, vecina de A Devesa, en Alba. Estaba ella, en una zona sombría, lavando ropa en un lavadero público sin anorak ni sucedáneo; con un simple jersey y un mandilón encima. La mujer insistía una y otra vez en que el agua estaba a buena temperatura, aunque si uno la probaba, desde luego, opinaba todo lo contrario. «Eu teño lavadora, claro que teño. Pero por unhas pezas de roupa non a vou poñer. Se fixera moito, moito frío pois non viría, pero polo de agora non é para tanto, lévase ben», señalaba ella mientras seguía dándole a los trapos. Lo mismo que decía Carme, que tampoco es para tanto lo que bajó el termómetro, lo opinaba Pepe, vecino de Reiriz. Él iba a bordo de un pequeño tractor. Tampoco llevaba abrigo: «¿Frío? Que vou ter eu frío aquí se traballei alá na Antártida. Fun mariñeiro e alí si que se pasaba frío… Isto non é nada. Non che vou dicir que non estaría mellor de vacacións co Imserso, pero por agora aguanto ben na parra».

Algo menos campante que él estaban Leonardo y José Antonio en O Castrado, en Cerponzóns. Ellos también andaban a la intemperie, pero quejándose un poco más del frío. El primero, pese a rosmar algo, sacó igual a su caballo a pastar, en un prado lleno de escarcha. El segundo andaba trabajando en una viña. Por O Castrado pasa el Camiño Portugués. Y justo cuando Leonardo y José Antonio estaban comentando que estos días lo transitan menos peregrinos, que deben tener miedo al frío, apareció una mujer… ¡Y sin anorak! Ella era una ciudadana de Nueva Zelanda que, medio en castellano medio en inglés, señalaba: «Nada de frío, todo muy bien», mientras seguía andando.

Por la tarde, en Curro, Barro, con el sol ya medio escondido y el viento soplando, aparecía en escena Herminia. Venía con una especie de hoz, unas ramas de eucaliptos y, cómo no, vestida con el mandilón y un jersey. Contaba que había ido a buscar unas ramas para ahumar unos chorizos.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/pontevedra/2017/01/20/span-langglfrio-vou-ter-eu-frio-traballei-ala-na-antartidaspan/0003_201701P20C2991.htm

herminia

Os nenos de Barro despiden o Espazo Lecer de xullo cunha festa final e a entrega de diplomas

faro de vigo

O Espazo Lecer que durante o mes de xullo serviu para celebrar diversas actividades para os nenos de Barro chegou onte ao seu fin cunha festa final e a entrega de diplomas. Ata 40 nenos de entre 4 e 12 anos participaron nesta edición do Espazo Lecer cuxo proxecto se chamou nesta ocasión EU Son un artista e veño dende Barro. Os xogos e talleres perseguían estimular a creatividade dos pequenos contemplando sempre nas súas dinámicas o valor da igualdade de xénero, segundo expresou o Concello. No acto de despedida os nenos puideron gozar do espectáculo A lingua: na boca, unha mestura de humor, poesía e música. O Espazo Lecer regresará no mes de agosto no Pazo dá Crega.

http://galego.farodevigo.es/portada-pontevedra/2016/07/31/ninos-barro-despiden-espazo-lecer/1507828.html

nenos concello de barro

Halle de servir, ha, si señor. Que ll’é dos Amores.

_20160505_224756

_20160505_224659

 

O alcalde de Barro no tempo do almorzo informativo de Onda Cero Radio

ONDA CERO PONTEVEDRA

Pontevedra en la Onda (13-10-2015)

Comezamos a semana en martes 13 con concentración en Pontevedra en defensa da sanidade pública e coa habitual xunta de goberno local. No tempo do almorzo informativo conversamos co novo alcalde de Barro, Xose Manuel Fernández Abraldes. Recuperamos a Mercedes Corbillón na nosa sección Cronopios para seguir ampliando bibliotecas particulares.

http://www.ondacero.es/emisoras/galicia/pontevedra/audios-podcast/pontevedra-en-la-onda-13-10-2015_20151013561cfdb94beb283e2962297c.html

abraldes onda cero

OFERTAS DE EMPREGO EN BARRO

OFERTAS DE EMPREGO NO CONCELLO DE BARRO

balet

taewondo

zumba

As demandas da vaxina

diario_pontevedra

A blogueira e guionista pontevedresa Diana López Varela debuta no mundo do teatro coa obra ‘No es país para coños’, unha comedia delirante sobre o universo feminino

Consulta dun xinecólogo. Tres mulleres falan das súas vidas e dos seus xeitos de pensar sobre o sexo, as relacións e a maternidade. É o punto de partida da obra ‘No es país para coños’, coa que debuta no teatro, “en realidade no microteatro”, a blogueira, guionista e xornalista pontevedresa Diana López Varela.

“A creadora, que xa participara na adaptación do guión de ‘Pulp Fiction’ para unha lectura dramatizada en Madrid, dirixida por Carlos Vermut, achégase agora en solitario á escena como autora e directora desta montaxe, que se estrea este venres en Pontevedra e que tamén se verá en Barro e en Vigo.

“Métome neste proxecto por culpa dunha das actrices, Arantxa, coa que coincidín no Boom! Film & Comic! de Vigo. Conectamos moi ben e propúxome que lle escribise algo para elas”. Porque Arantxa Treus e a pontevedresa Rocío Romero teñen un grupo de teatro que se chama Falabaratas co que fan cousas para cativos e teatro de rúa. A elas dúas sumouse neste proxecto Déborah Vukusic, ourensana afincada en Vigo. “Diana prendoume porque está pirada. E como nós estamos zumbadas tamén, pois iso”, confesa Treus.

Para ‘No es país para coños’, a creadora di que pensou nun sitio pequeno, con pouco atrezzo, no que tres mulleres puideran falar. “Leveino ao meu terreo e introducín os temas que me interesan: o aborto, a sexualidade, a promiscuidade… Todo cun punto moi divertido. Isto é unha comedia delirante”, di a autora. Treus xa contaba con que López Varela tirase polos seus temas fetiche. “Era exactamente o que quería, que saíse algo para mulleres. Estamos un pouco fartas de ser as mulleres de, as secretarias de, as conas benditas de… Estamos aquí. Escoitádenos! A nós tamén nos gusta follar, moitas veces máis que aos homes”. Rocío Romero concorda: “O bo desta obra é que fala das cousas que nos pasan cunha linguaxe directa”. Marca da casa de López Varela. “Xa é hora de que alguén fale do que nos sucede. Somos a metade. Ben o merecemos”.

As tres protagonistas da obra son tres mulleres con tres tipos de vida moi distintos. “Unha, que ten moi claro que non quere ter fillos. Outra, embarazada. E a terceira ansiosa por casar e ter fillos antes dos 30”, explica a autora. “Aínda que é unha parodia, son tres tipos de mulleres coas que eu convivo. O que fago na obra é deixalas falar, que expoñan as razóns que teñen para pensar como pensan. No fondo, do que se trata é de lanzarlle ao espectador a mensaxe de que ningunha é mellor ca outra e que o único que hai que facer é respectar os dereitos individuais”.

A proposta de López Varela tamén xoga a romper tabús e rachar con tópicos. “Como o da embarazada feliz. Feliz por decreto e non hai máis que falar, cando soen ser experiencias duras física e mentalmente. Ao final o que hai é un gran descoñecemento sobre moitas experiencias femininas”.

Segundo din as actrices, moito do que se representa promove o debate. “Incluso pode que firamos algunha sensibilidade. E seguro que hai quen nos chame ‘feminazis’ sen razón. Contamos con iso. Pero é interesante levar á xente fóra da súa zona de confort”. López Varela pensa que é hora de que as cousas cambien. “Cando unha película está dirixida por un home e protagonizada por homes ninguén pensa que é só para eles, sobreenténdese que é para todos. Neste caso non é unha obra para mulleres. É unha obra de teatro. Punto”. As actrices apóiana. “Por agora non será país para coños, pero con nós vai empezar a selo”.

Entrada libre e gratuíta

11 de setembro. Pontevedra. El Pequeño. 22.00 e 22.45 horas. Entrada libre.

13 de setembro. Barro. ‘Barosa líquida’. 20.00 e 21.30 horas. Entrada libre.

18 de setembro. Vigo. Sala Charentón. 21.00 e 23.00 horas. Entrada libre.

http://diariodepontevedra.galiciae.com/noticia/437667/demandas-da-vaxina

diana lopez varela

BAROSA LÍQUIDA 2015

BAROSA LIQUIDA 2015

Sanxenxo loce “Alegría” de Luz Prado

Dúas situacións de Sanxenxo, a adega Eidos de Padriñán e as embarcacións de Servinauta no Portoluz prado Deportivo de Sanxenxo serviron hoxe para o shooting fotográfico da deseñadora de Barro, Luz Prado Magariños, de Divina by Luz e a súa colección “Alegría”.

Nun multi shooting, Urbano García Barros, Xoan ArcoVella e o sanxenxino Alberto R. Medrano, lograron captar a esencia de cores e trazos das creacións da deseñadora, en cinco modelos, combinándoas coas instalacións da adega ou coas embarcacións e o mar. Os seus traballos serán un escaparate turístico de Sanxenxo a través das redes sociais e blogs tanto da deseñadora, coma dos propios fotógrafos e modelos. A iniciativa debido á proxección turística proxectada, foi apoiada por Turismo de Sanxenxo.

Podes seguir a Luz en:  en Facebook, en Twitter, e Instagram.

IMG_3719

IMG_3721

IMG_3805

IMG_3873

 

FESTAS PATRONAIS CURRO 2015

festas en curro

Nomes máis frecuentes do Concello de Barro

Só se amosan os 25 primeiros nomes cunha frecuencia superior a 5 habitantes.

NOMES FRECUENTES BARRO

Estatística de nomes dos recén nados galegos. Ano 2013

NOMES GALICIA

.Brais e Uxía son as formas patrimoniais galegas polas que optan hoxe maioritariamente os
pais.
.A predilección por Uxía aumentou considerablemente nos últimos dez anos.
.Moitos dos nomes galegos que triunfan nos últimos anos son formas tradicionais: Alberte,
Antón, Mariña, Xoán, Martiño, Xosé, Carme, Brais, Xián. Outros proceden do
redescubrimento dos nomes da nosa Idade Media, como Aldara, Ximena, Héitor, Artur,
Fernán, Roi, Nuno, Paio.
.Con todo, os nomes preferidos polos pais para os seus fillos en Galicia son os que teñen
formas coincidentes en castelán e en galego; por exemplo, Lucía, Paula ou Daniel.
Iria, Antía, Sabela e Alexandra están entre os 50 nomes máis frecuentes entre as nenas
nacidas en Galicia na década dos 90.
Brais, Iago, Alexandre e Anxo están entre os 50 nomes máis frecuentes nos nenos nacidos
en Galicia na década dos 90.
.Algúns dos nomes que actualmente son escollidos polos pais para os pequenos son formas
tradicionais que perviviron como apelidos, como Airas, Lois, Xurxo, Fiz.
.Xa se rexistra un número considerable de nomes que proceden de formas familiares que
triunfaron como Catuxa (de Catarina), Sabela (de Isabel), Maruxa (de María), Xela (de
Anxela), Xandra (de Alexandra).
.Hoxe existe unha tendencia tamén a empregar topónimos de Galicia como nomes de
persoa: Flavia, Antela, Aldán, Irimia.
.Tamén se rexistran nenos e nenas nos últimos anos con formas procedentes de mitos, como
Suevia, Breogán, Artai, Maeloc, Celtia.
.A castelanización dos nomes en Galicia produciuse de maneira progresiva. Xa no século
XVII, a forma Pablo comeza a desprazar a forma Paulo, Christóbal a Christobo, Marina a
Mariña, etc.

Barro énchese de cultura

PORTADA faro-de-vigo

Barro é moito máis que a Festa do Viño e San Breixo. A proba diso é o amplo programa cultural deseñado polo Concello e asociacións locais para dinamizar o municipio con actividades para este mes e o próximo e que onte presentaron.

Por parte do Concello, desenvolverase “Noites non Camiño”, dúas noites con concertos. O primeiro deles será esta noite ás 22.30 horas en San Amaro, coa Banda de Nash. A segunda sesión será o venres 21 ás 21.30 en Valbón, cos grupos BXBrass, Barro Percut, Ensamble de Madeiras de BXB e a BXB Clarinetes da Banda Xuvenil de Barro.

Os amantes da música teñen outra cita hoxe, co concerto de Amigos do Acordeón dás Rías Baixas no local da comunidade de montes da Portela. O concerto, organizado polos comuneiros, será a as 20.30 horas. Mañá no mesmo lugar celebrarase o campamento de verán para nenos.

A partir do día 14, Terras de Curro e a xunta de montes de Curro organizan VINA semana cultural deportiva Festas de Curro. Con amigable entre Terras de Curro e a Selección de Veteranos do lugar, no partido de presentación do primeiro equipo ás 21 horas. Ademais, faranse os torneos do I Torneo Fubito, de menores de 10 anos, o I torneo de Fútbol 8, o IV Cuadrangular de fútbol 8, o IV torneo de tenis individual e o V torneo de petanca por parellas.

O día 15 haberá unha competición de paintball en Campo do Lobo de Bemil, en Caldas, organizado por AC Barosa. Mentres que en Curro continúa a procesión de Santa María ás 13 horas co grupo de danzas Amor Ruibal, mentres que o día 16 a procesión está a cargo de “Vos druídas”. Pola tarde haberá unha festa infantil nas instalacións dos comuneiros. Tamén haberá procesións o 17, coa coral de Barro. Pola noite haberá unha verbena amenizada por orquéstralas D´Moda e Ritmo Xoven. Continúa o día 18, con procesión a cargo de Ponmeunquinto, con verbena á noite con Capitol e Olimpus.

A semana cultural termina o día 23 con VINA Ruta de Moto Clásica con saída ás 10 horas desde a igrexa de Curro. Agosto pecha coa conferencia de Adolfo Caamaño no parque de Barosa o venres 28 ás 21 horas.

Setembro

Para o 6 de setembro, entre outras actividades, hai unha excursión a Ribeira Sacra (domingo 6), o Festival Barosa Líquida (do 11 ao 13), o Festival de Corais (en Portela ás 20.30 horas o sábado 19) ou o festival de Bandas o 20 ás 18 horas e teatro os días 26 e 27.

http://galego.farodevigo.es/portada-pontevedra/2015/08/07/barro-llena-cultura/1292137.html

barro cultura

As asociacións de Barro deseñan un verán cheo de actos culturais e musicais

a voz

Os actos das agrupacións folclóricas, musicais e culturais de Barro coparán a axenda de lecer do roberto rivasmunicipio durante o verán. Cada fin de semana, en distintas parroquias, haberá concertos, representacións teatrais e deportes.

Este programa, que inclúe actividades ata o mes de setembro, foi presentado onte no concello polo concelleiro de cultura Roberto Rivas (BNG) e representantes das principais agrupacións locais como a coral polifónica, o grupo de gaitas, a banda de música, a Asociación Cultural Barosa e o artista Miro Magariños. Todos eles colaboraron na programación destas actividades.

No ámbito musical, as sesións comezan esta mesma noite co ciclo Noites non Camiño. A Banda de Nash actúa en San Amaro a partir das 22.30 horas. A segunda parte deste festival terá lugar o 22 de agosto en Valbón, coas actuacións de catro grupos locais.

Na sede dos comuneiros de Portela, celébrase tamén esta noite un concerto de acordeóns a cargo da Asociación Cultural Amigos do Acordeón Rías Baixas, a partir das 20.30 horas.

Nas próximas semanas, celebrarase o festival musical Barosa Líquida e a compañía de Miro Magariños presentará dúas obras de teatro. Haberá tamén un encontro de bandas e unha sesión de paintball.

http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2015/08/07/asociaciones-barro-disenan-verano-lleno-actos-culturales-musicales/0003_201508P7C8995.htm

barro pontevedra

 

Máis de 200 persoas arrouparán a presentación da candidatura do BNG-Asembleas Abertas de Barro

bng barroO vindeiro sábado 25 de abril ás 21:30 h. o BNG celebrará unha multitudinaria cea de máis de 200 persoas na Finca da Crega para presentar a súa candidatura á alcaldía de Barro, encabezada por Xosé Manuel Fernández Abraldes.

A grande cantidade de veciños e veciñas que asistirán a este acto do BNG-Asembleas Abertas reflicte as ganas de cambio cada vez máis palpábel na veciñanza de Barro , e que ven no BNG a única forza capaz de sustentar este cambio de políticas.

Porque depende de nós, de cada un e cada unha de nós, que Barro mude, que Barro avance, que Barro sexa, dunha vez por todas, un concello aberto á participación dos veciños e veciñas.

Porque depende de nós reiniciar Barro, que o noso concello salga da parálise na que se atopa, que poidamos conseguir uns servizos axeitados, que toda a enerxía e creatividade dos nosos mozos e mozas teña espazos nos que se expresar, que os nosos maiores conten con instalacións acordes ás súas necesidades, e que todos e todas nos poidamos sentir orgullosos de vivir en Barro.

Porque de nós depente que valoremos o noso, a nosa historia, a nosa paisaxe, os nosos valores. E como depende de nós temos que optar, e só hai dúas alternativas reais: apoiar ao PP e continuar co declive que está a sofrer o noso Concello ou apostar polo BNG, a única forza política con traxectoria, capacidade e ideas para mudar a política actual e comezar un novo rumbo.

Aválanos o noso traballo institucional, defendendo sempre aos veciños e veciñas, plantexando iniciativas e opoñéndonos radicalmente ás políticas anti-populares do PP. Pero tamén nos avala o traballo dos homes e mulleres que forman parte da nosa candidatura, veciños e veciñas de Barro comprometidos e cun gran traballo social.

CEA BNG BARRO

 

Condenado por dar unha labazada no velorio da súa nai unha muller que ía á feira

la voz

Un veciño de Barro acaba de ser condenado pola labazada que, na tarde do 3 de novembro do 2013, propinou a unha muller que acudía á feira que se celebraba nesta localidade pontevedresa. Deste modo, impuxéronselle seis días de localización permanente e o aboamento dunha indemnización de noventa días polas lesións causadas e o tempo investido no seu sanación.

Segundo refire a sentenza, que é firme, a vítima viaxaba de ocupante dun turismo cuxo condutor se desprazou ata o aparcadoiro do tanatorio de Barro para estacionar o seu vehículo. Nesas estaban cando o acusado, «que estaba a velar a súa nai», se lles aproximou e lles preguntou se a súa intención era acudir ao mercado ou ao tanatorio.

Contestáronlle que, non que ían á feira, ao que o veciño de Barrolles indicou que alí non podían aparcar, que estaba reservado para os familiares dos defuntos». Todo parece indicar que a resposta dos seus interlocutores non lle debeu gustar, xa que este reaccionou propinándolle a labazada á denunciante na cara, que lle provocou unha contusión que unicamente requiriu dunha primeira asistencia facultativa, sen tratamento médico e sen que lle quedasen secuelas.

Neste punto, e malia que se considera probado que a muller permaneceu de baixa laboral dende o día seguinte desta agresión ata o 7 de xaneiro do ano seguinte, na resolución refírese que «non» consta acreditada a relación causal» entre esta circunstancia e o golpe recibido.

Tal extremo non foi compartido pola acusación particular, que reclamou o aboamento dunha indemnización de case mil euros.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2015/02/28/condenado-abofetear-velatoria-madre-mujer-iba-feria/0003_201502P28C5991.htm

tanatorio barro

O catrastrazo aprobado polo PP e o Psoe: a medida máis dura contra os veciños de Barro

catastro barro

Fai clic para acceder a boletc3adn-barro-nc2ba20.pdf